Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ROTEIRO LITERARIO DE ENRIQUE LABARTA POSE |
|
 Un roteiro pola Costa da Morte,vai percorrer espazos que marcaron a vida e obra do baiés Enrique Labarta Pose. Concello e axentes sociais levan tempo pelexando para que se lle adique o Día das Letras Galegas ao autor; mentres eso non ocurre outras iniciativas van xurdindo para lembrar ao escritor e xornalista do Concello de Zas. É un percorrido de 250 quilómetros polos puntos da Costa da Morte que o marcaron tanto biográfica como literariamente. Esto xurdiu froito da colaboración entre o Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega . O roteiro parte do centro sociocultural de Baio,onde está posta unha exposición permanente sobre o escritor e pasa por lugares como a casa natal en Baio,a igrexa de Baio,os Batáns do Mosquetín. Pasará por vilas como Camariñas co seu Faro de Cabo Vilán,polos Penedos de Pasarela e Traba,o Pazo das Edreiras,os pobos de Camelle, Cereixo, a Ponte do Porto ou Zas, e polo Santuario da Virxe da Barca en Muxia.
Baio 29 de marzo 2022 |
|
|
|
PROFESOR JAVIER ENRIQUEZ RIVEIRO |
|
 Os da nosa Promoción do 1963 do Colexio Academia Leus de Carballo : queremos lembrar no día de hoxe á un dos profesores que nós impartiu clase de Fisica e Quimica no bacharelato; Don JAVIER ENRIQUEZ RIVEIRO,enterrado hoxe no Cemiterio de Carballo aos 93 anos de idade.
Dende eiquí o noso agarimo a súa familia, e que Dios o teña na groria. Lembrámolo como unha persoa traballadora, atenta e agarimosa con todos nós.
Carballo 28 de Marzo 2022 |
|
|
|
|
|