Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ |
|
De visita ao seu pobo natal Muxia no Nadal de Antón Castro Fernández o noso colaborador na reivindicación da casa natal de Alfredo Brañas.
Reseña de La Voz de Galicia- Carballo 24.12.2017
Xosé Antón Castro naceu en Muxía e, pese a que partiu tendo apenas 11 anos, a localidade ocupa aínda un lugar destacado na súa memoria. Profesor de Arte Contemporánea, comisario de exposicións e crítico de arte, entre outras cousas, di sentirse ligado «emocional e familiarmente» a Muxía dun xeito que non é doado de explicar.
Retorna dúas ou tres veces ao ano, unha delas, como non podía ser doutro xeito, para festexar o Nadal en familia.
Muxía é sempre unha parada obrigada chegado decembro.
Por suposto. O meu campamento, a miña base emocional e familiar está en Muxía, e agora moito máis, xa que a miña parella tamén é da localidade.
¿Que significado ten para vostede o Nadal?
Para min implica a evocación da memoria, e en especial dos recordos da nenez. Despois de viaxar e de residir en tantos lugares diferentes do mundo, identifícome moito con aquilo que dicía Rilke: «A miña verdadeira patria é a miña infancia».
¿Que recordos garda da Muxía da súa nenez?
Pois teño memoria ata finais da década dos 50, en plena posguerra. Teño moi presente o ano 1959, por exemplo. Lembro perfectamente esa escola marcada pola leite en po e polo queixo pestilente que mandaban os americanos polo plan Marshall. Pero tamén por aquel entón había un programa de estabilización no país, que foi cando eu comecei a ler e a soñar con outros lugares e outras realidades.
¿Como vivía entón un neno de apenas 6 ou 7 anos o Nadal?
Estas festas eran moito máis puras, no senso de que non se lle conferira aínda o sentido comercial e mediático que se lle está a dar agora. As novas tecnoloxías, ao meu parecer, acabaron co sentido tradicional do Nadal. Recordo que nos xuntábamos todos en torno á radio, que era un elemento de unión familiar, ao contrario do que sucede coa televisión hoxe en día, que actúa como dispersor.
-¿Que mudou dende entón no seu xeito de festexar?
Pois que agora teño un rapaz de 15 anos e, polo tanto, o Nadal significa estar con el. Eu creo que non debe perderse nunca a vertente emocional e identitaria destas festas, así como a tenrura que provoca o feito de celebralo en familia. Iso é algo que, en definitiva, quero transmitir ao meu neno, pese á contaminación mediática que está a haber.
¿Que balance fai do 2017?
Para min foi bastante interesante, pero é unha visión un tanto subxectiva e anodina. Estou moi satisfeito co traballo levado a cabo este ano, aínda que, se son honesto, creo que me sigue faltando que todo o traballo que eu fago teña unha utilidade social real, que a alguén lle sexa útil. Sinto moita admiración polos investigadores e os médicos, pois o que fan repercuten moito na sociedade de xeito directo.
¿Marcouse algún propósito para o ano 2018 que está a piques de comezar?
Pois a nivel persoal coido que ningún, pero si que hai moitas cousas que me gustaría mudar. Acabo de comisariar unha exposición dun artista que dicía que dentro de pouco a nosa única alternativa será colonizar Marte, xa que estamos acabando coa Terra. Iso é algo que me preocupa, e polo que todos deberíamos traballar. No eido persoal, sigo traballando moitísimo no meu campo. Por exemplo, estou preparando unha exposición sobre a historia do fútbol galego e tamén rematei fai pouco un libro sobre as primeiras obras de Picasso, que será presentado nunha feira de arte en Nueva York. Seguirei tamén viaxando e mantendo un estilo de vida saudable. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/168886893483/anton-castro-fernánez align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|