Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Abafado
Un ano ten 365 dias para podermos estudar.

Despois de sacar 56 domingos fican 313 dias.

Polo verán hai uns 50 dias nos que fai demasiada calor para estudar polo que fican 263 dias.

Durmimos 8 horas ó dia o que supon nun año 122 dias, de xeito que ficamos con 141 dias.

Se nos damos 1 hora ó dia para facé-lo que nos dea a gana isto son 15 dias, polo que nos fican 126 dias.

Empregamos 2 horas ó dia en comer de xeito que usamos 30 dias; fican só 96 dias no noso ano.

Empregamos 1 hora ó dia para falar con familiares e amigos, que nos quita 15 dias, así que fican 81 dias.

Exames test cóllennos como mínimo 35 dias ó ano así que só nos fican 46 dias.

Sacando aproximadamente 40 dias de vacacións e festas ficamos con só 6 dias.

Digamos que 3 dias ó ano estamos enfermos polo que só fican 3 dias para estudar.

Supoñamos que saímos 2 dias... polo que só fica 1 dia!!!

Pero ese dia... é o teu aniversario!!
Comentários (3) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 09-06-2007 01:48
# Ligaçom permanente a este artigo
Cuestionario Proust
Non teño nin idea de quén era ou é o tal Proust, nin creo que o coñeza persoalmente nin que sexa camareiro en ningún dos bares que frecuento, mais o seu test anda a rular estos días polo blogomillo. A min convidoume a Doutora Seymour... ou a súa paciente?? Tanto da, cáenme ben as dúas :)

Velaquí as miñas respostas... non lles fagades moito caso, tanto hoxe podo dicir que adoro a cor azul coma mañá que a aborrezo, hehe.

- O principal rasgo do meu carácter?
Non sei... a xente que me coñece dí que son moi bo tipo, non sei se é un rasgo. Tamén me din que estou moi virado e que se me vai moito a pinza; e que teño unha obsesión coas mulleres e coa festa. E que son moi raro porque me gusta a política pero odio a tódolos políticos.

Os meus pais din que a ver se me ven dunha vez o sentidiño... e eu formalicei, pero sentidiño non creo que me veña na vida, hehe.

- A calidade que prefiro nun home?
Sinceridade, gústanme os tipos que din "eu penso que isto é así".

- A calidade que desexo nunha muller?
Depende de pra qué, non? Que sexa simpática, agradábel e que me deixe liberdade, que sexa ela mesma, que confíe en min coma eu nela. E que teña as ideas claras, non me gustan as rapazas que andan a voltas con tódalas cousas.

- O que máis aprecio nos meus amigos?
Que non me fallen, sobre todo iso.

- O meu principal defecto?
Son algo fopeiro... e iso de algo é por suavizar un pouco. E cóstame concentrarme nalgo en concreto, a miña vente vai de aquí a alá mentres eu estou acullá.

- A miña ocupación preferida?
O meu pasatempo preferido é ir de pinchos e cañas unha tarde de sol cos colegas, de terraciñas, falando dun partido de fútbol ou dalgunha parvada que dixo un político ou das mozas que pasan.

- O meu soño de dicha?
Hostia, que me toque a lotaría e té-la vida resolta pra poder adicarme a viaxar e ás cousas que me gustan.

- Cal sería a miña maior desgraza?
Que lle pase algo malo ós meus... de min a verdade non me preocupo moito.

- Que quixera ser?
Pensionista, pero destes que cobran duro. Non ter preocupacións.

- Onde desexaría vivir?
Gustaríame A Coruña eu creo, o que pasa é que a xente xa non me tira tanto, nese caso prefiro Lugo ou Compostela, pero é que me gusta vivir preto do mar... nunha casa dunha vila preto dunha cidade.

Se falamos do estranxeiro, gústoume moito Quebec, e en calquera vila de Irlanda tamén me adaptaría, e en Euskal Herria tamén. Teño moitas ganas de coñecer Barcelona, porque me ten pinta de que me ha gustar mesmo pra vivir.

- A cor que prefiro?
Pasei pola azul, logo pola verde, a vermella e agora mesmo é a amarela.

- A flor que prefiro?
De floristería o tulipán, silvestre a chorima.

- O paxaro que prefiro?
Gústanme os merlos e os paporroibos. En plan paxaros grandes o falcón peregrino, o águia real e o moucho real.

- Os meus autores preferidos en prosa?
Manuel Rivas, Oscar Wilde, Paulo Coelho, Franz Kafka, Ann McPherson, Suso de Toro, Sempé Goscinny... Tolkien gustábame até que veu a febre esta do Señor dos Aneis e lle pillei noxo.
E logo os clásicos da Galiza: Castelao, Rosalía, Pondal,...

- Os meus poetas preferidos?
Non leo moita poesía, pero gústame Rosalía de Castro, Curros Henríquez, Alberti, Lorca... e o meu favorito é tamén o que máis aborrezo: Quevedo. Cáeme coma unha patada nos collóns, mais era un xénio. De feito o meu poema favorito é del:
"serán ceniza, mas tendrá sentido;
polvo serán, mas polvo enamorado."

- Os meus heroes de ficción?
Batman, sempre, é un crack!! O mal é que cando medras e te fixas noutras cousas como a súa relación con Robin e todo iso se te cae un pouco o mito de superhome.

As miñas heroínas de ficción?
Catwoman.

- Os meus compositores preferidos?
Ravel, Beethoven, Vivaldi, Bach e Schubert. Veña vale, e Mozart.

- Os meus pintores predilectos?
Sobre todo Picasso e Dalí. Mais tamén Miquel Ángelo, Leonardo e Velázquez.

- Os meus heroes da vida real?
Toda a xente anónima que loita por causas xustas, e todo aquel que loita por sacá-la súa familia adiante.

Se nos imos a figura máis representativas... William Wallace, Xoana de Arco, Ernesto Guevara de la Serna, Castelao, o Subcomandante Marcos, Viriato, Foucellas, Atila, Ghengis Khan,... nótase moito que me gusta ler libros de historia??

- As miñas heroínas históricas?
Anda, coido que Xoana de Arco tiña que estar eiquí! hehe

- Os meus nomes favoritos?
Polo xeral gústanme os nomes raros: Antía, Sherezade, Saraiba, África, Idoia, Emer, Ainara, Iratxe, Xiana, Uxía, Unai, Aitor, Urko, Anxo, Suso, Xandre, Antón, Eros e Xurxo.

Rapazas, xa sabedes... tendes a escoller entre estos pra o cativo ou cativa que saia, hehe.

- Que detesto máis que nada?
Todo?? hehe.

Sobre todo as persoas falsas, que van de legais e logo péganche a puñalada. Tamén odio os que cren ter sempre a razón, e ós xenófobos, e á xente sen senso do humor... en realidade odio moitas cousas, antes apelaba moito ó bó rollito e á fobofobia, mais hai cousas que me superan.

- Que caracteres históricos desprezo máis?
Os Reis Católicos, toda a sucesión monárquica española, Franco, Hitler, Mussolini, Stalin, os zares, Luis XIV, os conquistadores españois, os reis ingleses, Kim Il Jong, Aznar, Fraga, Primo de Rivera, a duquesa de Alba,... estes son os primeiros que se me viñeron á cabeza, pero ha de haber máis.

- Que feito militar admiro máis?
A batalla do Monte Medulio, as Revoltas Irmandiñas, a Revolución Rusa, a loita contra o fascismo da II Guerra Mundial, a Revolución Cubana e as Revoltas Indíxenas que están a suceder en Sudamérica.

- Que reforma admiro máis?
A reforma agraria, sen ela non é posíbel ningunha outra reforma.

- Que dons naturais quixeras ter?
Ser quen de entendé-las mulleres.

- Como me gustaría morrer?
Loitando. É curioso, esta resposta non a cambiei dende a primeira vez que ma fixeron.

- Estado presente do meu espírito?
Cansado de tanta festa :)

Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Pois non sei... son indulxente con moitísimas cousas.

- O meu lema?
Sempre cara adiante, sempre en positivo.
Comentários (2) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 05-05-2007 02:43
# Ligaçom permanente a este artigo
Viaxe a Euskal Herria
Ola xente! Esta fin de semana non hei publicar artigo ningún porque me vou de viaxe a Euskal Herria cun curmán, que me convidaron a ir polas festas de Andoain a beber sidra, visitar algúns lugares, saír de carallada, meterme en garitos batasunos a tomar cervexas Keler rodeado de euskaldunes e quen sabe... igual mesmo cae algunha basca.

Tamén hai ben tempo que teño ganas de facerme cunha ikurriña... son bastante afeccionado á colección de bandeiras, o mal é que non teño tanta superficie de parede como para poñelas todas, hehe. A ver se atopo algún sitio onde mercar unha de 1,5x0,9 m.

E iso... a ver se hai quen me preste unha cámara dixital algo boa que grave vídeo para sacar unhas cantas fotos cañeras e algún vídeo. E iso, que hei de txapurrear euskara, troulear e a ver se traio unha caixiña de sidra.

Ah... e a ver se tocan o ?miudiño basco? na orquestra!! :) Resulta que o ano pasado estabamos alí tomando unhas cervexas, parolando e escoitando música na festa cando de súpeto comezan uns acordes que me soaban e din: ?en esta te agachas ahora y luego se salta...?. Cantar cantábana en euskara, pero fliparon todos cando nos viron a min e mailo meu curmán facendo o ritual exacto mentres cantabamo-lo miudiño, que encaixaba á perfeción :D

P.D.- A foto que vedes é de Zarautz, vista dende o paseo marítimo da praia. Ah... á outra beira da praia está o Jatetxea, o restaurante de Karlos Arguiñano :)

Por suposto, agardo que tamén toquen a cantiga Bok Espok...

Kepa Junkera - Bok Espok
Comentários (4) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 25-04-2007 17:16
# Ligaçom permanente a este artigo
#M*E%R$D&A|
Merda! Carallo! Hostias!... fodéuseme o computador!!! Agora que tiña un par de artigos preparados pra publicar no disco duro, fixo "pluf", apagouse e non deu máis sinais de vida. Fíxenlle o boca a máquina (encéndete hostias! que merda che pasa!?), masaxes electrónico-a paos-acéndete (plas, plas... xa sabedes, a hostias e veña a premé-lo botón de acendido...), e mesmo lle dei descargas (enchufa, desenfucha; enchufa, desenchufa). Pero nada, non houbo xeito. O coitadiño está fodido e teño que "hospitalizalo", e como é domingo vai ser que non están abertos.

Teño a sorte de que hai varios tranganillos destes na casa, e agora escribo dendo o da miña irmá... pero os artigos que tiña a piques de saír do forno terán que agardar.

Rogamos desculpen as molestias e boten unha rezada pola ialma do meu coitadiño... coido que lle hei ter que pedir ás Súas Maxestades de Oriente unha batería nova (e agardo que só sexa iso) :_(
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 17-12-2006 16:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Alguén me pode axudar?
Ola a todas e todos!

Quixera saber se algún de vós me podería explicar cómo se fai para poñélos vídeos no blog directamente no canto de escribí-lo enlace para pinchar e ir a el.

Agradecería todo tipo de axuda, xa sexa explicándomo nun comentario ou dicíndome algunha dirección dunha páxina onde expliquen cómo facelo.

Grazas de antemán :)
Comentários (4) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 29-10-2006 16:30
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0