Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

As cores do solpor
Xa tiña medio esquencida a miña "sección de vídeos". Agora fago un novo artigo pra ela porque considero todo un descobremento este grupo do que non tiña nin idea da súa existenza.

Trátase de Loretta Martin, ós que descubrín grazas ó disco No bico un cantar que viña con La Voz de Galicia co gallo do Día das Letras Galegas... un disco-compilazón de grupos galegos de tódolos estilos. Encantoume o seu estilo fresco e cheo de novo ar na música galega, ó escoitalo lembreime deste artigo: Galiza, 12 points :)

Os coruñeses Loretta Martin (Brais Morán -voz e guitarra-, Fran Sanz ?baixo- e Iago Otero -batería-) comezaron a emitir no 2002 comopoñendo melodías de blues-rock, aínda que a influenza de grupos coma -123 min, Zuco 103, Jamiroquai ou Red Hot Chili Peppers deixou fonda pegada na súa música.

A súa proclama non deixa lugar a dúbidas: ?non hai nada que poda ir atrás?. Así que, coa única pretensión de divertir e sempre na procura do groove e fuxindo da pureza, a nova singradura destes tres coruñeses discorre por roteiros aperturistas e fusionadores nos que o funk, o jazz e a música brasileira modelan o son cara a uns sons que se poderían definir coma Funk-Rock.

Na súa páxina podedes mesmo descarregá-la promo do seu disco Paraíso Distante, que trae tres cantigas, fotos e letras. Realemente Grandes!!

Loretta Martin - As cores do solpor
Comentários (1) - Secçom: Música - Publicado o 01-06-2007 03:20
# Ligaçom permanente a este artigo
Férve(me) o eixo
Hai ben pouco que saltou no blogomillo un fenómeno social que se espallou dun xeito incríbel. Tratábase de mmmmmMúsicas, que consistía en facer unha listaxe coas cantigas que proporías pra facé-lo amor (é que eu sonvos chico fino e elegante, e non fodo, fago o amor...).

Eu estivera buscando coma un tolo polo YouTube as cantigas a poñer pola miña parte e apenas atopei dúas, debo de ter uns gustos algo raros, de xeito que a que queira saber cales son tera que descobrilo por outros medios...

O que sí me foi doado de atopar foi isto... unha proposta que non xurde de min, senón que se me ocorreu facelo tras chusmar nos diários dun Suevo. El chámalle meme, que non teño nin idea do que é pero soa moi ben... de xeito que velaquí unha nova meme pra o blogomillo: mmmmmCalentón! Férve(me) o eixo


Velaquí a miña proposta de vídeos, eses que miras no ordenador mentres tomas uns cubatas xusto antes de saír da casa, e logo comentas cos colegas: "hoxe hai que pillar, eh!!".

Indo de menos a máis, comezo polos Black Eyed Peas... o cú desta muller non é normal!! :)_

5.- Black Eyed Peas - My Humps


Dende logo que Benni Benassi ha de ser un imprescindíbel desta meme... quén non cambiaría ós compañeiros de traballo que só din barbaridades por estos? Serían tan molestas as obras nas cidades de cambiá-los traballadores?

4.- Benny Benassi - Satisfaction


A este DJ débolle de ter un apego especial, porque velaí vai outra das súas creacións. Hai algún home neste planeta que non considere especialmente sensual que o chamen "papi" ou "papito"?

3.- Benny Benassi - Who's your daddy?


Costoume moito non poñer este vídeo no primeiro posto, pois xa falei del nunha ocasión. Lenne Nystrom é unha auténtica deusa. Grazas á vía Sueva descubrín tamén que era a cantante daquel grupo pop dos noventa chamado Aqua. Femme a lunette, femme a quiquette!

2.- Lene Nystrom - It's your dutty


O posto número un é indiscutíbel. Por sé lo mellor videoclip nunca feito, por conté-lo meirande número de mazizas por metro cadrado nunca visto e por amosalas nunha actividade tan cotiá e sá como o deporte. Ademáis de certas lembranzas que me trae... Matrícula de Honra!!

1.- Enric Prydz - Call on me



AGORA PÁSOVOS A PELOTA A TÓDOLOS BLOGUEIROS DO BLOGOMILLO
Comentários (6) - Secçom: Música - Publicado o 15-04-2007 16:55
# Ligaçom permanente a este artigo
Inmigrante legal sen papeis
Andaba eu na procura dalgún vídeo dos nosos veciños de alén do Navia, os astures, cando me topei cuns vídeos dun rapeiro de Asturies dos cales destaco este.

Dark la eMe é o nome deste MC, e o seu erro é reivindicá-la asturianidade falando a lingua de Castela. Alén diso... boas letras e con mensaxe positiva, gústame.

Gústame especialmente esta cantiga, porque así é como se teñen que sentir tamén moitos galegos emigrados a España, coma emigrantes legais sen papeis.

Destacábel a frase "y me preguntan con sonrisa que si tengo vacas. Sí, las voy a soltar todas por La Castellana!!" :P

Tamén me une ós Astures o feito de seren pontés:
CONCA MINEIRA, BÉBEDA E DINAMITEIRA!!


Dark la eMe - Asturiano en Madrid
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 07-04-2007 21:27
# Ligaçom permanente a este artigo
Femme a lunette...
E xa que estaba na dinámica que procurar vídeos musicais de mazizas descobrín tamén este...

A muller perfecta: morena, ollos verdes, guapa e un corpo de impresión. Vestida de empresaria, cabelo recollido e lentes... Hei de chamar ó demo e vendé-la miña alma por unha muller así... alguén ten o seu número?

Lene - It's your duty


Todo o mundo me dicía que era bastante raro polos meus gustos... iso das empresarias (todo o mundo tira polas enfermeiras) e esa obsesión que teño cos lentes, que me dan un morbazo quinindiola. Mais este ano, conversando co meu "curmán" Philippe mentres tomabamos unhas sidras na feira medieval en Compostela díxome: "mira aquela das gafas... bufff...". E logo contoume que en Franza hai un dito sobre as mulleres con lentes:
FEMME A LUNETTE, FEMME A QUIQUETTE


Estes franceses sí que son dos meus... heime cambiá-la nacionalidade a ver se me deixan de mirar raro cando xurde o tema! hehe.


P.D.- Por certo... alguén sabe dun "Sex Shop" en Compostela? Eu coñecía un pero debeuse cambiar de sitio.

P.D.2- Se algunha se parece nalgo á miña descripción da muller perfecta e non ten mozo... velaquí un candidato ;)
Comentários (2) - Secçom: Música - Publicado o 01-04-2007 18:32
# Ligaçom permanente a este artigo
As súas tetas están ben
Estaba eu nesta tarde de apalanque resacoso mirando páxinas desas pra pasá-lo rato cando non atopas nada mellor que facer e, vía Yonkis, descubrín este vídeo que desborda cultura e sabedoría.

Trátase do vídeo musical de Lene Alexandra, unha modelo de Noruega.

My boobs are OK


Algúns dirán: e logo pretenden que non se fagan chistes sobre loiras parvas.
Comentários (2) - Secçom: Música - Publicado o 01-04-2007 17:52
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0