Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NOVA CASA DE GALICIA EN MONTEVIDEO |
|
 Na foto ollamos a nova directiva para a recuperación da Casa de Galicia en Montevideo. ( a esquerda María del Carmen Salgueiro,Vicente Cancela no medio e o novo presidente da Asociación Ismael Martínez.
A entidade arrastraba a finais do ano 2021, unha débeda de 85 millóns de dólares. O problema está agora en deslindar a parte sanitaria do legado cultural da entidade.
Como dixo Castelao, "Os tempos son chegados". Así arranca a acta fundacional do grupo constituido o martes en Montevideo para manter o patrimonio cultural da xa desaparecida Casa de Galicia de Montevideo. Unhas ducias de antigos socios de unha das institucións máis antigas da emigración gallega en América. O colectivo presidirau Ismael Martínez que pretende conservar o patrimonio cultural da entidade. Ademáis da escultura de Asorey "A Santa", atopamos unha biblioteca duns 4.000 volúmes e o propio panteón onde repousan os restos de moitos galegos emigrados.
7 abril de 2022 |
|
|
|
A SANTIÑA DE FRANCISCO ASOREY |
|
 A Casa de Galicia de Montevideo, institución de carácter social e sobre todo mutualista que naceu no ano 1917 que deu asistencia a moitos emigrantes galegos e chegou a ser unha das Asociacións máis importantes da emigración galega. Xunto co Centro Galego de Bos Aires, poden ter os días contados. No andar principal da Casa de Galicia na antesala dos despachos da presidencia, está situada a estatua da Santiña, escultura feita polo mestre Francisco Asorey, que a Institución mercou no ano 1951: que representa a encarnación simbólica da Terra.
Toda a Terra galega representada nesta figura de muller espida onde leva ao lombo como unha cruz,representado o traballo, a canga ou xugo pra xunguir os bois e a vara pra tanguelos no labor de abrir os sucos da sementeira. Co pano que levaban as nosas nais labregas na cabeza e figura espida que lle dá máis forza si cabe.
As figuras femininas de Francisco Asorey teñen forza,representando a grandeza do traballo e unha homenaxe á muller que terma da vida na ausencia do home emigrado. A talla é de madeira, duns 2 metros de altura.
31 Marzo 2022 |
|
|
|
CASA DE GALICIA DE MONTEVIDEO |
|
 Hoxe 31 de marzo do ano 2022 deixa de existir oficialmente a Casa de Galicia de Montevideo, fundada o 1 de outubro do ano 1917, anos convulsos en Arxentina. Castelao decidiu constituir un goberno galego no exilio,entón pensou que Montevideo era un lugar máis seguro pra formalizar e darlle xeito a ese feito, o encargo foi atendido pola Irmandade Galeguista e a Casa Galicia de Montevideo e o 15 de novembro: Antonio Alonso Rios,Elpidio Villaverde Rey,Ramón Suárez Picallo e Alfonso Castelao firmaron o histórico documento de constitución do Consello de Galiza na sede da Casa de Galicia de Montevideo.
Na foto ollamos a Alfonso Rodríguez Castelao o segundo pola dereita. |
|
|
|
|
|