Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Itoiz Resistência
Mentiras da Espanha (min. 07:30)
Comentários (0) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 07-05-2008 22:04
# Ligaçom permanente a este artigo
A chamada de Euskal Herria
Agora que estamos en plena campaña política a maquinaria de represión Estatal funciona a todo rendemenento, ilegalizando e mandando á cadea a todas as ideas que ameacen o Statu Quo.

Dende aquí quero amosar a miña solidariedade con todas as vítimas inocentes, animo a todos os bascos a continuar camiñando e loitar polo seu futuro... o andar demóstrase con movemento!

Aqui se apresenta solidariamente mais um cimento:

Milakabilaka - Fermin Muguruza
Comentários (2) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 23-02-2008 17:44
# Ligaçom permanente a este artigo
O Estado contra o desporte basco
O delegado do goberno español en Euskal Herria ordenou á Avogacía do Estado recorrer os estatutos de 19 federacións desportivas bascas xa que, segundo el, "pretenden outorgar ao deporte basco unha representación internacional" que só dá o Estado.

As federacións afectadas serían a de ciclismo, a de karate, a de deporte adaptado, balonmán, xogos e desportes bascos, atletismo, natación, loita e sambo, halterofilia, ximnasia, surf, hípica, triatlón, automobilismo, rugby, judo e deportes asociados, xadrez, actividades subacuáticas e tiro olímpico.

A lei na que se fundamentan os estatutos recorridos xa fora impugnada polo executivo español ante o Tribunal Constitucional, debido, en palabras textuais "a que pretendía outorgar ao deporte basco unha representación de carácter estatal e internacional que, en opinión do goberno, vulneraba o artigo 149-1-3 da Constitución española", segundo o cal só o Estado ten exclusiva competencia en relacións internacionais.

O delegado do goberno en Euskal Herria, Paulino Luesma, lembrou que o Constitucional xa acordara suspender o relativo á representación das federacións bascas, alén do seu ámbito territorial, e que hai que os suspender, xa que se "opoñen á normativa estatal en materia de desporte".
Comentários (0) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 10-07-2007 16:22
# Ligaçom permanente a este artigo
Txalaparta
A Txalaparta é un instrumento musical basco. Os instrumentos musicais máis representativos de Euskal Herria son a trikitixa, a alboka e a txalaparta.

A txalaparta como instrumento consiste en dous cabaletes que sosteñen unhas táboas, e estas son golpeadas con catro paus (dous por persoa, téñena que tocar dúas persoas) para facelas soar; é unha especie de xilófono en versión primitiva.

Normalmente unha imaxe vale máis que mil palabras, así que mellor que o vexades por vós mesmos:

Txalaparta
Comentários (1) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 25-06-2007 18:03
# Ligaçom permanente a este artigo
Historia da Esquerda Abertzale
A actualidade sociopolítica basca non se podería entender sen sabé-los sucesos que seguiron á caída do Franquismo. O asasinato de Carrero Blanco por parte da ETA foi fundamental na caída do réxime nacionalcatolicista; a Transición, na que tanto bombo se lle deu ó papel do rei Xoán Carlos I, tería sido imposíbel de non ser por este asasinato.

A esquerda abertzale, da que tanto se fala últimamente nos medios, ten unha traxectoria sociopolítica que descoñece a meirande parte dos que opinan nos programas de televisión, nas columnas dos xornais, nas radios,... e así é como xurden as barbaridades que se chegan a dicir desta entorna; porque o descoñecemento é a chave do medo, e hai moitísima xente á que lle interesa manter esa chave no seu peto, para así poder manexá-la poboación como lles saia dos collóns ó seu antoxo.

Só partindo do coñecemento podemos chegar a abrí-las nosas mentes e crearnos unha idea de nós, para que ninguén nos impoña as súas... e será entón cando si poidamos opinar sobre un tema, e non coma eses cantamañáns tertulianos de bazofias televisivas. Esos "todólogos" que todo o saben e todo o coñecen segundo eles, e que nada saben e todo descoñecen en realidade.

Velaquí unha documental (dividida en varios vídeos) para coñecer un pouco máis da historia de Euskal Herria:

De Carrero Blanco á Alternatiba KAS


Da Alternatiba KAS a "Orain Herria"


Descurso de Arnaldo Otegi 1/2


Descurso de Arnaldo Otegi 2/2
Comentários (1) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 22-06-2007 15:48
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0