Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O pozo de Arán
É tremenda a forza e o sentimento que ten esta cantiga de Carlos Nuñez. Sinxelamente encántame.

Carlos Nuñez - O pozo de Arán


E si, ben sei que non concorda o movemento dos beizos da rapaza co son. O motivo é que é unha montaxe do son en galego sobre o vídeo en castelán.
Comentários (2) - Secçom: Música - Publicado o 31-03-2007 18:05
# Ligaçom permanente a este artigo
Vivir para contarlo
Son seguidor confeso dos Violadores del Verso. Fai apenas un par de anos que comecei a escoitalos (malia que a súa traxectoria sexa longa) e a forza das súas letras enganchoume ó intre.

Teño tódolos seus discos, e o último mesmo o merquei orixinal. Para min pasaron a ocupá-lo primeiro posto nos meus gustos musicais... e sí, xa sei que non é unha música especialmente bailábel agora que ando inmerso nos ritmos latinos (salsa, merengue, bachata... e mesmo reggaetón!) pero unha cousa é ir de ligoteo e outra escoitar música, non si? hehehe

Xa irei poñendo de cando en cando algún videoclip deles aquí, polo de agora déixovos este, que ven nun DVD co seu último disco.

Violadores del Verso - Vivir para Contarlo
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 24-03-2007 15:42
# Ligaçom permanente a este artigo
Ferrol
Los Limones foron o grupo que fixo esta cantiga, alá polo 92, que xa é un dos himnos non oficiáis da Galiza: aquí esta o meu fogar, onde remata o mar.

Ferrol
é unha cidade moi peculiar, unha cidade extrema. Os ponteses temos de sempre unha gran rivalidade cos ferroláns, hai en xeral unha relación de amor-ODIO entre as dúas vilas.

En Ferrol non existen as medias tintas, é unha cidade que aborreces ou adoras, igual que a vila son os seus habitantes, extremos... non podería explicarse senón que da mesma vila saísen Pablo Iglesias Posse e Francisco Franco Bahamonde.
É, á vez, bastión de fascistas de "Arriba España!" e de nacionalistas de "Galiza Ceibe! Poder Popular!"

Por certo: NARÓN NON É FERROL!!

Ferrol
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 19-02-2007 18:29
# Ligaçom permanente a este artigo
Non todo é o que parece...
Téñolle que agradecer a Aerolíneas Federales a instrucción que me deron sendo cativo advertíndome da actitude das rapazas galegas, hehe.

[Boteime a escribir a partires daquí e saíume un artigo longo da hostia... lino antes de darlle a publicar, non me gustou e mandei todo ó carallo! XD De xeito que me limitarei a poñé-lo vídeo sen máis]

Non todo é o que parece
Comentários (4) - Secçom: Música - Publicado o 17-02-2007 22:02
# Ligaçom permanente a este artigo
Oda ó futbolín
Ano 37, Guerra Civil... Alexandre de Fisterra inventa o futbolín!!

Eses mestres do rock autóctono da Galiza, o Bravú, que eran Os diplomáticos de Monte Alto fixeron esta cantiga pola que non pasa o tempo. É doado escoitala calquera noite no Avante, en Compostela. Xa de cativos nos inducían ideas de Revolta Popular! hehe :)

Oda ó futbolín


Ista é unha homenaxe ó finado Alexandre.

Como dicían nunha famosa película:
"Sempre nos quedará o futbolín"
Comentários (6) - Secçom: Música - Publicado o 10-02-2007 01:22
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0