Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Profesora Visi
A foto pertencente a profesora de literatura Visi (chamada senorita Visi)Dña Visitación Sanchez Fernandez nacida en el año 1915 y fallecida en el año 2008 a los 93 años,que nos deu clase durante o noso Bachiller. A profesora de Literatura no Bacherelato que cariñosamente chamabamos Señorita Visi,deixou en nós unha moi grata pegada e hoxe lembrámola como unha das nosas docentes maís queridas e admiradas .Ela púxonos en evidencia que a educación é un dos bens maìs importantes que recibimos nos nosos pais e nais,mais que debe ser confirmada e completada nas aulas,pois é nelas onde pasamos màis horas durante os decisivos anos da nosa formación.Dese modo,os profesores e as profesoras convértense en moito mais do que transmisores de coñecemento e co seu transcendente labor pedagóxico axúdannos a dar sentido ás nosas vidas e a sermos mellores persoas.A Señorita Visi foi unha das que mellor soubo interpretar esa nobre misión docente e coa súa palabra e co seu exemplo axudounos a transformar as nosas vidas e a nos convertemos en mulleres e homes mellor preparados para enfrentarmos as dificultades da vida.Nunca esqueceremos o exemplo de coherencia que nos legou e xamaís deixaremos de lle agradecer a práctica da súa máxima que ninguén debe ficar atrás por moito que sexa o custo e de que a letra entra moito mellor con comprensión e agarimo que con sangue.

Escrito por JOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO


http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/148205884773/la-profesora-visi align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Profesores - Publicado o 31-07-2016 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0