Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
URBANO GONZÁLEZ VARELA |
|
Fotografía de URBANO GONZÁLEZ VARELA,nado en Santiago de Compostela en 1868 e finado prematuramente na mesma cidade en 1906,foi pintor,escritor e xornalista.
Foi irmán de Pura González Varela que en 1902 casou en segundas nupcias con Manuel Lugrís Freire.
Como pintor foi autor dun cadro retrato ao óleo sobre Alfredo Brañas,feito no ano 1900 que conserva no seu poder a familia Brañas.Ademáis como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela que rematou José María Fenollera.  |
|
|
|
PAPA PIO IX ( coetáneo de Alfredo Brañas) |
|
Fotografía do Papa PIO IX. O primeiro Papa na vida de Alfredo Brañas é Pio IX. Un home próximo a toda idea conservadora;pero aberto,o mesmo tempo,á modernidade.
Tiña Alfredo Brañas Menéndez,cando morreu Pio IX,no ano 1878,dezanove anos,cunha idade suficiente para facerse conta da situación da Igrexa e do que podia costarlle manterse confesional e publicamente católico. |
|
|
|
FOTOGRAFÍA COMPAÑEIROS |
|
Fotografía de compañeiros e colegas do Colexio Leus de Carballo,no seu 50 ANIVERSARIO,celebrado no Pazo de Vilardefrancos en setembro do ano 2017 |
|
|
|
JAVIER DE BURGOS Y DEL OLMO (1778-1848) |
|
O REXURDIMENTO
A medida que ás ideas liberais ián penetrando na incipiente burguesía comercial,tamén o facía outro tipo de concepcións ideolóxicas. Unha das cales a máis representativa no caso galego será o PROVINCIALISMO"un movemento que recolle unha vella aspiración,que Galiza sea considereda a efectos administrativos unha única provincia.Pretendiase con iso voltar a situación anterior á división provincial de Javier de Burgos,que habia suposto a desaparición da provincia/reino de Galicia e a súa división nas provincias actuales,en 1833.
En 1846 o descontento xeral eclosiona en Lugo,onde se pronuncia o coronel Miguel Solís.O exemplo axiña se extende polo territorio galego ata chegar a propia capital,onde o 15 de abril formase a Xunta Superior do Reino de Galicia.A reposto do goberno non se fai esperar e os sublevados serán xulgados e condenados a morte na vila coruñesa de Carral,de ahi que sean coñecidos como os "Martires de Carral". A este movemento seguelle na segunda mitade do XIX un fenómeno cultural e literario que supuxo todo un revulsivo para a defensa da lingua e a cultura galega.o REXURDIMENTO,que terá en Rosalía de Castro,Eduardo Pondal e Manuel Curros Enriquez aos seús mellores representantes,e será na primeira mitade do século XX cando alcance o punto máis notorio coas IRMANDADES DA FALA e o GRUPO NÓS.     |
|
|
|
ALFREDO BRAÑAS (Limiar de Xosé Manuel Beiras Torrado) |
|
" Entremedias de todos eses Brañas que se contradín,todos iles certos,identifico a un home que tivo a paixón da Terra,e nil recoñezo sen reparo e conmovido a un devanceiro que asumo con tódalas súas contradicións,como asumo a historia terribel do meu povo e as terríbeis eivas do seu histórico presente.
Ainda non conquerimos nin a sombra do que os nosos devanceiros arelaran.Non chegou o tempo de peneirarmos a nosa hitoria. Abóndanos,de Brañas,o ter teimado en deschoer vieiros para o país,o seu compromiso veraz con il. Abóndanos o fito chantado na protohistoria do nacionalismo por ese xurdio carballés afincado en Compostela que se chamou,en vida,Alfredo Brañas". Foi un personaxe tremendamente heteroxéneo:xornalista,moi novo,colaborou en varios medios galegos(El Porvenir.El Eco de Santiago,El Libredón-do que foi director-,La Gaceta de Galicia,El País Gallego,La Patria Gallega,Galicia.Revista Regional...)POETA (Os libros:Borrador de versos e La eternidad.Lamento,Lembranza-dedicado a Rosalía publicado en galego na Gaceta de Galicia-,Brindis a Maruxiña,Casta dos celtas:himno galego musicado por Luís Taibo,Aire gallego,como en Irlanda...DRAMATURGO(La voz de Sangre y la Voz de la Patria:drama de actualidad en verso e El sueño de un Loco).ESCRITOR(El Regionalismo.Estudio sociológico,histórico y literario publicado en Cataluña onde Brañas tiña un grande predicamento.Como orador intervén en Santiago e Carballo e-entre outros-nos Xogos Florais de Barcelona e Tui,Tamén exerce como avogado adscrito o Coloxio de Santiago.Brañas xunto con Murguía é o impulsor e creador do rexionalismo galego.  alfredo brañas (limiar de xose manuel beiras torrado   |
|
|
|
PLACA DE FILLO PREDILECTO EN CARBALLO |
|
Placa no xardín da Plaza Galicia en Carballo,onde fai homenaxe recollendo na mesma o nome de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ como fillo PREDILECTO do seu pobo natal.Foi posta no homenaxe que lle fixo o pobo o día do centenario da súa morte no ano 2.OOO.
En xaneiro e febreiro do ano 2OOO tiveron lugar diversos actos con motivo do centenario do seu pasamento,coa presencia de diversas autoridades e familiares de Alfredo Brañas. A agrupación Cultural Lumieira ademáis dunha conferencia do historiador Xusto González Beramendi organizou unha ofrenda floral ante o cruceiro da Plaza de Galicia realizada polo poeta MANUEL MARÍA e a colocación dunha placa na casa natal,e o Concello de Carballo aprobou por unanimidade do pleno que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2.OOO declarar a Alfredo Brañas fillo pedilecto a título póstumo e tamén realizou unha ofrenda floral o Alcalde Manuel Varela e a escritora e membro da Real Academia Galega Luz Pozo García,así como a colocación dunha placa conmemorativa na Praza de Galicia,e asistiu,entre outros,Francisco Puy,presidente da Fundación Alfredo Brañas.    |
|
|
|
CASA EN OSEIRO ONDE NACEU MURGUIA (2)Pensamentos rexionalistas |
|
Moitos anos hai que na nosa Historia de Galicia,os partidarios da centralización-dixemos que queriamos a diversidade dentro da unidade. Que no nome do Estado todopoderoso non reneguemos da nación á que pertencemos,e que en aras do poder central se sacrifiquen as provincias canto queda aínda nelas de sagro,esto é,o seu idioma,os seus sentimentos naturais,o seu pasado,o seu mesmo porvir posto en perigo de morte polos egoismos centralistas.
O académico Sr. Sánchez Moguel,referíndose aos rexionalistas galegos,pregúntanos,como si sinalase a maior das contradicións:"¿qué nacionalidade é esa que tratan de restablecer os rexionalistas galegos,si o seu fermoso e leal país,fóra do fugaz reinado de D.García,no foi nunca Reino independente ao xeito de Portugal,Cataluña,Aragón e Navarra,sinón como Andalucía,Extremadura,Asturias ou Castela,parte integrante,provincia fidelisima,da Monarquia leonesa-castellana? O noso adversario pasa con abondo valor en esquezo a monarquía sueva que durou perto de dous séculos;descoñece a importancia que tivo na formación do actual pobo galego;ignora que durante a dominación goda foi considerado o noso país como nación aparte. Nin que lle decir que ate a unión definitiva de León e Castela,fumos tan Estado que xa se chamasen os nosos reis,reis de Asturias,xa de León,Galicia era a que rexía e dominaba,porque era a maior parte. Os documentos daqueles séculos,cando falan da monarquía e do Estado formado por Pelayo nesta parte do Noroeste da Peninsula sempre lle chaman de Galicia.        |
|
|
|
CASA EN OSEIRO ONDE NACEU MURGUÍA(pensamentos rexionalistas) |
|
Fotografía da casa en Oseiro(Arteixo)chamada a casa de Pepe do Crego.Cando" ían cara a Pastoriza durante a romaría e en Oseiro a nai púxose mala,de parto.Decidiron que parise na casa de Pepe do Crego,a casa dos meus avós",explica Angélica Naya "Geluca",nacida en Pastoriza en 1932,quen comenta que a casa onde naceu o impulsor do Rexurdimento galego derrubouse,a finais dos anos 1970,para construir unhas cuadras.
Fina Naya nacida en 1945 en Oseiro comenta que un "gaiteiro de Carballo loitou para que non se derrubase. A casa era moi grande e estaba na carretera de Oseiro,e vivin nela ata os 21 anos,cando me casei". Manuel Murguía naceu "de casualidade"no Concello de Arteixo no ano 1833.Así o explican as veciñas que,máis tarde,ocuparon a casa na que pariu a naí do escritor,na localidade de Oseiro.
Galicia formou unha provincia durante a dominación dos romanos;un Estado soberano durante os cento setenta anos que durou o imperio dos suevos;foi país subordinado baixo o poder godo.Durante o periodo da Reconquista-xa cando era rexida por monarcas que se tiduaban reis de Galicia,xa cando se apelidaban de León-era ela a que gobernaba,eran as súas ideas e sentimentos os que informaban a vida pública do reino.No periodo que vai da trece á décimo sexta centuria viviu soia e entregada a si mesma:non lle faltou para ser un verdadeiro Estado independente máis que un rei propio.
Ao reclamar hoxe Galicia o dereito de coidar de sí mesma,pedindo para elo o réxime local,non fai máis que recobrar o que é seu.Obxétase que o recoñecer o dereito á existencia dos organismos particulares equival a decretar a ruina do Estado español,volvéndoo,dín,ás tebras medievais.Mais os que tal aseguran semellan esquecer que nos tempos máis gloriosos para España,nos séculos XVI e XVII,vivian as principais rexións españolas baixo o réxime particular.Ignoran que Galicia gozaba daquela de iguais libertades e goberno semellante ao das provincias vascas.
Que as sete provincias nas que estaba dividida Galicia gobernaban cada unha o seu propio territorio e xuntas dispuñan,por medio do seu diputado,do pais galego.      |
|
|
|
JOSÉ ANTONIO QUIROGA Y PIÑEIRO |
|
Foto do Avogado,licenciado en dereito pola Universidade Privada de Deusto en 1955.
José A. Quiroga y Piñeiro(Fundación
Alfredo Brañas)."O comercio e a Industria
na obra de Alfredo Brañas).
Según Carlos Otero:"Alfredo Brañas foi
unha personalidade intelectual profunda,
comprexa e polémica.Asociado coas corrientes
culturais máis diversas e incluso contradictorias.A súa propia existencia parece tamén unha contradicción entre a brevedad da súa vida de soamente 41 anos e a intensidade cientifica e cultural na que estuvo inmerso. Brañas é,en ocasións,un ponderado calculador teórico do empirismo do mundo en que vive e lle rodea.En Brañas como intelectual e como humanista queda sempre a salvo a nobleza da súa conducta frente as posturas ideolóxicas,sobre as cales con grande apasionamento lle gusta argumentar a menudo.Tratase dun personaxe de cultura poliédrica. Alfredo Brañas,funcionario,actuaba e escribia e dictaba conferencias,"a peito descuberto"sen temor a nada,sen máis valedor ca el mesmo,e en todo,abraiado e preocupado pola situación na que se encontraba España primeiro e Galicia despois. Nun momento dado chegouse a confundir "provincialismo",concepto social,mesquiño e ridículo,con rexionalismo,concepto amplo e transcendente.Alfredo Brañas pensa nun país antigo,fermoso,con purificados valores relixiosos que valora por encima de todo. Pero tamén na súa cultura celta,na súa música distinta que non modula nin matiza,pensa nun idioma doce e cadencioso e en ceos abertos e mares distantes,longos,de horizontes infinitos.E menciona a Cataluña,Asturias e a súa zona mineira,e as provincias Vascas,e a Aragón,e a Valencia(remata con un fermoso parágrafo dicindo "este bello espectáculo de las armonias rexionales nos debe de animar a reñir las batallas del amor patrio sin temores ni vacilaciones. O seu amor desenfreado a súa terra faille abandonalo rigor que se lle supón a un intelectual absoluto,era por suposto un pensador,un home intelixente,a quen non se lle pode criticar demasiado porque probablemente co balance final das súas contribucións á sociedade que o acollía foi maís o positivo có negativo.       |
|
|
|
VICTORIANO GUISASOLA RODRÍGUEZ |
|
Victoriano Guisasola Rodríguez
Fotografía do bispo Victoriano Guisasola Rodríguez que sucedeu no arzobispado de Santiago de Compostela a MIGUEL GARCÍA CUESTA,foi nomeado en 1886 e morreu no ano 1888. Logo dél tomou posesión JOSÉ MARÍA MARTÍN DE HERRERA. Foi un dos catro bispos que rexéron a sé compostelán,coetaneos do xurista carballés Alfredo Brañas Menéndez.    |
|
|
|
|
|
|
|
|