Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BENIGNO e LILY PÉREZ
Fotografía onde se atopan nunha reunión da celebración do Aniversario de Sexto curso de bacharelato en Verdillo,os compañeiros de promoción Benigno Rodríguez e Lily Pérez Añón.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164834487853/benigno-e-lily-pérez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reunións - Publicado o 31-08-2017 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
COMPAÑEIROS DE SEXTO CURSO
Compañeiros de Sexto de Bacharelato do Colexio Leus de Carballo de celebración.
Pola esquerda CARMEN ÁLVAREZ,TERESA DOSIL,PACO CRESPO,DOSINDA GARCÍA e CAMEÁN VÁZQUEZ.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164833919233/compañeiros-de-sexto-curso align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Compañeiros da Promoción de Sexto curso nunha cea en Verdillo.
Empezando pola esquerda Velo Reguera,García Losada,Antonio Rodríguez e VARELA REY.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164834029823/cea-no-restaurante-san-lorenzo-de-verdillo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reunións - Publicado o 31-08-2017 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
OS ORGANIZADORES DA FESTA 2017
Fotografía onde se atopan os organizadores do 50 Aniversario no Colexio Leus de Carballo.
Na foto pola esquerda JOSÉ MANUEL HURTADO DE MENDOZA ANIDO,JOSÉ ANTONIO VIÑA PATIÑO,JOSÉ MANUEL CAMEÁN VÁZQUEZ e ANTONIO PACORET BALSA.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164832386813/os-organizadores-da-festa-2017 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>a

Rematando os preparativos co encargado do Restaurante A Penela no comedor do Pazo de Vilar de Francos en Artes(Carballo).
Pola esquerda na foto CHEMA (o encargado),JOSÉ ANTONIO VIÑA PATIÑO,JOSÉ MANUEL HURTADO DE MENDOZA ANIDO e JOSÉ MANUEL CAMEÁN VÁZQUEZ.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164832555583/rematando-os-preparativos-da-festa align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fotos 50 Aniversario - Publicado o 31-08-2017 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
ORLA DE RAUL VECINO VERDIA
Cadro da Orla do compañeiro do bacharelato do Colexio Leus de Carballo,RAÚL VECINO VERDIA,cando acadou o título de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Na foto está situado enriba o primeiro pola dereita,é a promoción do curso 1974.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164823497448/orla-de-raul-vecino-verdia align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 31-08-2017 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
CHELO GARCÍA FERNANDEZ
A Directora do Colexio ARTAI de Carballo Chelo García Fernandez.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164761506413/chelo-garcía-fernandez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2017 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
CHELO GARCÍA FERNANDEZ
Fotografía da Directora do Colexio ARTAI,que sustituiu o Colexio Leus de Carballo,Chelo García Fernandez,nada na parroquia de Cereo,Concello de Coristanco no ano 1954.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164760962458/chelo-garcía-fernandez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2017 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ RAMÓN VARELA REY
Fotografía do compañeiro de estudios do Colexio Leus de Carballo,José Ramón Varela Rey,nado na parroquia de Artes,Concello de Carballo o 22 de marzo do ano 1955.Logo de acadar o bacharelato en Carballo,ficou para A Coruña a Escuela de Maxisterio,profesión de mestre que ainda exerce hoxe no Colexio de Cabana de Bergantiños.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164760418238/josé-ramón-varela-rey align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 29-08-2017 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
CENA HOMENAXE DA XUBILACIÓN DE JOSÉ ANTONIO
RESEÑA DA VOZ DE GALICIA 28 XULIO 2016

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164743015978/xubilación-josé-antonio-viña-patiño



28/07/2016 05:00 H

Con Pedro Luis Fernández Pombo y Suso Añón como cabecillas y Sergio Viña -hijo del protagonista- como cómplice, medio centenar de amigos rindieron el sábado pasado un homenaje sorpresa a José Antonio Viña, con motivo de su jubilación como profesor. Entre los presentes en el acto celebrado en el restaurante carballés Río Sil estuvieron varios compañeros de filas en el PSOE, como José Ramón Varela, pero también colegas de otras formaciones: Evencio Ferrero, Miguel Ferreiro, Luis Lamas y José Manuel Traba, entre otros.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 29-08-2017 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO SUÁREZ CALVO
Fotografía do compañeiro do Colexio Leus de Carballo,Francisco Suárez Calvo,nado en Coristanco no ano 1947,estudiou parte do bacharelato coa nosa Promoción,logo ficou para A Coruña acadar Maxisterio,profesión de mestre que exerceu ata fai pouco que se xubilou. Ao día de hoxe é director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños,ademáis foí un dos pioneiros da Festa da Pataca de Coristanco,na foto vese cando leiu o Pregón da Festa,no ano 2011.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164725167768/francisco-suárez-calvo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 28-08-2017 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Aqueles anos 60 dun rapaz da aldea que veu estudar a Carballo
Reseña de prensa de La Voz de Galicia do 21 de Agosto de 2017.

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164452171753/xosé-ramón-freixeiro-mato


Hai xa moito tempo, aló polos anos 60 do século pasado, que toda unha xeración de rapaces e rapazas de Carballo e da bisbarra cursamos total ou parcialmente o ensino medio nun colexio privado da capital bergantiñá, pois naquela altura non existía un centro público que prestase ese servizo. Estabamos en plena ditadura franquista e, alén da falta de liberdades democráticas, as familias humildes achaban moitas dificultades para lles poderen dar unha educación aos seus fillos e fillas que lles abrise a porta a un futuro mellor.

Habituadas a unha vida dura de sacrificios e privacións, moitas desas familias fixeron un grande esforzo para pagaren os custos do ensino que o Estado ditatorial, ao servizo das clases máis privilexiadas, non garantía. Así foi como naquela década coincidimos nese colexio persoas novas de diferente procedencia e condición, a maioría de orixe rural e de familias modestas, mais con ansias de aprendermos na procura dunha vida mellor. Aspirabamos a saír da pobreza e do atraso material, mais tamén da cativeza moral e cultural da época, para nos abrirmos a novos horizontes que nos permitisen comprender mellor o mundo e facérmonos persoas máis cultas, libres e dignas. Este ano aqueles estudantes novos doutrora, convertidos hoxe en persoas de provecta idade, unhas xa xubiladas e outras a punto de o faceren, queremos botar a ollada atrás e lembrarmos aqueles tempos idos, cos seus pros e contras, coas súas miserias e tamén con algunha grandeza, que viña fundamentalmente da forza que daba unha idade chea de proxectos, ilusións e esperanzas. Unhas foron cumpridas e outras non, mais o feito de chegarmos a este punto das nosas vidas constitúe por si propio un motivo de satisfacción e unha causa para a celebración conxunta.
Experiencias partilladasCelebramos, pois, a efeméride do reencontro, as experiencias partilladas e as lembranzas dunha vida marcada pola nosa común orixe bergantiñá. E facémolo neste 2017 en que tamén se conmemora o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, aquel grande poeta, veciño noso, que non estudabamos no colexio porque a lingua en que el escribiu e que nós, fósemos da aldea ou da vila, falabamos sempre fóra, tiña vedada a entrada nas aulas. Algúns reencontrámonos após moitos anos e, cando agora nos ollamos, sentimos esa natural sensación do paso do tempo e da brevidade da vida, o tempus fugit presente nos poetas clásicos e que non podía faltar no noso bardo: Carballos de Carballido, / cand? era rapaz deixeivos; / vin despois de muitos anos; / xa vamos vellos. Certamente, transcorridos tantos anos, nós tamén imos indo vellos.

Porén, aínda conservamos forzas e ilusión para sermos de utilidade á nosa Terra e para continuarmos a traballar por un mundo mellor e máis xusto, pois é isto o que dá sentido ás nosas vidas. Ao tentar lembrar aqueles anos de convivencia escolar, acode á miña memoria, alén da antinatural separación por sexos, que nos privaba de enriquecer o noso ámbito de experiencias e alimentaba un machismo xa ben presente na sociedade, a diferenciación segundo a procedencia rural e vilega do alumnado. «Envexabámolos porque andaban co calzado limpo, e non cheo de lama»Os que viñamos do mundo rural sentiamos certo complexo perante os que eran da vila, neste caso de Carballo, aos cales envexabamos porque andaban co calzado limpo, e non cheo da lama ou po das corredoiras coma nós, porque non tiñan que ir coas vacas, nin chamar os bois na milleira, etcétera. En fin, porque eles eran uns ?señoritos? que só tiñan a obriga de estudaren e nós uns fillos de labregos que tamén tiñamos de andar fozando na terra. Canta envexa sentiamos mesmo dos fillos e fillas de obreiros da nosa propia aldea porque, na súa pobreza, non tiñan vacas nin terras para traballaren! Por iso as rapazas e rapaces labregos que acudiamos ao colexio a Carballo, ás veces en bicicleta ou mesmo andando en pleno inverno, non estrañabamos tanto as duras condicións daquel ensino autoritario nun sistema educativo antidemocrático e antigalego que tiña por filosofía xeral «a letra con sangue entra», a pesar dalgúns bos profesores e profesoras que conservamos na nosa memoria. Inclusive nos considerabamos uns privilexiados a respecto doutros compañeiros da aldea ou dos nosos propios irmáns, porque a alternativa ao estudo era o duro traballo da terra e para nós nada semellaba peor do que iso. Eran os signos dos tempos na longa noite de pedra do franquismo que nos tocou vivir. Felizmente, o ensino tamén mudou, como mudou a sociedade e nós mesmos.

E o que agora cómpre é ficarmos cos bos recordos dunha época da nosa vida chea de ilusións e de esperanzas. Volvamos aos versos do bo bergantiñán; Pasáranse as alegrías / que trouguera o tempo ledo; / a mocedá fui pasada: / xa vamos vellos. Mais que viva moitos anos aquela xeración dos 60!

Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 28-08-2017 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0