Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estatua de Alfredo Brañas
Alfredo Brañas estuda en Santiago o bacharelato no Instituto e a carreira de Dereito na Facultade,que remata en 1878. No ano 1889 editase en Barcelona o seu libro O REGIONALISMO.
En 1885 casa con Ramona Casulleras Galiana,vivian na Rúa da Azabacheria número 5,morríu o 21 de febreiro de 1900,con 41 anos,foi enterrado no cemiterio de NOSA SEÑORA DO ROSARIO ,e en 1905 pasaria a SAN DOMINGO DE BONAVAL,que está ao lado,custeado por subscripción popular no actual Panteón de Galegos Ilustres.
Na tumba hai unha incripción que dí:
Aqui yaz Alfredo Brañas,bo cristiano,agarimo a terra gallega,sabido maestro na Escola compostelana.Deus o teña no ceo.Naceo Janeiro 11.1859.Finou febreiro 21-1900.
Na obra El Regionalismo que ten como feito máis destacado a revolta de 1846 que da lugar Os mártires de Carral.Prononciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibíu no seu Carballo natal o 9 de marzo de 1890.O día seguinte en Santiago nun discurso dixo "Brindo e dou gracias o meu querido pobo natal de Carballo que me proporcionou o maior pracer da miña vida,coa súa cariñosa felicitación.
Con motivo do centenario do nacemento en 1959 realizase unha homenaxe a Brañas.organizada polo Concello de Carballo,que presidia Gregorio Chillón de la Fuente.Asistiron entre outros o avogado carballés Manuel Pazos Abelenda e Angel Gonzalez Brañas sobriño seu.En febrero de 2005 colocase un monumento na rúa Coruña,diante da súa casa natal,polo escultor César Lombera,autor entre outras obras dos monumentos As Marias de Santiago ou a de Valle-Inclán na mesma cidade.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153222941218/estatua-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-11-2016 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0