Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O´ABELLÓN(POEMAS EN GALLEGO) 4
Que vente ou xie,faga sol ou chova,
xa non houbo outra cousa en Vilanova
por moito tempo máis de que falar,
pero xuncras me leven se as rapazas
e os mozos do abellón indo hoxe trazas
teñen polo que eu sei de escramentar.
Non hai festa sin gaita nin foguetes,
nin capa vella que non teña setes,
nin morto sin enterro nin abellón...
A familia o seu creto perderia
sin facer esa triste romeria
que as cordas fan xemir do corazón.
E por parte da infancia que os parentes
recollen se non dan esas enchentes,
o difunto do seus se esquecerá;
e pois xa que as súas cinzas non honraron,
os amigos que en morte asi o burlaron,
a todos dende o ceo maldicirá.
E logo a mocedá precura axiña
que donde haxa difunto ou difuntiña
se faga un abellón para loitar;
e entre tumbos e bicos,eles e elas,
andan todos alí as apalpadelas
esmagando a moral nese apalpar.
¡A familia do morto deshonrada!
¡Este sofrindo!...¡ A mocedá noxada!
ver eiquí o que esprica o abellón,
esa festa tal vez das máis xudias
que no lindo e vizoso país das Rias
é costume,feitizo e corrupción.
¿Que padrican os cregos nas eirexas
que permiten costumes tan anexas
no sigro dos aramios e da lus?
¡Nin que fora Galiza a moureria!..
non se fai cousa tal inda hoxe en día
na terra do serrallo e o alcuscús!
Acaben de unha vez esas romaxes,
esas festas do demo,eses salvaxes
runflas dos mesmos mortos a carón..
Como galego enxebre agora falo,
e xuro que antes morro o pé dun valo
que volver outra noite a un abellón.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0