Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Suso for comentarista!!
De cando en vez convén autobombarse un pouco, que tamén se autosube un a autoestima...

A verdade é que flipei cando vin que un comentario meu era o mellor valorado de menéame... e máis se temos en conta que cando comento aí acostuman a bombardearme a base de votos negativos por non profesar coas súas ideas centralistas de Viva España y viva el español(*)!!

(*)chámanlle así á língua castelá

P.D.- Por se nas vindeiras horas cambia a clasificación, é o comentario #6 de aquí.
E já posto... colei mais um vídeo em galego que chegou a portada (olho á URL).
Comentários (10) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 01-07-2007 02:17
# Ligaçom permanente a este artigo
Cousas do YouTube...
Vaia carallo!! Os paisanos do YouTube canceláronme a miña conta disque por violá-lo copyright... unha que eu considero esos dereitos moi relativos, e outra, a máis fodida, que o vídeo que fixo que me pechasen a conta foi este... que xa ten collóns que te eliminen a conta por isto!

En fin... que despois de varios intentos errados de reactivala decidín crear outra. Non me deixaba usá-lo mesmo nome, así que despois duns trinta e algo nomes rexeitados, supoño que por ser xa existentes, aquí vou a volver a pendurá-los vídeos que tiña. Desculpas a toda a xente que se vise afectada por isto.
Comentários (5) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 30-06-2007 15:32
# Ligaçom permanente a este artigo
Aprender euskara

Arratsalde on!

Teño buscado pola rede algúns cursos de euskara deses por correo electrónico, para pillar nocións básicas, pero a meirande parte deles eran unha merda pinchada nun pau que apenas ensinaban ama, aita, ni/nik e o verbo egon... iso está ben se todo o que queres é chamarlle a alguén aker [cabrón] coma quen non quere a cousa, mais se o que pretendes é saber entender mínimamente un texto en euskara e entendé-las cantigas que cantas en euskara das que non sabes máis ca o tema que tratan, pois como que non vale de moito.

Até o de agora o máis que aprendín foi grazas a unha cantiga en galego e euskara dun disco eusko-galaico en homenaxe ó movemento xurdido na Galiza trá-la catástrofe do Prestige; e o máis útil, véxase pedir tabaco, cervexa e entrarlle a algunha rapaza, aprendéronmo na viaxe que fixen a Euskal Herria co meu curmán, o Pita. Mais o outro día deume por procurar a ver se había algo con xeito por internet e topeime cun curso que ten moi boas trazas, e vou probar a ver se podo aprender aínda que non sexa máis que para ligar cunha basca, hehe. Que moita fama hai de que coas bascas non hai quen ligue e todo iso, pero á hora da verdade e/ou por experiencia persoal afirmo e confirmo que as galegas son moito máis pechadas; e como di un amigo meu cubano... ?cualquiera le lleva la contraria a una gallega!!?. Ou será que as de aquí xa me coñecen?? XD

En fin... que vou imprimí-lo curso ese e ireille botando unha ollada cando vaia tendo tempo; mentres poñen anuncios na TV durante House, mentres agardo a que fervan os macarróns e esas cousas... hehe

O máis difícil é que, ó ser unha lingua que non parte do latín, as raíces e referenzas que teño do galego/português, castelán, francés ou italiano non me serven de nada; o máis doado, que a grafía é igual á do castelán ou do galego RAG, de xeito que o tema da pronunciazón está amañado. :)

Se a algún lle interesa, e para todo aquel ó que lle picase a curiosidade, podedes atopalo aquí.

Gora euskaraz! :)


P.D.- Son un ?friki? raro, non?? A meirande parte da xente á que lle da por aprender unha ?lingua rara? decántase polo xaponés... mmmm... xaponesas!! Bah... a fin de contas é moito máis barato viaxar a Euskal Herria que ó Xapón! hehehe
Comentários (6) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 25-06-2007 18:22
# Ligaçom permanente a este artigo
Coitado Manolo Rivas...
Nunca tivese imaxinado que eu puidese ter tal influenza nos mass-media... en diversos e variados ámbitos teño influenza en maior ou menor medida, pero de aí a que un comentario meu fixese chegar isto a El País... XD

Non vos podedes imaxinar como estiven a rir ás gargalladas por mor disto! XD

Resulta que o escritor Manolo Rivas, para facer un artigo de opinión neste xornal, Galicia Houdini, Galicia You Tube, mergullouse polo YouTube... que quen di mergullarse di meté-la cabeza baixo a agua... E nas súas procuras topouse con este vídeo que fixen eu:

Ámbito Kinitoh - Galiza Calidade


Logo, á hora de escribí-lo seu artigo, debía de ter présa ou algo e nin lle preguntou a ninguén se sabían dun grupo chamado Dios Ke Te Crew. E así foi como xurdiu isto:

"Un pouco do estilo de Edilberto, mais con vontade rapeira e supoño que máis irónica, é a visitada peza Galiza calidade de Ámbito Kinitoh. Hai unha gravación moi interesante, mais con pésimo son, de Dios Ke Te Krew. Entran e saen dun cuarto, mentres cantaruxan como netos de Foucellas o seu hip hop. Haiche xeito, hai rebeldía. Paga a pena que se escoite mundo adiante"

Resulta que nun dos comentarios do meu vídeo escribo mal o nome do grupo... e no canto de Dios Ke Te Crew escribo Dios Ke te Krew. O probe do Manolo topouse cun vídeo que eu nin sabía que existía! XD
Mirade o que se atopou:

"Dios ke te krew"


E por iso fala dos DKTC así: "Entran e saen dun cuarto, mentres cantaruxan como netos de Foucellas o seu hip hop. Haiche xeito, hai rebeldía" XD

De tódolos xeitos xa lle pedín desculas nos comentarios do vídeo! hahaha XD
Comentários (3) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 09-06-2007 22:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Censura


COIDADO, O ESCRITOR DESTA BITÁCORA É UN PERIGOSO CENSOR!!


Ou iso... ou que está até os collóns de que os pais deixen que os seus fillos adolescentes campen ás súas anchas pola rede pra tocar os collóns á xente...
NON, NON SON UN DEMÓCRATA!!

E non estou disposto a aturar a este tipo de xente (comentarios)!!
Comentários (3) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 09-06-2007 02:14
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0