|
|
|
MIGUEL SOLÍS CUETOS |
|
Miguél Solís Cuetos,nado en San Fernando (Cadíz) o 27 de marzo do ano 1816 e falecido en Carral o 26 de abríl de 1846.
O que influiu nos inicios das teorías e mobilizacións rexionalistas foi o do levantamento de 1846. Especialmente importante por canto nel interviron ademais do elemento militar un considerable número de civís,que o convertiu nun fenómeno especialmente diferente e particular. Tres forzas políticas,tres grupos sociais,fixeron posible ese levantamento:
1º A Forza progresista,que máis xente aportou.
2º A Forza moderada,formaban parte militares.
3º A Forza galeguista,formada por universitarios.
Aquel levantamento,iniciouse en Lugo en abríl de 1846 en contra do goberno de Narváez e en favor da raiña isabel II. De inmediato,outras cidades(Santiago,Pontevedra,Vigo eTui),secundaron o pronunciamento iniciado polo descoñecido comandante Solís. Pouco a pouco,e diante dos escasos obxectivos militares conseguidos,a desmoralización foi total. Inmediatamente,chega a Galiza,enviado polo Goberno,o xeneral Concha quen con escasos medios militares,se enfrentou ós rebeldes do,naquel entón,autoproclamado Capitán Xeral Solís. Derrotado este,en Cacheiras o 23 de abríl de 1846,refuxiarase en Santiago con algúns dos seus seguidores;pechados en San Martín Pinario,Solís e os seus homes tiveron que renderse. O xuicio celebrouse na vila coruñesa de Carral e Solís xunto con once oficias máis,condenados a morte. Alí foron fusilados o 26 de abríl de 1846.
FINALIZADO O LEVANTAMENTO E SUPERADA A DERROTA DO PROVINCIALISMO XORDEN NOVOS ACONTECEMENTOS QUE IRÁN PREPARANDO ESA ETAPA REXIONALISTA,QUE TANTO INFLUIU ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171234466103/miguel-solís-cuetos align=left vspace=5 hspace=5 border=0>   |
|
|
|
POEMA DE ALFREDO BRAÑAS ADICADO A IRLANDA |
|
POEMA EN CATRO CANTOS REPRODUCIMOS O PRIMEIRO
NOS COMO ELES
Hai unha terra
lonxe da nosa,
como ela vere,
como ela hermosa
onde os labregos,
cultivadores,
foran escravos
dos seus siñores
¡ agora libres
rexenerados
van en camiño
de ser vingados.
IRLANDA... a isla
peira dos mares,
é a doce terra
dos meus cantares,
terra de altivos
fortes colonos,
onte inda servos,
hoxe xa donos...
Ergue,labrego! Érguete e anda!
Coma en Irlanda! Coma en Irlanda! https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171213083973/revista-gallega align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
UXIO CARRÉ ALDAO( Libreiro e escritor) |
|
" COVA CÉLTICA " é o nome que recibia o faladoiro que mantiñan dende 1893 un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista quen se reunian na Librería de UXIO CARRÉ ALDAO na Coruña a fín de debateren sobre temas relacionados con Galiza.
A REVISTA GALLEGA
Seminario gallego dominical publicado na Coruña,foí fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e acabouse de publicar en 1907. Constitúese na publicación emblemática do rexionalismo liberal da Coruña. Da súa redacción formaba parte UXIO CARRÉ ALDAO e entre moitos colaboradores figuraba ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ e EMÍLIA PARDO BAZÁN. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171212547533/uxio-carré-aldao align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Foi libreiro e escritor en lengua galega e castelán. Nado na Coruña no ano 1859 e finado en decembro na mesma cidade. Na súa imprenta aparecera gran parte dos libros dos autores galegos da época. Foi membro da LIGA GALEGA (1897),e un dos fundadores da Real Academia Galega(R.A.G.). |
|
|
|
XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO |
|
POEMA DE ALFREDO BRAÑAS . ¡ COMA EN IRLANDA!
" Ergue,labrego! ¡ Erguete e anda!
¡ Coma en Irlanda! ¡ Coma en Irlanda!"
En realidade estamos diante dun elemento recurrente na súa obra: Irlanda coma trasunto do proceso galego. Así,no capítulo VIII de El Regionalismo,baixo o título de Irlanda:sus analogías con Galicia,dí:
" Irlanda,la hermosa perla de los mares septentrionales,tan simpática á los gallegos por los recuerdos de origen,por sus aficiones agrícolas,su amor á la patria y sus desgracias políticas,es la cuna de oro de la doctrina regionalista en el norte de Europa".
A PROPÒSITO DESTA COMPOSICIÓN, XOSÉ MANUEL BEIRAS,NO SEU LIBRO POR UNHA GALICIA LIBERADA.ENSAIOS EN ECONOMÍA E POLITICA, Dí:
"Alfredo Brañas escribe un poema titulado " Como en Irlanda ",do que o seu retrouso chegaria a facerse tan popular que se trocaria de feito en dito coloquial de incitación á revolta do ser humán galego ante a adversidade de calquer caste,e que mesmo chegaría deica a sua reformulación ao pé dunha das máis célebres estampas de Castelao.Un poema que pretendía ser-e de feito érao-un canto á resistencia dunha das máis rebeldes e loitadoras nacións asoballadas de Europa,e unha chamada á emulación,na nosa Terra,dun exemplo abondo elocuente e "subversor"do Estado imperante como pra non encaixar en ningunha fórmula autonómica e non resultar dixeribel por ningún rexionalismo..."
A CUESTIÓN IRLANDESA,POIS,COMO NÚCLEO E ESPELLO DO REXIONALISMO DE BRAÑAS TODO Á VEZ QUE CENTRALIZADA Ó REDOR DO MUNDO AGRARIO E CAMPESIÑO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171210130478/xosé-manuel-beiras-torrado align=left vspace=5 hspace=5 border=0>    |
|
|
|
JOSÉ MARÍA VARELA SILVARI |
|
José María Varela Silvari naceu na Coruña en 1848 e finou en 1926,foí músico,compositor e crítico músical con catorce anos ficou a Lisboa e o seu retorno A Coruña foí nomeado director da Banda de Música de Carballo.
En 1893 puxolle música ao himno popular ¡Galicia!,escrito por Galo Salinas Rodríguez adicado a Xunta de Defensa da Coruña. En xulio de 1899 cantouse por primeira vez o himno que compuxera Varela Silvari para a Institución salesiana. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171176759538/josé-maría-varela-silvari align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
GALO SALINAS Y RODRÍGUEZ |
|
Fotografía de Galo Salinas periodista,dramaturgo e escritor,e Director do semanario " REVISTA GALLEGA ", nado na Coruña no ano 1852 e finado en 1926. Aos doce anos marchou para Montevideo,
regresando a Galiza en 1876 onde exerciu de mestre de escola concretamente en Pontedeume,deixandou máis tarde a profesión para voltar A Coruña e exercer do que lle gustaba o periodismo.
Participou nos xogos frorales de Pontevedra no ano 1880 competindo polo texto do himno co de Alfredo Brañas; o seu chamabase HIMNO POPULAR REXIONAL,composto no ano 1893 con música de VARELA SILVARI. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171168044908/galo-salinas-y-rodríguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>  |
|
|
|
FELIPE PAZ CARBAJAL |
|
Felipe Paz Carbajal foí médico e compositor nado en Pontevedra que lle puxo música o texto de Andrés Muruais Rodríguez no chamado HIMNO GALEGO que competiu no Certamen dos xogos florales de Pontevedra en 1880 onde otiveron o primeiro premio e lle gañaron o presentado por Alfredo Brañas .
Felipe naceu no ano 1850 e finou no 1918. Foi director da Banda de Música de Pontevedra moitos anos. Tamén foí nomeado no ano 1894 organista da Catedral de Compostela polo Cardenal-Arzobispo de Santiago, JOSÉ MARÍA MARTÍN DE HERRERA. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171162932698/felipe-paz-carbajal align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
ANDRÉS MURUAIS RODRÍGUEZ |
|
Andrés Muruais poeta e escritor galego,nado en Pontevedra en 1851 e finado en 1882 de tuberculosis.
Rivalizou nos Xogos Frorales de Pontevedra no Certamen dos Himnos no ano 1880 con Alfredo Brañas onde gañou un premio polo seu texto ao HIMNO a GALIZA.
Lideraba un grupo chamado O BATALLÓN DE FONSECA no que formaban parte ALFREDO VICENTI E MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.(propugnaba unha Galiza dentro de un Estado federal cantonal).
¡ ASÍ MORREU O POETA!
Recuerdo sus afanes,
sus múltiples empresas,
su amor por nuestras glorias,
su celo por las letras;
Jamas hallaba obstáculo,
su actividad inmensa
para arrastrar peligros
y combatir sin treguas
hasta alcanzar un día
el logro de una idea.
Amaba con delirio
la hermosa Pontevedra.
VERSOS ADICADOS POR ALFREDO BRAÑAS A A. MURUAIS polo seu pasamento.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171158647113/andrés-muruais-rodríguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>    |
|
|
|
HERMENEGILDO CALVELO RABUÑAL |
|
Fotografía do carballés HERMENEGILDO CALVELO RABUÑAL nado en Carballo no ano 1856 e finado en Ourense no 1918 dunha epidemia de gripe. Foí mestre,xornalista e escritor galego,exerciu de docente en Cúntis,colaborou como xornalista en 1887 no periódico EL LIBREDÓN de Santiago de Compostela que surxira en 1875 e fusionarase no ano 1881 co periódico EL PORVENIR. Alfredo Brañas estivo dende o ano 1881 até 1885 como colaborador e de 1885 a 1887 como director,até que foí relevado por outro carballés ilustre nomeado HERMENEGILDO CALVELO RABUÑAL. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171137289758/hermenegildo-calvelo-rabuñal align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Tamen foi director de tres xornais galegos: 1897 "El Ancora" (Pontevedra), 1909 "Voz de Vigo" (Vigo) e en 1917 "Diario de Orense" (Ourense). |
|
|
|
CESAR LOMBERA MORET |
|
Fotografía onde ollamos a escultura UN MARQUÉS DE LA ENSENADA de César Lombera Moret en Ferrol,é unha das últimas obras de este escultor. Podemos decatarnos que ten moito colorido semellante a obra das Marías en Santiago. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171136580273/cesar-lombera-moret align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
|
|
|