Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A nova educación en Euskal Herria
O novo currículo educativo basco sitúa o euskara como lingua principal, ademáis establece como oficial a denominación de Euskal Herria.

O Departamento de Educación do goberno basco presenta este mércores o novo currículo oficial do sistema educativo. O texto fixa os contidos da educación que van recibir os alumnos de entre 6 e 16 anos establece mecanismo para garantir que o euskara sexa a lingua principal da eduación obrigatoria.

Ademais o decreto fixa os obxectivos da Educación Básica en Euzkadi baixo os seguintes epígrafes: ?Aprender a vivir?; ?Aprender a pensar?; ?Aprender a comunicarse?; ?Aprender a desenvolverse?; e ?Aprender a vivir xuntos?. Este último bloque inclúe un proxecto sobre a transmisión da cultura propia. O decreto marca a necesidade de que o alumno aprenda a ?identificarse como cidadán basco nun entorno multicultural?.

O goberno basco sinala que o novo decreto marca as condicións para acadar un ?bilingüismo real?. Aínda que o euskara será lingua principal, cada centro escolar vai poder elaborar o seu propio proxecto lingüístico e terá unha liberdade real para crear un proxecto curricular propio.
Comentários (2) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 09-05-2007 18:06
# Ligaçom permanente a este artigo
Ardi Latxa
A Ardi Latxa (Ovella Latxa) é o animal máis representativo de Euskal Herria. Do mesmo xeito que na Galiza témo-la vaca, en España o touro e nos Païssos Cataláns o burro, en Euskal Herria teñen esta raza de ovella.

E tamén ó igual que na Galiza é doado vé-la vaca a xeito de autocolante na parte traseira dos coches en Euskal Herria esta simpática ovella é doadamente visíbel nas estradas dese país.

Trátase dunha raza de ovella orixinaria do norte de Nafarroa e que é criada por tódolos gandeiros de Euskal Herria. A diferenza de Merina española a Ardi Latxa é unha ovella con abundantísima lá pra resistir nas montañas dese país.
Comentários (0) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 07-05-2007 18:26
# Ligaçom permanente a este artigo
Aberri Eguna
Hoxe foi o Aberri Eguna, en euskara Día da Pátria, que é a festa de Euskal Herria. Celébrase o Domingo de Resurreción segundo o calendario cristiano.

O primeiro Aberri Eguna convocouse en Bilbo no 1932 polo PNV e consistíu nunha manifestazón que finalizou na casa natal do fundador do partido Sabino Arana, actualmente nese mesmo solar levántase a Sabin Etxea que é a sé do partido.

Durante o período ditatorial que seguíu ña guerra civil, o Aberri Eguna estaba totalmente proscrito e convirteuse nunha ferramenta máis da loita polas liberdades.

A finais da ditadura e perante a transizón foi adotado por tódolos partidos, nazonalistas e non nazonalistas coma festa da patria basca, o día nazonal do País Basco. Hoxendía é convocada por separado polas distintas forzas dos partidos nazonais de Euskal Herria.
Comentários (3) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 08-04-2007 23:57
# Ligaçom permanente a este artigo
As provincias bascas
Euskal Herria
Cantas provincias ten Euskal Herria? Os Batasunis estiveron estudando e aprenderon ben a leción, mais semella que hai a quen non lle convén que a xente teña cultura, de xeito que lles mandan reaprendé-la leción para amoldala ó seu xeito de pensar.

As provincias bascas
Comentários (0) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 24-03-2007 01:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Euskal Pilota
Euskal Pilota, Larrua harriaren kontra (Julio Menem). Este é o título dun filme que foi duramente criticado cando saíu polos sectores españolistas.

O tema que trata segue a estar de rigorosa actualidade e coido que o seguirá estando por moito tempo mentres non se estableza unha vía, o Diálogo, e un xeito de arranxá-lo "conflito eusko-español": a Autodeterminazón.

A película convida ao diálogo e a deixar de ser brancos ou negros pra descubrir que a escada de cores é moito máis variada. E tamén convida a deixar de usá-la violencia, "a violencia das pistolas ou a violencia do monopolio do Estado".

Eu convídovos a reflexionar. A pensar se todo o que vos din é verdade, se tódolos bascos van con metralleta, se o mundo se divide en bós e maos, se un pobo ten dereito a gobernar a outro, se a democracia se exporta a un país na punta dunha baioneta, se alguén ten que estar preso por escribir un artigo de opinión, se é legal e xusto pechar no cárcere a quen non cometeu delito presupoñendo que o vai cometer, se é legal ilegalizar a un grupo político, se ten senso criminalizar a quen defende a súa identidade,...

Convídovos a esquecer por dez minutos o que vos din e inculcan os mass media e por ese pequeno intre pensedes por vós mesmos.

Euskal Pilota


E, por suposto, convídovos a ver esta documental.
Comentários (2) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 03-03-2007 21:58
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0