Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A SANTIÑA DE FRANCISCO ASOREY |
|
 A Casa de Galicia de Montevideo, institución de carácter social e sobre todo mutualista que naceu no ano 1917 que deu asistencia a moitos emigrantes galegos e chegou a ser unha das Asociacións máis importantes da emigración galega. Xunto co Centro Galego de Bos Aires, poden ter os días contados. No andar principal da Casa de Galicia na antesala dos despachos da presidencia, está situada a estatua da Santiña, escultura feita polo mestre Francisco Asorey, que a Institución mercou no ano 1951: que representa a encarnación simbólica da Terra.
Toda a Terra galega representada nesta figura de muller espida onde leva ao lombo como unha cruz,representado o traballo, a canga ou xugo pra xunguir os bois e a vara pra tanguelos no labor de abrir os sucos da sementeira. Co pano que levaban as nosas nais labregas na cabeza e figura espida que lle dá máis forza si cabe.
As figuras femininas de Francisco Asorey teñen forza,representando a grandeza do traballo e unha homenaxe á muller que terma da vida na ausencia do home emigrado. A talla é de madeira, duns 2 metros de altura.
31 Marzo 2022 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|