|
|
|
MANUEL LUÍS PAN COLLAZO |
|
PERSONAXES COLABORADORES DA REIVINDICACIÓN DA CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS.
Manuel Luís Pan Collazo nacido en Carballo o 27 de decembro do ano 1969,é presidente da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte.
Neste intre creou unha empresa que se adica a ordenar coleccións de fotografía antiga (CEO en PHOTTIC)que recolle,ordena e expón os fondos fotográficos de calquera persoa ou institución que queira ceder as súas imaxes a esta plataforma. Manuel Pan é unha persoa involucrada en todo o qué representa imaxe e turismo na comarca de Bergantiños. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/169113433618/manuel-luís-pan-collazo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>  |
|
|
|
TASCA A PATACA ( CORISTANCO ) |
|
Premio de 1O.OOO euros na primitiva en Coristanco que o xoves día 28 decembro 2O17 tocaron ,gracias a un boleto selado na máquina da tasca A Pataca de Mari Carmen Barca (na foto),viuva do noso colega da Promoción do 1963 LUÍS CESAR REI VALIÑO (coñecido por Chito ),finado neste ano 2O17. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/169107298093/tasca-a-pataca-coristanco align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
FERNANDO CABEZA QUILES |
|
PERSONAXES COLABORADORES DA REIVINDICACIÓN DA CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS.
Fernando Cabeza Quiles nacido en Ponferrada no ano 1953, é un polígrafo que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galiza,escribiu varios libros de toponimia,ensaios,relatos e poesia,aínda ven de publicar o ensaio " GALICIA,O GALEGO E OS GALEGOS(Editorial Toxosoutos).
Licenciado en Filoloxia Hispánica,adicase ao estudo e divulgación da toponimia galega. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168926241148/fernando-cabeza-quiles align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ |
|
De visita ao seu pobo natal Muxia no Nadal de Antón Castro Fernández o noso colaborador na reivindicación da casa natal de Alfredo Brañas.
Reseña de La Voz de Galicia- Carballo 24.12.2017
Xosé Antón Castro naceu en Muxía e, pese a que partiu tendo apenas 11 anos, a localidade ocupa aínda un lugar destacado na súa memoria. Profesor de Arte Contemporánea, comisario de exposicións e crítico de arte, entre outras cousas, di sentirse ligado «emocional e familiarmente» a Muxía dun xeito que non é doado de explicar.
Retorna dúas ou tres veces ao ano, unha delas, como non podía ser doutro xeito, para festexar o Nadal en familia.
Muxía é sempre unha parada obrigada chegado decembro.
Por suposto. O meu campamento, a miña base emocional e familiar está en Muxía, e agora moito máis, xa que a miña parella tamén é da localidade.
¿Que significado ten para vostede o Nadal?
Para min implica a evocación da memoria, e en especial dos recordos da nenez. Despois de viaxar e de residir en tantos lugares diferentes do mundo, identifícome moito con aquilo que dicía Rilke: «A miña verdadeira patria é a miña infancia».
¿Que recordos garda da Muxía da súa nenez?
Pois teño memoria ata finais da década dos 50, en plena posguerra. Teño moi presente o ano 1959, por exemplo. Lembro perfectamente esa escola marcada pola leite en po e polo queixo pestilente que mandaban os americanos polo plan Marshall. Pero tamén por aquel entón había un programa de estabilización no país, que foi cando eu comecei a ler e a soñar con outros lugares e outras realidades.
¿Como vivía entón un neno de apenas 6 ou 7 anos o Nadal?
Estas festas eran moito máis puras, no senso de que non se lle conferira aínda o sentido comercial e mediático que se lle está a dar agora. As novas tecnoloxías, ao meu parecer, acabaron co sentido tradicional do Nadal. Recordo que nos xuntábamos todos en torno á radio, que era un elemento de unión familiar, ao contrario do que sucede coa televisión hoxe en día, que actúa como dispersor.
-¿Que mudou dende entón no seu xeito de festexar?
Pois que agora teño un rapaz de 15 anos e, polo tanto, o Nadal significa estar con el. Eu creo que non debe perderse nunca a vertente emocional e identitaria destas festas, así como a tenrura que provoca o feito de celebralo en familia. Iso é algo que, en definitiva, quero transmitir ao meu neno, pese á contaminación mediática que está a haber.
¿Que balance fai do 2017?
Para min foi bastante interesante, pero é unha visión un tanto subxectiva e anodina. Estou moi satisfeito co traballo levado a cabo este ano, aínda que, se son honesto, creo que me sigue faltando que todo o traballo que eu fago teña unha utilidade social real, que a alguén lle sexa útil. Sinto moita admiración polos investigadores e os médicos, pois o que fan repercuten moito na sociedade de xeito directo.
¿Marcouse algún propósito para o ano 2018 que está a piques de comezar?
Pois a nivel persoal coido que ningún, pero si que hai moitas cousas que me gustaría mudar. Acabo de comisariar unha exposición dun artista que dicía que dentro de pouco a nosa única alternativa será colonizar Marte, xa que estamos acabando coa Terra. Iso é algo que me preocupa, e polo que todos deberíamos traballar. No eido persoal, sigo traballando moitísimo no meu campo. Por exemplo, estou preparando unha exposición sobre a historia do fútbol galego e tamén rematei fai pouco un libro sobre as primeiras obras de Picasso, que será presentado nunha feira de arte en Nueva York. Seguirei tamén viaxando e mantendo un estilo de vida saudable. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168886893483/anton-castro-fernánez align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS EN CARBALLO |
|
A CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS NA RUA CORUÑA DE CARBALLO É DO POUCO QUE NOS QUEDA DO PATRIMONIO CULTURAL NO POBO.
OS CARBALLÉSES NON DEBEMOS DE PERMITIR QUE ESA PARTE DO PATRIMONIO CULTURAL DESAPAREZCA E REIVINDICARLLE O CONCELLO QUE SE IMPLIQUE. A INICIATIVA É CON FÍN DE DARLLE DIFUSIÓN A FIGURA E A OBRA DO INTELECTUAL,ESCRITOR E POETA CARBALLÉS,E CA COOPERACIÓN COAS DISTINTAS INSTITUCIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS PRINCIPALMENTE COAS FUNDACIÓNS DE ESCRITORES DO REXURDIMENTO,PARA CONTRIBUIR A IMPULSAR UNHA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CONTINUADAS E DIVERSAS QUE POÑEN EN VALOR O SEU LEGADO SOCIAL.
A PROPOSTA XA FOI EXPOSTA NO CONCELLO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168830592518/casa-natal-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>     |
|
|
|
INTERIOR DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES |
|
Fotografía do interior do edificio do Centro Galego en Bos Aires na prestixiosa avenida Belgrano. É o TESOURO GALEGO DE BOS AIRES,garda una valiosa pinacoteca,con varios óleos de Seoane,un gran formato de Álvarez de Sotomaior,pinturas de Laxeiro,Maside ou Colmeiro e debuxos de Castelao.Non confundir co CENTRO GALICIA,fundado o 25 de xulio do ano 1979 é o gran Centro dos galegos de Bos Aires,a obra de Castelao "a Derradeira lección do mestre" pintada en 1945 conservase no Centro Galicia,xunto con algúns obxectos persoais procedentes do antigo Centro Ourensán. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168789418288/interior-do-centro-galego-de-bos-aires align=left vspace=5 hspace=5 border=0>   |
|
|
|
ÓLEOS DE VALOR NO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES |
|
Cadro ao óleo do pintor LAXEIRO,coñecido co nome a MATERNIDADE,exposto no Centro Galego de Bos Aires nun despacho da directiva. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168789213178/cadro-de-laxeiro-no-centro-galego-de-bos-aires align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
ÓLEOS DE VALOR NO CENTRO GALEGO |
|
Un dos cadros de valor que están no Centro Galego de Bos Aires e un óleo de Luís Seoane coñecido co nome os EMIGRANTES. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168789038408/cadro-os-emigrantes-de-luís-seoane align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ |
|
PERSONAXES COLABORADORES DA REIVINDICACIÓN DA CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS.
Xosé Antón Castro Fernández ,nacido en Muxia no mes de marzo do ano 1953,é un historiador e crítico de arte galego.
Licenciado en Historia do Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madríd. Foi profesor no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo. Autor de varios libros,ten unha colección de Arte,entre os que se poden ollar cadros de Laxeiro,Colmeiro,Ana de Matos ou Freixanes.
Ao día de hoxe pertence a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168750856578/antón-castro-fernández align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
PLACA DO CENTENARIO DO NASCEMENTO |
|
O Centro Galego da Galiza emigrada de BOS AIRES adicalle esta placa a ALFREDO BRAÑAS,no centenario do seu nascemento.
Esta placa foi posta na súa casa natal de Carballo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168726387503/placa-do-centenario-do-nascemento-de-alfredo align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
|
|
|