Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OBRA TEATRAL DEDICADA A BRAÑAS

A obra de teatro A FONTE DO XURAMENTO (1882),dedicada á ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ , é unha peza teatral de FRANCISCO MARÍA DE LA IGLESIA, considerada a primeira obra representada en galego no ano 1882.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 25-03-2021 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
URBANO GONZÁLEZ VARELA (Pintor de Brañas )

Urbano González Varela nado en Santiago( 1868-1906),pintor,escritor e poeta,formouse na escola de Bellas Artes da Habana(Cuba),cidade na que habían ficado seus pais no ano 1879,onde seu pai foi fundador do Centro Galego. No ano 1890 regresou a Galicia,onde estuvo vinculado ao movemento rexionalista,destacando ademáis de pintor na producción literaria,onde acadou un premio nos Xogos Frorais de Tui en 1891. Logo no ano 1897 colaborou co escultor Landeira na realización da lápida adicada aos Héroes do Batallón Literario de 1808 na praza da Quintana en Santiago de Compostela.Era irmán de Pura,dona de Manuel Lugrís Freire ; realizou os lienzos para o Paraninfo da Universidade de Santiago nos que tamén participou José María de Fenollera Ibañez dende 1904 ata 1906 onde aconteceu a súa morte.

NO ANO 1900 PINTOU O RETRATO QUE OLLAMOS NA FOTO DE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 24-03-2021 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DO LEGADO DE BRAÑAS NO INSTITUTO I.E.S

Parte do legado de Alfredo Brañas Menéndez,foi exposto temporalmente,no Instituto carballés que leva o seu nome. Inaugurada no día de onte polo alcalde de Carballo,Evencio Ferrero e os concelleiros de cultura a exposición no Centro educativo que acaba de cumprir 50 anos de existencia.

Carballo 23 marzo 2021
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 24-03-2021 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS " PROLOGUISTA " 3
Alfredo Brañas aparece como prologuista nesta obra de Enrique Labarta Pose, BÁLSAMO DE FIERABRÁS, colección de versos en gallego y castellano,con un prólogo de Alfredo Brañas,libreria de Fernando Fe. Madrid 1889. Tela, editorial ilustrada 20 por 14 cm.con 281 paxinas.
Alfredo Brañas escribiulle a Enrique Labarta o extenso limiar co que abre o poemario bilingue Bálsamo de Fierabrás. Brañas conta nel as anécdotas e andanzas de Enrique Labarta durante a súa etapa como alumno universitario do Quevedo galego.
O orixinal de esta obra dedicado a Brañas está no Legado do autor carballés entregado ao Concello de Carballo.

Nota: Bálsamo de Fierabrás, panacea cervantina,relatase no Quixote,por poción de aceite,viño,sal e romeo.

Santiago 24 de Xunio de 1889
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2021 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
FALECEMENTO DE XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ

Falece o historiador XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ,foí un dos intelectuais de maior prestixio de Galicia; expresidente da Real Academía Galega, nado en Ribeira no ano 1936,finou a pasada madrugada na Coruña.
Era catedrático de Historía Contemporanea da Facultade de Xeografía e Historía da Universidade de Santiago de Compostela.
O tesoreiro que formou parte da Asociación Cultural Alfredo Brañas de Carballo no ano 2019,manifesta o fondo pesar pola perda do profesor Barreiro, xa que estuvo comprometido coa Institución á que fixo o prólogo da obra o REXIONALISMO de Alfredo Brañas,obra editada pola Deputación da Coruña e traducida ao galego polo filólogo Antón Pichel.
Asistiu a Carballo acompañado do presidente da Real Academía Galega, Victor F. Freixanes,onde exerceu un papel destacado na divulgación da figura de Brañas.
--Recordo a anécdota,cando lle pedín si era posible facer o limiar da obra de Brañas " O REXIONALISMO " que iba ser traducido ao galego : e contestoume que por ¡ Brañas e Carballo fago o que sexa ! .

Carballo 18 marzo 2021
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2021 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS " PROLOGUISTA " 2

Alfredo Brañas Menéndez,aparece como prologuista nesta obra de Manuel Rodríguez y Rodríguez, ESTUDIO CLÁSICO SOBRE EL ANÁLISIS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (1891 ).

Obra dedicada: A la Ilustre escritora gallega Dª Emilía Pardo Bazán dedico este ejemplar su affmo. s.s.g.b.s.p

Es propiedad del autor

Manuel R. Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-03-2021 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS " PROLOGUISTA "

Alfredo Brañas Menéndez,aparece como prologuista na obra " ENSAYOS POÉTICOS de Enrique Pérez Ardá en Santiago de Compostela, ano 1899.
Obra poética con tipografía galaica; encuadernación rústica de 92 páxinas,con dimensións aprox: 120 por 165 mm, e con precio de unha peseta.

Ollamos unha das poésias de Enrique Pérez Ardá:

--ENVIDIA DE LAS ROSAS,
--LA PRIMERA ENTRE TODAS LAS BELDADES,
-¿ESCUCHARÁS MI VOZ? FELICIDADES.
--NADIE PUEDE IGUALARTE,
--NI YA SIQUIERA EN TU MENOR ENCANTO
--Y YA QUE HOY ES TU SANTO
--Y AUNQUE QUIERA NO PUEDO CORONARTE,
--HE DE FELICITARTE
--ENVIDIA DE LAS ROSAS,
--PROCLAMÁNDOTE REINA DE LAS DIOSAS.

La Coruña 25 de agosto de 1899
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-03-2021 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS DE SANTIAGO

El presidente da la Xunta recupera a Romay para la Fundación ALFREDO BRAÑAS, el laboratorio de ideas del PP. Foi Manuel Fraga quen no ano 1983 impulsou xunto con Filgueira Valverde e Suárez Núñez á FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS, un foro creado pra reivindicar á obra e o pensamento do autor do Rexionalismo (1889), e tamén pra darlle alimento ideolóxico a un PP galego que sempre conciliou o galeguismo coa unidade de España e á apertura de miras hacia Europa. O comité executivo do PP de G,reunido onte en Santiago,decidiu adscribir esta entidade ao partido.
O presidente da Xunta aproveitou a súa intervención para agasallar a figura de Alfredo Brañas como catedrático de Economía Política que enhebrou fai máis de cen anos o ideario do actual PP de G, un galleguismo que non divide, senón que é aberto e integrador.

Santiago 14 Marzo 2021
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-03-2021 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
BUSTO DE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ

Busto de Alfredo Brañas Menéndez,feito con barro de Buño e coa peana do cedro derribado no xardín polo temporal do inverno.
A peza forma parte do Legado de Brañas en poder do Concello de Carballo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-03-2021 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
LEGADO DE ALFREDO BRAÑAS

O Instituto ALFREDO BRAÑAS,expondrá parte do legado do autor que lle dá o nome.
O Concello cediu temporalmente algo do material que foi donado polos descendentes do carballés ALFREDO BRAÑAS.
Coincidindo con 50 Aniversario do I.E.S Alfredo Brañas onde expondrá parte do seu legado. En resposta a petición feita polo Instituto ao Concello na persoa do Alcalde eo técnico de cultura,entregaron onte o material á directora do centro Monica Mariño. Na entrega ollamos unha primeira edición do Rexionalismo adicada por Brañas a súa nai Celestina; un exemplar de Bálsamo de Fierabrás,rubricado por Enrique Labarta Pose e un volumen da Campana de Anllóns,asinado por Eduardo Pondal.

Carballo 6 marzo 2021
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-03-2021 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0