Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A Terra dos bascos
Orson Welles era un namorado de Euskal Herria, e quixo reivindicar e dar a coñecé-la cultura e as xentes bascas nun documental chamado The Land of the Basques.

É curioso como todo o que ten coñecemento da realidade cultural deste pobo defende os seus dereitos, mentres que os iñorantes afánanse unha e outra vez en dicirlles que son españois.

Un galego é un galego, un basco é un basco, un español é un español, un kurdo é un kurdo,... Doado de entender, non si? Pois hai xente que non o da pillado. A ver se coa axudiña de Orson Welles logro que algún lector casual se desfaga dos seus valados mentais...

The Land of the Basques
Comentários (1) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 03-03-2007 19:49
# Ligaçom permanente a este artigo
Os bascos vistos polos yankees
Todos sabemos que a visión do mundo que teñen os americanos é moi limitada. É frecuente que sitúen a España en México e chaman mexicano ao castelán entre outros disparates.

Pois imaxinádevos se se propoñen falar de Euskal Herria! Apaga e ímonos!!... Aquí vos traio dous exemplos de cómo cren os americanos (corrección: norteamericanos... corrección: estadounidenses... para non equivocarnos: iankis... estoooo... xa dixen varias veces que non me gusta traducir certas cousas... chamareinos yankees!) que son os bascos.

1º vídeo
Este primeiro vídeo ten lugar (supostamente) en Euskal Herria. Mirándoo decatámonos das seguintes cousas:

- Os bascos adicanse a secuestrar americanos e metelos en cabanos nas montañas... os zulos da ETA como no que estivo Ortega Lara son só unha tapadeira...

- Os bascos acostuman a pasear polo monte en toalla... é algo que non chama a atención en Euskadi.

- Os bascos son descendentes de mexicanos... polo menos iso se deduce dos seus rasgos.

- En Euskal Herria danse moi ben os plátanos, tanto que mesmo fan os teitumes das cabanas con follas desta árbore... tamén é común ver ristras de plátanos a curar penduradas dos alpendres.

- En Euskadi os físicos e os xeólogos adícanse ao mesmo... eu aquí o que penso é que querían que a muller lles fabricase unha bomba atómica pra meter un petardazo en Bilbo e celebrá-la fin do ano, xa sabedes que aos de Bilbo lles gusta facer todo ao grande! hehe

- Aos bascos non lles gusta ducharse con auga quente... van ás montañas e constrúen rudimentarias duchas pra asearse.

- Os euskaldunes son torpes navegantes... iso de que as regatas sexan deporte nacional basco é pura mercadotecnia (márqueting para os "modernos").

McGyver en Euskal Herria



2º vídeo
O segundo vídeo ten lugar en California, un lugar plagadiño de bascos. Cabe destacar a enorme presenza de indios americanos nas "extensas chairas" de California... Este vídeo dá de verdade para moito, ímolo analizar:

- O primeiro é iso dos bascos-franceses... semella que os bascos non poden ser bascos.

- Cabe destacar a infinita variedade de sons que pode acadar un irrintzi (o equivalente basco do aturuxo, que é o berro que se escoita durante todo o vídeo), até o punto de poder formar complexas frases comprensíbeis para se comunicar. Coido que os galegos estamos moi atrasados nisto... deberiamos de perfecioná-lo Aturuxo para acadá-la forza comunicativa do Irrintzi.

- Os bascos son negados á hora de aprender linguas... cando queren dicir "es" (é) sáelles de xeito automático "ez" (non en euskara). Curiosamente son capaces de falar á perfección o francés... unha lingua que dende o punto de vista yankee pronuncia pouco o "s".

- Os dantzari eúskaros arrasan nos tablados flamencos e os músicos bascos son virtuosos da guitarra española... a alboka e a trikitixa non son máis que un recente invento do entorno abertzale.

- Os cativos bascos aprenden antes a lanzar irrintzis que a dicir ama (nai) e aita (pai).

- En Euskal Herria no canto de armas de fogo usan jalai alai (cesta-punta, que son as cestas coas que se xoga a esta modalidade da euskal pilota)... ainda que teñan todos escopetas.

- As cabras montesas foron adestradas por mozos euskaldunes, que lles ensinaron o arte de chimpar e rechoutar polas montañas.

- Por último vou a destacar unha frase que aparece ó comezo do vídeo: "Dile que acamparemos en la ciudad de Independence"... Será unha premonición??

Euskaldunes en "El Desfiladero de la Muerte"
Comentários (4) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 29-01-2007 02:54
# Ligaçom permanente a este artigo
Un basco é un basco
Semella que a moita xente lle custa comprender esta obviedade, que un basco é un basco... e que a súa terra é Euskal Herria. Para min é sinxelo de entender... demasiado obvio para ter que ser explicado.

Este vídeo xa o dí todo... non teño nada que lle engadir:
Comentários (4) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 14-01-2007 19:13
# Ligaçom permanente a este artigo
Cambio de política lingüística en Euskal Herria

Íntegro en castelán (A), bilingüe (B) ou íntegro en euskara (C) son os tres modelos polos que os cativos poden optar en Euskal Herria. Na práctica, a escolla das aulas en castelán é mínima e redúcese cada ano máis, e por outro lado un recente estudo indica que os índices de corrección e fluídez en euskara nos rapaces das aulas B e C son aínda baixos. Neste senso, a reforma proxectada é máis ambiciosa que a simple introdución de máis horas de euskara, debate ao que se cingue a reforma galega, e inclúe a renovación dos métodos de ensino da lingua.


Até apenas un 6% do total baixou en Euskadi o número de matrículas na etapa de Infantil nas aulas da opción A, exclusiva en lingua castelá, fronte a un 65% para a opción C, só en euskara. Así e todo, a recente proba realizada polo Instituto Basco de Avaliación e Investigación entre mozos de 16 anos, indicou que os mínimos requiridos de corrección na lingua basca só eran conseguidos polo 66% dos alumnos da opción C.

Máis por baixo, na opción bilingüe, onde o castelán só é empregado nas materias de matemáticas e lingua española, o nivel de corrección en euskara dos rapaces só era aceptábel no 33% dos casos. Ao tempo, criticouse en datas recentes que a opción A está sendo escollida maioritariamente por inmigrantes, dificultando así a súa integración no contorno da comunidade escolar. Xa que logo, a meta é garantir que ao rematar a etapa de ensino obrigatorio todos os estudantes bascos teñan garantido o dominio da lingua de seu.
Comentários (2) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 14-01-2007 19:04
# Ligaçom permanente a este artigo
Cómo definir a Euskal Herria obxectivamente?
Estiven á procura en diversas enciclopedias dunha definición o máis obxectiva posíbel sobre Euskal Herria e que non contivese erros. Quería dar unha definición "oficial" sobre este país que non estivese dada dende ningún punto de vista político salientábel, mais semella unha misión imposíbel.

Incríbelmente e contra tódolos meus pronósticos ven a definición de Euskal Herria na Encarta e, contra tódolos meus pronósticos tamén, é polo de agora a máis obxetiva e críbel, tan só tería que traducilo, pero a primeira frase xa me deu alento a seguir lendo toda a súa definición: "País Vasco (región) o Euskal Herria, región europea en la que se habla la lengua vasca".

Nos dicionarios de toda a vida que teño na casa non aparece, e na enciclopedia Espasa aparece escrito como Euskalerria e a súa definición é: "nombre eusquérico del País Vasco". ¿?¿?¿? Ante o que decidín procurar "Euskadi"... mimadriña!! o que ahí salía! Apenas lin sete liñas e pechei o tomo.

Fáltame por mirar no DEGU (Dicionario Enciclopédico Galego Universal) pero andaba meu pai lendo nel e non sei onde andan metade dos tomos, entre os que se atopa o que precisaba.

Visto o visto accedín a internet. Por onde comezar? Está claro! Pola Galipedia!!... Mala hora na que decidín facelo! e iso que xa ía escarmentado de buscar máis cousas deste país na galipedia. Apareceu ante os meus ollos o que máis me podería rebentar, de novo, na galipedia: VASCO. Escrito así, cun "V" enorme, rechamante e relucente. A ver, CARALLO, Basco escrébese cun fermoso e enorme "B" de Bilbo en absolutamente tódalas linguas do mundo agás nunha... adiviñades cal? Efectivamente: o castelán. Automáticamente dinlle a editar e escribín "bes" por todos cantos sitios había (agás no nome do artigo, que non sei cómo se fai) e, tras este desagradábel incidente, decidín que esta definición xa non é digna de ser escrita aquí para definir a Euskal Herria.

Continuei logo coa miña procura na wikipedia do Estado español. O artigo non é de todo malo, podería pasar pola miña non excesivamente estricta peneira... pero ó lé-la derradeira frase descarteino por completo, lapidaria ao meu parecer. E destacábel iso de: Eskualerria. ¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?

E chegados a este punto, fico sen máis recursos. Sei que podería buscar máis, pero xa estou frustrado. Mañá porei unha definición de Euskal Herria o máis obxectiva posíbel, sen contar mentiras nen erros e baseándome, principalmente, na definición que ven na enciclopedia Encarta.


P.D.- Non busquei idem sobre Galiza... pasará o mesmo??
Comentários (5) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 17-12-2006 03:26
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0