Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PERIÓDICO EL ALCANCE |
|
 O periódico e revista EL ALCANCE de Santiago con tirada diaria dende 1892 a 1898. Era un diario Católico,noticiario independiente,telegráfico e defensor dos intereses morais e económicos de Galicia,do que era fundador,dono e director ANTONIO FERNÁNDEZ TAFALL. Alfredo Brañas era colaborador do xornal, e o director Antonio Fernández e os seus amigos decidíron en 1893,adicarlle un número extraordinario,cunha gran portada na primeira páxina na que figuraría o icono de Brañas,enmarcado no seo dunha simboloxia galega.
O xornal El Alcance,reproducia o discurso de Brañas no banquete celebrado en honor dos poetas laureados nos Xogos Frorais de Barcelona. Aparecen nomeados no xornal os seus amigos mais intimos,Xoán Barcia Caballero e Salvador Cabeza de León,ademáis de Manuel Murguía, quen en vez de falar de Brañas,como estaba claro que debia facelo, saíun cunha evocación da xuventude e a esperanza nos novos rexionalistas. A portada do dibuxante Xosé Pena da Revista EL ALCANCE ,realza unhas follas de acanto como adorno, sobre o que se asenta o busto de Alfredo Brañas, nun cartel con cravos que realzan a obra.
Colaboraron con Alfredo Brañas neste diario, Antonio Novoa Velázquez,Enrique Labarta Pose e Barcia Caballero. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|