Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Viaxe a Euskal Herria II
Porque nom se podem perder as boas tradiçons... Zizurkil, lá imos :)

Kepa Junkera - Herrik Shaw


P.S.- Pita, xa non é preciso que te chame para darche a resposta, ou? ;)
Comentários (1) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 27-04-2008 22:47
# Ligaçom permanente a este artigo
Curso de galego internacional
Chegou-me hoje este correio-e:

"Estimadas alumnas e alumnos de "portugués para nós":

Informámosvos de que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade outorgará un diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa, nivel iniciación, a aqueles alumnos e alumnas que superaran con éxito o curso no primeiro semestre de 2008 (a data límite de
finalización será o 15 de xuño).

Así mesmo, aproveitamos para adiantarvos que xunto coa entrega de diplomas realizarase o sorteo dunha viaxe de fin de semana a Lisboa. Encontraredes máis información e as bases do sorteo na web "portugués para nós"
(http://www.portuguesparanos.com)

Un saúdo,
admin@portuguesparanos.com"


E vou-me animar a ver se sou quem de obter o título de galego internacional, que sempre vem bem ao currículo :)
E animo-vos a participar... não todos os dias se consegue um título dum jeito tão doado.

Já sabem... se querem obter um diploma de galego a nível internacional só se têm apontar aqui e fazer o curso.
Português para nós
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 10-03-2008 20:28
# Ligaçom permanente a este artigo
Restarting System
Estaba eu agora mesmo navegando pola rede e, hoxe que me atopo especialmente optimista, pregunteime... que será do meu blogue?? Durante este tempo seguiron chegando comentarios á miña conta de correio electrónico, seguíu tendo visitas... sorprendeme que cada vez máis brasileiros contactan comigo para interesarse da realidade da Galiza.

E pensei... que mellor día que un 27 de setembro para pulsar reset e restartear o sistema?? Un día normal... un xoves calquera. Porque o mundo cámbiase día a día, nos días que non teñen recoñecemento oficial, na nosa vida diária.

E velaquí que dei en voltar, con ánimos anovados e novas ideias, cun novo optimismo, e cun esprito se cabe aínda máis crítico. Retorno con afán de ser un servizo público en favor da cultura e o coñecemento, con anceios de ser unha peza máis dos medios divulgativos dun tipo de informazón distinta... retorno coas mesmas ansias de Revoluzón Pacífica.

"Os que pechan os camiños da Revoluzón pacífica están a abrirlle ao tempo o camiño á revoluzón violenta"

Retorno, con afán de ser un servizo público



Restartin System... 3... 2... 1... Sistem Ready... open your mind to continue...
Comentários (6) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 27-09-2007 22:17
# Ligaçom permanente a este artigo
Punto e seguido

Disque todo o que comeza remata, e este proxecto meu non había ser menos. Facer un blog levoume a coñecer moita xente de moi diversos lugares: Galiza, Brasil, Portugal, Euskal Herria, Italia,... Permitíume espallar ideas, tanto as miñas como as doutra xente, a todo o mundo; fíxenas viaxar. Viaxar... sempre me gustou viaxar e coñecer novas xentes, culturas e xeitos de vé-la vida; eu trocaría ese lema de rebeldía de 'live fast, die young' polo de 'live travelling, die knowing'.

Quédame aínda moito por dicir, pero tamén me quedan moitas cousas por facer. É unha especie de controversia entre contar e facer, e coido que o mellor é vivir para poder contar. Lémbrome agora dicindo isto dunhas declaracións de Arnaldo Otegi: "pensamos que o día en que en Azkoitia ou en Zubieta se coma en hamburgueserías, e se oia música rock americana, e todo o mundo vista roupa americana, e deixe de falar a súa lingua para falar inglés e todo o mundo esteña, no canto de estar contemplando os montes, funcionando con internet... pois para nós ese será un mundo tan aburrido, tan aburrido, que non pagará a pena vivir".

Nunca fun demasiado bo en canto ó tema das despedidas... debe ser que no meu maxín son incapaz de asimilá-la verba "adeus" e acostumo a trocala por "deica vernos". Un adeus é un punto final, e para min tódolos puntos son punto e seguido.

Voltarei por aquí? Non sei... pode que si e pode que non... deixo tódalas portas abertas. Como xa lle dixen á Randeeira na súa despedida, concibo o tempo, o mundo, o todo en xeral, de xeito circular, esférico para sermos máis exactos; de xeito que un inicio sempre é un final, e un final sempre é un principio, e non teñen por qué coincidir nun mesmo punto... os extremos sempre se tocan, pero é que nunha esfera todos son extremos e tódolos finais son comezos á súa vez.

De todas cantas ideas teño deixado aquí rexistradas, hai unha que considero que paga a pena especialmente, que inclúe a todo o mundo, que é un anceio universal; é por iso que non quixera dicir "deica vernos", sen dicila unha vez máis:

Sempre cara adiante,
sempre en positivo.
Comentários (18) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 16-07-2007 20:46
# Ligaçom permanente a este artigo
Simpsonsmanía
Ista é a imaxe que máis se achegaría a min se fose unha personaxe dos Simpsons... logo dun tempo fedellando non din feito nada máis "realista".

Coido que hoxendía todo o mundo coñece as aventuras desta peculiar familia. Eu mesmo me sei de memoria algúns capítulos e aínda así non se chegan a facer excesivamente cansinos.

Saíu hai pouco o filme sobre as súas aventuras, e xunto con el unha páxina na internet adicada ó mundo dos Simpsons... recoméndovos que vos pasedes por ela xa que está realmente entretida, ten xogos variados e mesmo se pode crear un a súa propia personaxe "simpsoniana" coma a miña.

E, velaquí o trailer da película:

The Simpsons
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 11-07-2007 19:12
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0