Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Colonialismo: a lacra de África
De todos é sabido que a meirande parte dos problemas que hai na África na atualidade teñen a súa orixe no movemento colonialista.

O colonialismo foi, básicamente, a repartición do mundo entre as principáis potencias europeas e que posteriormente deu lugar ao imperialismo, entre o que destaca actualmente o americano.

Pero onde máis dano fixo o colonialismo foi en África, pois a repartición do territorio fíxose, literalmente, a escuadra e cartabón... e deste xeito ficaron dentro do mesmo territorio tribos que estaban eternamente enfrentadas, que posteriormente foron armadas por parte das potencias e deixaron que se matasen entre eles. O exemplo máis claro e dramático foi (e é) o enfrontamento entre Hutus e Tutsis en Ruanda, un xenocido sucedido no 1994 pero que estaba destinado a aconteder dende moito atrás.

Colonialismo:


Na actualidade segue a haber colonias no noso mundo, pero o que se impón é o imperialismo capitalista, que abandeiran os EUA.

Imperialismo:



P.D.- Facendo este artigo decateime das moitas, moitísimas, carencias que ten a Galipedia. Non podemos adicar unha enciclopecia a falar só de asuntos que nos atinxan única e exclusivamente a nós ou caeremos no erro de non entendé-lo mundo que nos arrodea. Ínstovos a engadir artigos sobre temas que procuredes nela e que non aparezan. Eu xa comecei e penso seguir aportando o meu gran de area.
Comentários (1) - Secçom: África - Publicado o 13-01-2007 18:45
# Ligaçom permanente a este artigo
O continente esquecido
De cando en vez me dan viradas e me poño a investigar compulsivamente sobre algún tema na rede (google, youtube, wickycousas)... tanto poden ser fotos nas que se lle vexa a perrecha a algunha famosa como algo sen importancia XD

Mais desta volta a cousa non é de chiste... onte estiven a ver a película O Milagro de Candeal e decateime de que apenas se fala de África (si, xa sei que Candeal é unha favela do Brasil, pero os ritmos de Carlinhos Brown son africanos, aínda que el non o soubese e llo explicase o gran Bebo Valdés). De xeito que decidín, xa que me metín ao tema de Euskal Herria e Palestina, tirarme á piscina sen mirar e comezar a falar de África tamén.

Porque os galegos somos emigrantes... en tódalas partes do mundo hai un galego... e mesmo na Lúa! Que por certo, cántas noites pasei eu de cativo á procura do cabrón do galego que se agocha na lúa! XD

O caso é que un pobo de emigrantes non pode mirar só cara el mesmo, coma se se tratase do embigo do mundo, de xeito que me embarco neste proceso ás cegas e sen saber se poderei facer un traballo minimamente bo ó querer falar de tantas cousas... de tódolos xeitos intentareino.

Comecemos a falar de África, non nos esquezamos de África... Don't give up África:
Comentários (1) - Secçom: África - Publicado o 31-12-2006 02:51
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0