Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARQUÉS DE MOCHALES(MIGUEL LÓPEZ DE CARRIZOLA Y DE GILES)
Alfredo Brañas naceu na vila de Carballo,mais sería outra vila,da provincia de Pontevedra,a que o vería medrar durante a súa nenez : Cambados. Eiqui mantivo unha moi estreita relación co mundo mariñeiro,sendo ademais nesta vila na que Brañas se presentaría á elección de deputado,na que foí vencido polo marqués de Mochales,en 1896.
Na foto ollamos á MIGUEL LÓPEZ DE CARRIZOSA Y GILES marqués de Mochales,senador polas provincias de Cádiz e Ourense e vitalicio dende 1893 ata 1919.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171019322638/marqués-de-mochales-1896 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-02-2018 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
PERIÓDICO " LA PATRIA GALLEGA "
Fotografía onde ollamos a portada do periódico
"LA PATRIA GALLEGA" onde traballou Alfredo Brañas,que axiña abandonaría por mor dunha discusión con Manuel Murguía.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171017942003/el-periódico-la-patria-gallega align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-02-2018 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
PERIÓDICO EL PORVENIR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Alfredo Brañas tivo algúns éxitos profesonais como avogado,maila dedicación universitaria e o compromiso rexionalista abeirárono a outro tipo de actividades,principalmente a periodística. Neste eido,traballou no periódico EL PORVENIR,ata que se refundiu no 1881 co EL LIBREDÓN,que foí un diario galego de carácter católico-tradicionalista,de concepción antiliberal,antiparlamentaria,defensor da recuperación das liberdades locais dende unha monarquía tradicional,que fundou Alfredo Brañas no ano 1881 en Santiago de Compostela e dirixiuno ata o ano 1887,o periódico sumase a posicións claramente rexionalistas. Os seus colaboradores foron Juan Barcia Caballero e Salvador Cabeza de León e Antonio López Ferreiro.

EL LIBREDÓN foi un periódico galego de carácter católico-tradicionalista que se fundou en 1881 en Santiago de Compostela. Os seus fundadores foron Antonio Toledo Quintela e Alfredo Brañas Menéndez. Dirixiuno primeiro Antonio Toledo ata a súa morte en abríl de 1885 e logo Alfredo Brañas ata o 1 de xaneiro de 1887. Durante o tempo en que Brañas foí director,o diario sumase a posicións claramente rexionalistas. O último director foí outro carballés chamado HERMENEGILDO CALVELO,ata que se transformou no " PENSAMENTO GALLEGO ",xa de carácter claramente carlista. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171017061148/periódico-el-porvenir-en-santiago-de-compostela align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-02-2018 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
PALACIO DE MEDINA DE LAS TORRES EN VILLAGARCIA
A primeira gran propietaria do palacete foí MARÍA EULALIA OSORIO DE MOSCOSO Y CARVAJAL,duquesa de Medina de las Torres,que foí a mecenas de Alfredo Brañas,axudandolle a pagar os estudios de Dereito en Santiago o quedar orfo,xa que era amigo intimo do seu fillo.
É de supoñer que ó cadro de José María de Fenollera que pintou a Alfredo na mecedora,se fixera no xardín botánico desta casa de Villagarcía,que se olla na foto xa en ruinas ao día de hoxe. A ría chega a casa. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171015677223/palacio-de-medina-de-las-torres-en-villagarcia-de align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-02-2018 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
RESTAURANTE " EL MANJAR " EN VIGO
Fotografía onde ollamos a entrada do Restaurante " El Manjar " na rúa Jesús Fernández nº 7 (no Calvario) ao carón da rúa Urzaiz.
Eiquí foí onde se chegou ao acordo para o traslado do LEGADO de Alfredo Brañas de Vigo para ao Concello de Carballo.A fecha foí o 27 de xaneiro do ano 2018.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171013193473/restaurante-el-manjar-rúa-jesús-fernández-7 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-02-2018 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
MARÍA EULALIA OSORIO DE MOSCOSO Y CARVAJAL
Na fotografía a Duquesa de Medina de las Torres que axudou a Alfredo Brañas o quedar orfo nos anos 1875 e correrá cos gastos de matrícula e de estancia. Era a X (decima) condesa na tabla de sucesión e chamabase MARÍA EULALIA OSORIO DE MOSCOSO Y CARVAJAL(nada en 1834 e finada en 1892).
O Ducado de Medina de las Torres era Concesión de Felipe IV do 5 enero de 1625 ao Conde-Duque de Olivares(valido do rei) e faí referencia á vila de Medina de las Torres na provincia de Badajoz.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170988544903/maría-eulalia-osorio-de-moscoso-y-carvajal align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Castillo do Ducado de Medina de las Torres en Badajoz que foí concesión de Felipe IV ao Conde Duque de Olivares.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170988839798/castillo-de-medina-de-las-torres-badajoz align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-02-2018 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA DE RAMÓN CABANILLAS A ALFREDO BRAÑAS
Na fotografía Ramón Cabanillas Enriquez,(nado en Cambados 1876-1959)é unha das figuras sobranceiras da literatura galega.
No seu libro DA TERRA ASOBALLADA ,adicalle o seguinte poema.

A BRAÑAS Dende a praia cambadesa

¡ Balcóns froridos! ¡ Olmos da " Calzada "!
¡ Vellos patíns! ¡ Mareiras " Mos de Fóra..."!
Do teu paso a lembranza ben amada
enche a viliña homilde e soñadora;

i a enxebre vós,ardente e namorada,
que anunciou da Rexión a nova aurora,
inda está prisioneira i encantada
nos carballos do monte da " Pastora " !

Cando tecendo ensonos,paseniño,
da beiramar pola deserta rúa
na silenzosa noite me encamiño,

ouso bruar o teu ¡" Erguete i anda "!
¡ E xurde un pobo que ó craror da lúa
ruxe a estrofa baril " ¡ Como en Irlanda..!"



https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170979733653/ramón-cabanillas-enriquez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-02-2018 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
CASA ONDE VIVIA ALFREDO BRAÑAS COA SÚA DONA RAMONA
Fotografía onde ollamos a Rúa Azabacheria en Santiago de Compostela a carón da Praza de Cervantes,na casa nº 5 desta rúa vivia Alfredo Brañas ao casar con Ramona Casulleras Galiana no ano 1885. Ao morrer Afredo foí misado na igrexa de San Bieito do Campo que está na praza de Cervantes a escasos cen metros da súa casa e foi soterrado no cemiterio de Nosa Señora do Rosario e pasaría logo,en 1905,a un mausoleo custeado por subscripción popular en San Domingos de Bonaval,no actual Panteón de Galegos Ilustres.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170949196183/rúa-da-azabachería-nº-5 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-02-2018 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
CADRO ORIXINAL SOBRE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
Fotografía do óleo orixinal de Alfredo Brañas,pintado por José María Fenollera;ésta obra foí donada pola familia Brañas.O cadro está exposto no despacho do Director do Instituto de Estudios gallegos Padre Sarmiento,chamado Eduardo Pardo de Guevara y Valdés(nado en Ponteceso)é un famoso historiador español.

O cadro é unha peza formidable,según a opinión do Catedrático de Arte Contemporáneo da Universidade de Vigo ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ,licenciado en Historia de Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago,ademáis de historiador e crítico de arte galego(é coleccionista de arte).
A ésta peza chámanlle o cadro viaxeiro polas veces que sae a Galerías para poder ollalo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170900996623/cadro-orixinal-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Claustro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento en San Roque nº 2 (Santiago de Compostela) onde está depositado o cadro ao óleo orixinal de José María Fenollera sobre Alfredo Brañas Menéndez.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170901145943/claustro-do-instituto-padre-sarmiento align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-02-2018 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MURGUÍA E ALFREDO BRAÑAS
Politicamente o movemento provincialista anterior dá paso agora ao Rexionalismo,con Manuel Murguía e Alfredo Brañas como principais teóricos,que demanda a descentralización do Estado e defende a personalidade histórica diferenciada de Galiza e a súa especificidade linguística.
A fotografía é de Manuel Murguía.(Relato do seu nacemento" ian cara a Pastoriza durante a romaria e en Galán a nai púxose mala de parto.Decidiron que parise na casa de Pepe do Crego,a casa dos meus avós",explica Angélica Naya " Geluca",nacida en Pastoriza en 1932,quien apunta que la casa en que nació el impulsor del Rexurdimento gallego se demolió,a finales de los 70,para construir unas cuadras. Fina Naya,nacida en 1945 en Oseiro,apunta que un gaiteiro de Carballo loituo para que non se tirase a casa","Se é hoxe seguro que non a tiran.A casa era moi grande e estaba na carretera de Oseiro,eu vivín nela ata os 21 anos,cando me casei",dice la vecina. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170806425953/manuel-murguía align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0