Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VERSOS GALEGOS " De Troula "
IV

De tróula

Hai en moitos pobos
un certo costume
de andar esta noite
bulrando os veciños
que dormen en paz;
ou ben estragando
paseios e calles
con mil falcatrúas
que vou á contar.

Na vila en qu´eu vivo
inda hai señoritos
que levan nun cazo
negrumo con auga,
e con él se van
ás casas dos ricos
i alí na fachada
lles pintan o mote
que tén algún déles
ben posto en verdá ...

Relémbrome agora
qu´a un tal Manzanilla
pintábanlle a cunca
que tiña un letreiro
qu´o daba a entender.
I un tal Raposiño
o bicho lle puñan
cun rabo moi largo
e tras das galiñas
botando a correr(1)

A un xenio de demo
siñor Cinco tripas,
pintáronlle un home
que noutro cravaba
un fero puñal
I Anguéla María
á un Xan que falaba
con tal muletilla
i a outro con :


¡No tenemoz ná ... (2)
¡Careño ... Puñales ! (3)
á un que así xuraba ...
Pépé ... pé ... a un tatexo (4)
i a outro Habanero (5)
que rico se fai ...
I hastra nunha casa
d´antigua tertulia
pintaron ?Colexio
de nenas vestales?
¡Que xa foi pintar ! ...(6)

Os mozos arrincan
tamén nesa noite
os bancos de pedra
qu´están nos paseios,
i os albres en frol
i están ós martilos
das portas das casas,
ou poñen atrancos
que estorben abrilas
ó espuntal o sol.
Alguns mais ousados
dan ós seus amigos
mil gromas e levan
das casas as sillas,
almohadas, colchons;
ou trocan as cousas
de váreas moradas
que mete entre todos
os que son roubados
un barullo atrós.

I en tanto nas calles
s´alcontran parrandas,
i as xentes que veñen
de mirar as froles
qu´en noite felís
seus cálices lindos
abrían as doce,
e deles salían
soavísimos cheiros
d´ignoto máis.

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0