Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O´ABELLÓN (POEMAS EN GALLEGO ) 3
Houbo xogos de prendas a barullo
onde tantos manearon o bandullo,
que arrematóu algún por gomitar,
e as nenas xa mareadas da conciencia
impúñalles o xogo en penitencia
nas meixelas da morta ir a bicar.
Collidas pola man os concurrentes,
e fungando baixiño e entre os dentes,
foron da morta á triste habitación,
e voltando ó redor da defuntiña,
o vello,a vella,o mozo e a mociña
fungaban como funga un abellón.
¡Pobre de aquel que dese algunha fala
ou de bulir deixase pola sala!...
¡Siñal era de morte non fungar!...
As honras do abellón son tan precisas
como son para os cregos moitas misas
e o gando e o ligón para labrar.
O redor do cadavre da velliña
deron volta os mociños tan axiña,
que o piso emprincipióu a manear,
e co peso quizáis de tanta xente
afundironse as táboas de repente
e todos a un cortello foron dar.
-¡A de Deus! ¡A de Deus!algúns berraban
que boca abaixo dun puntón colgaban
ou caíran feridos contra o chan.
As rapazas erguianse doidas
e outras,coas pernas xa medio rompidas
chamaban polo cura e o sacristán.
Unha vella caia escarranchada
facéndose ó caer unha esmechada
no curuto da testa,e o mirar
que mesmo polo aire enriba dela
viña con caixa e tapa a tia Sabela,
quedóu morta no sitio sin falar.
Un mozo dende arriba caiu en baixo
envolto co a cabeza no refaixo
de unha rapaza linda coma un sol,
e feitos un novelo os dous collidos,
cando deron no chan esmorecidos,
ela caiu en duro e el en mol.
Os berros cando o piso se desfonda
oianse en tres leguas a redonda...
A xusticia nun verbo alí chegóu;
polo seu mando foron recollidos
a vella morta e os demáis feridos,
e todo asosegado se quedóu.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0