Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Qué acontece en Palestina?
Qué sucede cando invades un país, criminalizas ás súas xentes e és apoiado militarmente por gobernos con intereses na zona? Que xurde resistenza. E qué xustificación atopan os invasores pra masacrá-la poboación dese país? Terrorismo.

O terrorismo, nos guste ou non, xurdiu coma un sistema de guerra dos pobres, un xeito de facer o meirande dano posíbel cos mínimos gastos. Cómo se defende un pobo sen exército se non? Ou é mellor deixarse pisar?

Palestina
Comentários (0) - Secçom: Palestina - Publicado o 24-03-2007 20:20
# Ligaçom permanente a este artigo
En Defensa de Palestina
Lendo un blog da Blogoteca, En Defensa de Israel, que promove dalgún xeito a liberalización da mentalidade contra o "pensamento único" (así entre comiñas está escrito sempre nesa bitácora) decateime de que leva toda a razón.

Estamos sempre poñéndonos no lugar dos palestinos e demonizando aos coitadiños soldados israelitas, de xeito que me uno á súa causa, e aquí vos expoño a todos un vídeo-documental no que se graba o quefacer diario dos soldados. Un seguemento dunha xornada no que se segue a uns soldados, cámara en man e se conversa con eles, que expresan o que senten e por qué están ahí.



Tras vé-lo vídeo comprobariades que puiden facer un fermoso artigo se engadise algunha das frases dalgún valeroso soldado de Israel, pero non o farei porque coido que os galegos temos armas mellores para dicir verdades: a retranca.

E quen queira entender que entenda...

P.D.- Instovos a todos a poñer este vídeo na vosa bitácora nun alarde de "non orixinalidade". Poñámolo en tódolos nosos blogs como se dun correo en cadea se tratase para amosá-lo noso apoio á verdade e aos valerosos soldados israelitas.
Comentários (6) - Secçom: Palestina - Publicado o 28-12-2006 00:43
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0