|
|
|
CONCELLO DE CARBALLO |
|
Entrega do libro " O REXIONALISMO " de Alfredo Brañas Menéndez,traducido o galego polo catedrático de francés e filólogo Antonio Pichel Lorenzo co limiar do historiador galego que foi presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009 Xosé Ramón Barreiro Fernández. A entrega foi no Concello de Carballo (recibido na foto polo alcalde Evencio Ferrero Rodríguez.
Carballo 30 agosto 2019 |
|
|
|
CONCELLO DE PONTECESO |
|
 Entrega do libro " O REXIONALISMO " de Alfredo Brañas Menéndez,traducido o galego por Antonio Pichel Lorenzo co limiar de Xosé Ramón Barreiro Fernández,no Concello de Ponteceso ( recibido na foto polo alcalde Lois García Carballido).
Ponteceso foi a terra de Eduardo Pondal que foi coetáneo de Brañas e amigo ademais de fins comúns que tanto tiveron que ver co Rexurdimento galego (pervivencia do galego como lingua maioritaria falada polo pobo e recuperación da literatura que tan ligada está lingua).
Ponteceso 29 de agosto de 2019 |
|
|
|
ENTREGA DO LIBRO OS CENTROS DE MONTEVIDEO |
|
 Na foto ollamos a entrega por parte de José Manuel Cameán do libro O REXIONALISMO de Alfredo Brañas,traducido o galego polo filólogo carballés Antón Pichel,co limiar de Xosé Ramón Barreiro Fernández.
A entrega faise a unha carballesa,emigrada de nena con seus pais a Montevideo María Fernández Eirís, a entrega vai dirixida a Toni García de Searez que fará de repartidor o CENTRO GALEGO DE MONTEVIDEO--A CASA DE GALICIA e O CENTRO BERGANTIÑOS da mencionada cidade.
---Carballo 22 agosto 2019 |
|
|
|
CASA DA FAMILIA BRAÑAS EN CAMBADOS |
|
 Na casa que ollamos na foto situada na PRAZA ALFREDO BRAÑAS é onde residiu a familia Brañas durante á súa estadía no Concello de Cambados,onde exerceu de Registrador da Propiedade ata o seu pasamento o pai de Alfredo.A súa familia trasladouse a súa morte á Santiago de Compostela.
-Este edificio foí casa do Concello,logo escola.
Ao día de hoxe pertence a unha familia. |
|
|
|
PRAZA ALFREDO BRAÑAS EN CAMBADOS |
|
 Praza ALFREDO BRAÑAS en Cambados,adicada ao seu fillo adoptivo. Antiga Praza da Constitución.
Nota: Ollase o fondo a placa,encima do toldo. |
|
|
|
CEMITERIO DE SANTA MARIÑA DOZO |
|
 Ruinas de Santa Mariña Dozo (Cambados),igrexa construida no século XV sobre unha capela románica do século XII. De estilo gótico mariñeiro con trazos renacentistas,conserva catro arcos transversales románicos,cinco capelas laterais,a capela maior e á sacristia. O atrio alberga o máis melancólico camposanto do mundo según verbas de Álvaro Cunqueiro.Neste camposanto están enterrados o pai de Alfredo Brañas,que era Registrador da Propiedade na vila Vicente María Brañas Balseca(copia literal do orixinal que se atopa no Rexistro Civil de Cambados,acta de defunción o 30 de agosto do ano 1874;causas da morte convulsión epiléptica. Tamén está a súa irmá Luisa Brañas Menéndez( bautizada o 3 de febreiro do ano 1863 nesa igrexa de Santa Mariña de Dozo e tamén enterrada na mesma o 2 Outubro do ano 1866. |
|
|
|
CONCELLO DE CAMBADOS |
|
 -- Co obxetivo de irmanar ós Concellos de Carballo e Cambados,fixose o día 18 de agosto do 2019 a entrega do libro " O REXIONALISMO " de Alfredo Brañas Menéndez,traducido o galego polo filólogo Antonio Pichel Lorenzo co limiar de Xosé Ramón Barreiro Fernández, no Concello de Cambados (recibido como se olla na foto pola alcaldesa Fátima Abal Roma).
--O pobo de Cambados foí a terra de Alfredo Brañas na súa infancia cando marchou de Carballo. |
|
|
|
JOSÉ ANTONIO GARCÍA PAMPÍN |
|
 Morreu no día de onte 16 de Agosto do ano 2O19,logo dunha longa e penosa enfermidade á idade de 69 anos José Antonio García Pampín(natural de Razo-Carballo). Foi colega da nosa Promoción do 1963 no Colexio Academia Leus de Carballo.
--DEUS O BENDIGA D.E.P
EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS/AS QUE NOS DEIXÁRON PARA SEMPRE. |
|
|
|
JOSÉ ANTONIO AMADO MORALES |
|
Fotografía do compañeiro de estudios do Colexio Leus de Carballo,José Antonio Amado Morales,nado en Lestón(Peisaco)Concello da Laracha o 13 de setembro do ano 1952. Estudiou ata segundo curso de bacharelato e logo adicouse a comercial de Ventas. Ao día de hoxe está xubilado e vive en Lestón.   |
|
|
|
LEOPOLDO PEDREIRA TAIBO |
|
Leopoldo Pedreira Taibo,quen no ano 1894 tiña publicado EL REGIONALISMO EN GALICIA (editado en Madríd),no que Eduardo Pondal non saíu ben parado.
Eduardo Pondal replica cunha descualificación baseada nunha eiva fisica. Non estuvo a maior altura o propio Leopoldo Pedreira,que non dubida en mofarse da gordura da condesa Emilia Pardo Bazán,cando sinala que os seus moitos admiradores a excepción do pontecesán alaban con preferencia los datos intelectuales y morales de doña Emilia que valen exactamente lo mismo que sus magnificencias fisicas.
Temos aínda outro documento que proba o desprezo de Eduardo Pondal por Leopoldo Pedreira. É unha nota explicativa a propósito da versión longa da CAMPANA D´ANLLÓNS para o xornal coruñés EL NOROESTE. Nela o poeta búrlase das acusacións de plaxio feitas polo padre Blanco García e por Leopoldo Pedreira,ao que denigra co mesmo insulto que no poema. |
|
|
|
|
|
|