Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VERSOS EN GALEGO DE ALFREDO BRAÑAS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172271057038/versos-en-galego-de-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

"O Abellón"
(Alfredo Brañas 1.884)
Unha noite de inverno en que eu estaba
nun tallo xunto ó lume e me quentaba
maus e pes, dito seia con perdón,
sintín petar con forza á miña porta,
e coidando houbese algunha liorta,
fun abrir cun fungueiro e cun tizón.

Desfechéi e topéime co fociño
de Alifonso, do fillo de Goriño,
que é por certo un garrido e bon rapás.
Viña calado e feito un churumicas
porque morrera a tía das Furrucas,
que ó amañecer lle dera un paratrás.

Falamos da difunta, que era boa,
e morreu sin caérselle unha moha,
e deixa algúns cartos e un cebón.
Dimpóis que de este xeito parolamos,
dixo moito Alifonso: Agora vamos
a velala esta noite no abellón.

Moitos cicais no seipan causemente
ó que chama abellón a nosa xente
das Rías no país encantador.
Como unha forma abonda para proba,
contaréiche o que vin en Vilanova,
un día do abellón, caro lector.

Tremando co friaxe, eu e Alifonso,
dempóis de marmullar dentro un responso,
botamos a correr hastra abafar,
e chegamos a casa da difunta,
onde estaba a familia toda xunta
con mantelos coberta ó pé do lar.

Crebaba o corazón en cen anacos
ver chorar ás sobriñas, os seus fracos
corpos de bimbia en forma de delor
retorciánse loucos, e os seus berros
semellaban aqueles que os becerros
botan ó ir pra feira no calor.

-¡Adiós tía Sabela!... lle decían
a tempo que na cara as máns batían.
-¡Adiós miña vidiña, adiós meu ben!...
¡Ai, adiós para sempre miña tía!
¡Xa se acabóu a tua romería!...
Xa nunca peixe levarás pro tren!...

-¡Adiós tía Sabela Alvarez Ponte,
Cabuxa de mal nome; inda nantronte
con que noxo botácheme un carai!...
¡Que man te dabas a limpar sardiñas!
¡Xa que fuches de cabo á túas sobriñas,
dalle moitas mamorias a seu pai...!

Pouco a pouco viñeron moi calados
tíos, curmáns, parentes e achegados
e mesmo si fora en procesión...
e nun cuarto que está cerca da morta,
a rempuxóns entraron pola porta
as mociñas e os mozos do abellón.

Sentáronse no chan todos á roda;
o rapaz ca rapaza se acomoda,
cal si fora unha festa a escomenzar,
e por máis que cheirase a tía Sabela,
imprincipióu ás nove a larpadela
dimpóis que se acabara de rezar.

Primeiro unha garrafa de augardente
corréu de man en man, logo unha enchente
de sardiñas salgadas se tomóu;
e no prebe das mesmas... ¡cousa boa!
fixeron sopas con algunha broa
que enriba dos mantés se esnaquizóu.

Os noivos xa picados ca bebida
apertaban a noiva esmorecida
en contra do seu peito con amor,
e alí loitando a xuventú se axunta,
entramentes no cuarto da difunta
¡soio había un silencio aterrador!

Houbo xogos de prendas a barullo
onde tantos manearon o bandullo,
que arrematóu algún por gomitar,
e as nenas xa mareadas da concencia
impúñalles o xogo en penitencia
nas meixelas da morta ir a bicar.

Collidos pola man os concurrentes,
e fungando baixiño e entre os dentes,
foron da morta á triste habitación,
e voltando ó redor da defuntiña,
o vello, a vella, o mozo e a mociña
fungaban como funga un abellón.

¡Pobre de aquel que dese algunha fala
ou de bulir deixase pola sala!...
¡Siñal era de morte non fungar!...
As honras do abellón son tan precisas
como son para os cregos moitas misas
e o gando e o ligón para labrar.

O redor do cadavre da velliña
deron volta os mociños tan axiña,
que o piso emprincipióu a manear,
e co peso quizáis de tanta xente
afundíronse as táboas de repente
e todos a un cortello foron dar.

-¡A de Deus! ¡A de Deus! algúns berraban
que boca abaixo dun puntón colgaban
ou caíran feridos contra o chan.
As rapazas erguíanse doidas
e outras, cas pernas xa medio rompidas,
chamaban polo cura e o sacristán.

Unha vella caía escarranchada
facéndose ó caer unha esmechada
no curuto da testa, e o mirar
que mesmo polo aire enriba dela
viña con caixa e tapa a tía Sabela,
quedóu morta no sitio sin falar.



Un mozo dende arriba caiu en baixo
envolto co a cabeza no refaixo
de unha rapaza linda coma un sol,
e feitos un novelo os dous collidos,
cando deron no chan esmorecidos,
ela caiu en duro e el en mol.

Os berros cando o piso se desfonda
oíanse en tres leguas a redonda...
A xusticia nun verbo alí chegóu;
polo seu mando foron recollidos
a vella morta e os demáis feridos,
e todo asosegado se quedóu.

Que vente ou xie, faga sol ou chova,
xa non houbo outra cousa en Vilanova
por moito tempo máis de que falar,
pero xuncras me leven se as rapazas
e os mozos do abellón indo hoxe trazas
teñen polo que eu sei de escramentar.

Non hai festa sin gaita nin fogetes,
nin capa vella que non teña setes,
nin morto sin enterro nin abellón...
A familia o seu creto perdería
sin facer esa triste romería
que as cordas fan xemir do corazón.

E por parte da infamia que os parentes
recollen se non dan esas enchentes,
o difunto do seus se esquecerá;
e pois xa que as súas cinzas non honraron,
os amigos que en morte así o burlaron,
a todos dende o ceo maldicirá.

E logo a mocedá precura axiña
que donde haxa difunto ou difuntiña
se faga un abellón para loitar;
e entre tumbos e bicos, eles e elas,
andan todos alí as apalpadelas
esmagando a moral nese apalpar.


¡A familia do morto deshonrada!
¡Este sofrindo!... ¡A mocedá noxada!
vel eiquí o que esprica o abellón,
esa festa tal vez das máis xudias
que no lindo e vizoso país das Rías
é costume, feitizo e corrupción.

¿Que padrican os cregos nas eirexas
que permiten costumes tan anexas
no sigro dos aramios e da lus?...
¡Nin que fora Galicia a mourería!...
Non se fai cousa tal inda hoxe en día
na terra do serrallo e o alcuscús!

Acaben de unha vez esas romaxes,
esas festas do demo, esas salvaxes
runflas dos mesmos mortos a carón...
Como galego enxebre agora falo,
e xuro que antes morra o pé dun valo
que volver outra noite a un abellón.

--O Avellón, Teatro Principal,A Coruña,accésit(100 exemplares impresos)no Certame Literario que tivo lugar no Teatro Principal,o 24 de agosto de 1884,pola Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0