Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASA DA FAMILIA BRAÑAS EN CAMBADOS

Na casa que ollamos na foto situada na PRAZA ALFREDO BRAÑAS é onde residiu a familia Brañas durante á súa estadía no Concello de Cambados,onde exerceu de Registrador da Propiedade ata o seu pasamento o pai de Alfredo.A súa familia trasladouse a súa morte á Santiago de Compostela.
-Este edificio foí casa do Concello,logo escola.
Ao día de hoxe pertence a unha familia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-08-2019 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
PRAZA ALFREDO BRAÑAS EN CAMBADOS

Praza ALFREDO BRAÑAS en Cambados,adicada ao seu fillo adoptivo. Antiga Praza da Constitución.

Nota: Ollase o fondo a placa,encima do toldo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-08-2019 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
CEMITERIO DE SANTA MARIÑA DOZO

Ruinas de Santa Mariña Dozo (Cambados),igrexa construida no século XV sobre unha capela románica do século XII. De estilo gótico mariñeiro con trazos renacentistas,conserva catro arcos transversales románicos,cinco capelas laterais,a capela maior e á sacristia. O atrio alberga o máis melancólico camposanto do mundo según verbas de Álvaro Cunqueiro.Neste camposanto están enterrados o pai de Alfredo Brañas,que era Registrador da Propiedade na vila Vicente María Brañas Balseca(copia literal do orixinal que se atopa no Rexistro Civil de Cambados,acta de defunción o 30 de agosto do ano 1874;causas da morte convulsión epiléptica. Tamén está a súa irmá Luisa Brañas Menéndez( bautizada o 3 de febreiro do ano 1863 nesa igrexa de Santa Mariña de Dozo e tamén enterrada na mesma o 2 Outubro do ano 1866.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-08-2019 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONCELLO DE CAMBADOS

-- Co obxetivo de irmanar ós Concellos de Carballo e Cambados,fixose o día 18 de agosto do 2019 a entrega do libro " O REXIONALISMO " de Alfredo Brañas Menéndez,traducido o galego polo filólogo Antonio Pichel Lorenzo co limiar de Xosé Ramón Barreiro Fernández, no Concello de Cambados (recibido como se olla na foto pola alcaldesa Fátima Abal Roma).
--O pobo de Cambados foí a terra de Alfredo Brañas na súa infancia cando marchou de Carballo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-08-2019 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
LEOPOLDO PEDREIRA TAIBO
Leopoldo Pedreira Taibo,quen no ano 1894 tiña publicado EL REGIONALISMO EN GALICIA (editado en Madríd),no que Eduardo Pondal non saíu ben parado.
Eduardo Pondal replica cunha descualificación baseada nunha eiva fisica. Non estuvo a maior altura o propio Leopoldo Pedreira,que non dubida en mofarse da gordura da condesa Emilia Pardo Bazán,cando sinala que os seus moitos admiradores a excepción do pontecesán alaban con preferencia los datos intelectuales y morales de doña Emilia que valen exactamente lo mismo que sus magnificencias fisicas.
Temos aínda outro documento que proba o desprezo de Eduardo Pondal por Leopoldo Pedreira. É unha nota explicativa a propósito da versión longa da CAMPANA D´ANLLÓNS para o xornal coruñés EL NOROESTE. Nela o poeta búrlase das acusacións de plaxio feitas polo padre Blanco García e por Leopoldo Pedreira,ao que denigra co mesmo insulto que no poema.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-08-2019 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
LEOPOLDO PEDREIRA TAIBO( INIMIGO DE ALFREDO BRAÑAS)
Na fotografía LEOPOLDO PEDREIRA TAIBO, catedrático de Geografía e Historia que foi de Canarias,
Baeza,Cuenca e da Coruña. Escritor e periodista nado na Coruña no ano 1869 ,no seu libro " O REXIONALISMO EN GALICIA" onda na páxina 16 referiuse á ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ " obtuso intelecto de Brañas ". Leopoldo Pedreira foi un dos seus máis grandes inimigos de Brañas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-08-2019 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN DE MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA
Presentación de Miro Casabella no Pazo da Cultura de Carballo da partitura que fixo do poema escrito en galego por Alfredo Brañas titulado LEMBRANZAS a o cal lle puxo música Miro.
Esta poesía de costumes galegas,foi premeada coa rosa de prata e ouro no Certáme galego Literario que se celebrou en Pontevedra no día 9 de agosto do ano 1886. Dicia así:
---¿Quén pode esquencer de vello
---os seus tempos de rapás?
---¿Quen pode esquencer a noite
---a noitiña de San Xoán
---co seu séquito de bruxas,
---fogueiras,baños no mar,
---augas de rosas,parrandas,
---troulas,bailes..i ainda máis?
---¡Si hasta vellos como somos
---ós fogos imos brincar !...
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
XOCALOMA Y CASABELLA,CON BRAÑAS

Parte de Xocoloma asistiu a Roda de Prensa na presentación do Concerto musical no Pazo da Cultura de Carballo,que se celebrará adicado a figura de Alfredo Brañas Menéndez. O autor do Rexionalismo farase presente como poeta nostálgico do San Xoán,a festa carballesa por excelencia.
Miro Casabella escribiu unha partitura pra LEMBRANZAS e dese traballo saliu o tema A VÉSPERA DE SAN XOÁN.Non é a primeira vez que a música se funde coa vea poética de Brañas,máis coñecido na súa versión política.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

Fotografia onde ollamos a foto de MIRO CASABELLA na súa actuación no Pazo da Cultura en Carballo onde recita unha cantiga. Esa mesma xornada presentou co grupo carballés Xocaloma a partitura que musicou de Alfredo Brañas Menéndez,nominada LEMBRANZAS( A VÉSPERA DE SAN XOÁN )na data do 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
GRUPO XOCALOMA NO PAZO DA CULTURA

MIRO CASABELLA E XOCALOMA,estrean o poema en galego,escrito por ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ " A VÉSPERA DE SAN XOÁN" no Pazo de Cultura de Carballo o día 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0