Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Xabarín 4 ever!!!
Mimá! Mimá! Mimááááá!!!! Que ledicia que emoción!! Atopei no TeuTubo unha alma caritativa posuidora dunha chea de vídeos musicais do Xabarín Club que decidiu penduralos para gozo e desfrute de todos!!

Voulle facer publicidade que o merece o rapás. Se picades no seu nome, SiriusBelmont, accederedes á súa "TuboPáxina" e poderedes velos todos... pero descoidade, que xa os irei poñendo eu na miña bitácora. Ides rematar até os collóns de porco bravo, porque teño pensado poñelos todos! XDDD

Comeza a emisión!!
Comentários (1) - Secçom: Música - Publicado o 04-02-2007 16:20
# Ligaçom permanente a este artigo
Lume ourensán!!!
...Os mellores artistas dermalistas
Os mellores sons das cancións
Malabares con fanfarrias, salsas, himnos da noite
Animais salvaxes da vida cotián
Depredadores das guerras que tumban, que matan
Ebanistas do amor con aristas
Animadores da deserción ó asasinato legal
Costumistas de negro despertador
Lume purificador do negro café
Lume que non queima árbores inocentes de avaricia
Lume que non petrolea océanos de infancias
Lume ourensán...

...Con todos vostedes... LAMATUMBÁ!!!
Comentários (2) - Secçom: Música - Publicado o 26-01-2007 18:54
# Ligaçom permanente a este artigo
Esquizofrenia Patriótica
Atopei uns vídeos boísimos duns rapaces que estudan comunicación audiovisual en Compostela.

Nestes vídeoclips defenden diferentes posturas sobre a realidade de España: Nacionalismo galego, catalán, basco e español. Están feitos de xeito humorístico e imitando cantigas coñecidas por todos, un traballo realmente bó.

É especialmente axeitado para estes vídeos sobre as nacións do Estado o lugar no que graban: Burgo das Nacións.


De todos é coñecido o típico argumento para defender España... España es UNA:
Unidad


Pero todos coñecemos o forte separatismo de Euskal Herria, ás veces con métodos pouco ortodoxos como o terrorismo coa excusa de liberar á nazón:
Liberaré


Claro que sempre hai quen apela ao "bó rollito" e a convivir todos nun Estado con moita diversidade, xente que ama a España pero cré nos Estatutos.
Este dame moito morbo, hehe. Póñenme moito as rapazas que visten así e teñen actitudes tipo "niña bien", tamén coñecidas como pijas. Doulle un voto especial á que leva ese minivestido branco :)
Ao que íamos:
Amo a España


Este tipo de xente que ama a España non lle gusta moito aos separatistas bascos, e a miúdo prodúcense enfrontamentos verbais entre eles... a conversa moitas veces remata co pro-español dicindo "y si te pones farruco: legión, represión, un "paseo" y a la mierda":
Patriota Española vs. Nacionalista Basco


Pero xa abonda de falar do conflicto basco... no Estado Español tamén hai unha nación cun forte sentimento de identidade, coido que despois dos xudeos os cataláns son os mellores no tema dos negocios.
Máis alá de España hai un lugar chamado Catalunya


E xa estaredes impacientes... deixei o mellor para o final! Trá-la longa noite de pedra de Don Manuel Fraga Iribarne Galiza esperta máis orguiosa que nunca de sí mesma... "o tempo de Fraga rematou".
Galeguízate!!
Comentários (2) - Secçom: Música - Publicado o 07-01-2007 01:36
# Ligaçom permanente a este artigo
Himno galego versión pop
Hai uns días que houbo unha enorme polémica polo himno "Queixumes Andaluces" (así denominaba acertadamente A Randeeira ao himno galego aflamencado).

Hoxe en Vieiros viñan numerosas versións de Queixumes dos Pinos que están no Youtube. Persoalmente gustoume moito esta:
Comentários (3) - Secçom: Música - Publicado o 28-12-2006 13:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Memoria da noite


Memoria da noite - Luar na Lubre

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orguio do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
Comentários (1) - Secçom: Música - Publicado o 26-11-2006 16:55
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0