Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
HISTORIA DA VIDA CARBALLESA |
|
Nas páxinas do xornal ¨ O Eco de Bergantiños?, xornal fundado e editado polo seu propietario D. Gervasio Varela en 1909 publicouse a historia retrospectiva da vila carballesa . O seu cronista foi D. Ramón Varela , alcalde de Carballo. Comezou a escribir unha crónica a partir do número 10 e sempre na páxina número 5 . O coñecese quén foi o seu autor grazas a outro xornal que naceu no 1920 e nomeabase ? El lunes ? .
Dí así : O primeiro dato é que ata o ano 1836 non existía este pobo . Só existía a parroquia de San Xoán de Carballo formada polos lugares chamados BARREIRA , BREA , CERNIDE , GRELA , LAGOA , LOUREIROS , MONTE , OUTEIRO , é QUINTÁNS.A BREA era un dos máis antigos de Carballo,xunto con Cernide e á Lagoa. a súa toponimia podia ser VEREDA,xa que un antigo camiño que viña da Coruña ata Finisterre o a Santiago pasando por Verdillo e a Brea e Ponte Rosende,chamado CAMIÑO REAL. Estos camiños reales eran antigamente os camiños do rey,por donde non pagaban impostos ao pasar.
Ainda que no que hoxe é vila non existían mais que os Baños Vellos cuns ranchos pra dar albergue no vran a bañistas , chamados Hospitalillos. Onde se atopa a ponte da Lagoa , construido no ano 1876 , existía outro derruido coa ocasiòn dunha grande riada que aconteceu no ano 1874 . As casas que había no 1876, aparte dos ranchos destinados ós bañistas, eran a Goubea -onde reside é ten a sua fonda e comercio don Guillermo Castro- outra , a existente ainda frente a plaza da Libertade. Estas dúas estaban xunto ás que habitaba Dª Rosa Castro Mato é Don Constantino Gundín e Dª Josefa Sanz , na rua do Hórreo. Outra onde rematou de construir a súa o Sr Rego , e outras na parte alta do mercado, pola traseira e polo vento Este da que na plaza da Libertade habita Dª Vicenta Astray. Nunha desas habitaba e tiña a sua labranza D. Xosé García Cancela . Se xuntamos todas esas casas mais as construidas ao amparo do movemento que xenerou o Xuzgado de primeira instancia e despois o concello foron as que deron nome a esta vila. Antes deste movemento os veciños eran considerados como da Lagoa .
O Concello formouse e fixose público nun edicto inserto no Boletín Oficial do 17 de septembre do 1836 . O primeiro xuiz foí D. Jose Vázquez de Parga, que no 1838 acudiu o campo da feira de Verdillo mandando un número considerable de Nacionais para abatir a unha partida de facciosos que por alí merodeaba. Desta trifulca resultaron fracasados os nosos paisanos e apresado o Sr Vázquez de Parga ,que os rebeldes conduxerono ó monte de Arzúa , onde o matarón con escarnio .
Volvendo ao primeiro aserto concluimos que este pobo formouse dende o momento en que se constituiu o Xuzgado de primeira instancia e estableceuse o Concello na data do 4 de setembro do ano 1836 .No ano 1777 Carballo da Arriba o xerme do municipio estaba xa diferenciado,a carretera AC-552 ata o ano 1875 non aparecería feita en tramos.
   |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|