|
|
|
HIMNOS GALEGOS QUE PUIDERON SER |
|
 Na foto ollamos a Galo Salinas Rodríguez nado en 1852 e finado na Coruña en 1926.Con sólo doce anos emigrou a Montevideo; foi periodista,dramaturgo e escritor,máis tarde profesor que logo deixou para facerse periodista e dirixir a Revista Gallega, e entrar na Cova Céltica. Participou nos Xogos Frorais de Pontevedra no ano 1880,competindo polo texto do himno co de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. O seu chamábase HIMNO POPULAR REGIONAL; composto no ano 1893 coa música do ferrolán Varela Silvari.
O himno tiña algunhas estrofas que foron calificadas de antiespañolas e irreverentes polos medios de comunicación nacionais.Escomenzaba así :
" Nos queremos o amparo das leises/ asociarnos en federación/ e queremos que sexan gallegos bispos/ xuices,goberno... ¡ e máis Dios ¡ Ouh Galicia !
Tres anos antes Eduardo Pondal e Pascual Veiga,habían feito a súa propia proposta que non sería estreada ata o ano 19O7. En esa mesma data propuxéronse o HIMNO GALEGO de Andrés Muruais e Felipe Paz Carvajal, e CASTA DOS CELTAS de ALFREDO BRAÑAS e LUÍS TAIBO.
Eduardo Pondal e Pascual Veiga acadaron poucos anos máis tarde do estreno que a súa proposta fose aceptada polas élites galeguistas e polo pobo galego.
Carballo 12 marzo 2O23 |
|
|
|
ALFREDO BRAÑAS TESTIGO DE BODA |
|
Na foto ollamos a figura do pintor valenciano (1851) e afincado en Santiago de Compostela en 1886 onde finaría en 1918, José Maria Fenollera Ibañez, que llegó a Santiago después de haber estado en Roma,becado por la diputación de Valencia, y en París,con una ayuda del Estado. Tenia su estudio en Madríd por lo que entre sus planes no parecia estar quedarse en Santiago. Cuenta su nieta que aceptó dar clases de pintura a una joven; estando un día en el Casino santiagués que entonces era casino de caballeros, con el médico Juan Barcia, el pintor comentó : Que belleza, aludiendo a una joven que pasaba por la calle. Pues esa es la señorita a la que tienes que dar clase, replicó el médico Barcia.Fué así como conoció a Consuelo Velón, con la que se casó cuatro años despúes,cuando ella tenia 21 y él 37. Los padres de la joven se oponían al matrimonio y la mayoria de edad femenina no llegaba entonces hasta los 25 años. Consuelo tenia un tio-abuelo sacerdote en Silleda,Florentino Velón, y ella era oriunda de Santa María de Filgueira en Deza, según detalla el acta matrimonial. La boda se celebró el 3 de julio de 189O en San Julián de Piñeiro de Silleda. Entre los testigos estaba ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ, uno de los amigos intimos del novio, al que ya había contagiado su teoría del REGIONALISMO. |
|
|
|
NOVA CASA DE GALICIA EN MONTEVIDEO |
|
 Na foto ollamos a nova directiva para a recuperación da Casa de Galicia en Montevideo. ( a esquerda María del Carmen Salgueiro,Vicente Cancela no medio e o novo presidente da Asociación Ismael Martínez.
A entidade arrastraba a finais do ano 2021, unha débeda de 85 millóns de dólares. O problema está agora en deslindar a parte sanitaria do legado cultural da entidade.
Como dixo Castelao, "Os tempos son chegados". Así arranca a acta fundacional do grupo constituido o martes en Montevideo para manter o patrimonio cultural da xa desaparecida Casa de Galicia de Montevideo. Unhas ducias de antigos socios de unha das institucións máis antigas da emigración gallega en América. O colectivo presidirau Ismael Martínez que pretende conservar o patrimonio cultural da entidade. Ademáis da escultura de Asorey "A Santa", atopamos unha biblioteca duns 4.000 volúmes e o propio panteón onde repousan os restos de moitos galegos emigrados.
7 abril de 2022 |
|
|
|
A SANTIÑA DE FRANCISCO ASOREY |
|
 A Casa de Galicia de Montevideo, institución de carácter social e sobre todo mutualista que naceu no ano 1917 que deu asistencia a moitos emigrantes galegos e chegou a ser unha das Asociacións máis importantes da emigración galega. Xunto co Centro Galego de Bos Aires, poden ter os días contados. No andar principal da Casa de Galicia na antesala dos despachos da presidencia, está situada a estatua da Santiña, escultura feita polo mestre Francisco Asorey, que a Institución mercou no ano 1951: que representa a encarnación simbólica da Terra.
Toda a Terra galega representada nesta figura de muller espida onde leva ao lombo como unha cruz,representado o traballo, a canga ou xugo pra xunguir os bois e a vara pra tanguelos no labor de abrir os sucos da sementeira. Co pano que levaban as nosas nais labregas na cabeza e figura espida que lle dá máis forza si cabe.
As figuras femininas de Francisco Asorey teñen forza,representando a grandeza do traballo e unha homenaxe á muller que terma da vida na ausencia do home emigrado. A talla é de madeira, duns 2 metros de altura.
31 Marzo 2022 |
|
|
|
CASA DE GALICIA DE MONTEVIDEO |
|
 Hoxe 31 de marzo do ano 2022 deixa de existir oficialmente a Casa de Galicia de Montevideo, fundada o 1 de outubro do ano 1917, anos convulsos en Arxentina. Castelao decidiu constituir un goberno galego no exilio,entón pensou que Montevideo era un lugar máis seguro pra formalizar e darlle xeito a ese feito, o encargo foi atendido pola Irmandade Galeguista e a Casa Galicia de Montevideo e o 15 de novembro: Antonio Alonso Rios,Elpidio Villaverde Rey,Ramón Suárez Picallo e Alfonso Castelao firmaron o histórico documento de constitución do Consello de Galiza na sede da Casa de Galicia de Montevideo.
Na foto ollamos a Alfonso Rodríguez Castelao o segundo pola dereita. |
|
|
|
ROTEIRO LITERARIO DE ENRIQUE LABARTA POSE |
|
 Un roteiro pola Costa da Morte,vai percorrer espazos que marcaron a vida e obra do baiés Enrique Labarta Pose. Concello e axentes sociais levan tempo pelexando para que se lle adique o Día das Letras Galegas ao autor; mentres eso non ocurre outras iniciativas van xurdindo para lembrar ao escritor e xornalista do Concello de Zas. É un percorrido de 250 quilómetros polos puntos da Costa da Morte que o marcaron tanto biográfica como literariamente. Esto xurdiu froito da colaboración entre o Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega . O roteiro parte do centro sociocultural de Baio,onde está posta unha exposición permanente sobre o escritor e pasa por lugares como a casa natal en Baio,a igrexa de Baio,os Batáns do Mosquetín. Pasará por vilas como Camariñas co seu Faro de Cabo Vilán,polos Penedos de Pasarela e Traba,o Pazo das Edreiras,os pobos de Camelle, Cereixo, a Ponte do Porto ou Zas, e polo Santuario da Virxe da Barca en Muxia.
Baio 29 de marzo 2022 |
|
|
|
XOGOS FRORAIS DE PONTEVEDRA 1886 |
|
.jpg) Certamen Literario Musical de O Galiciano ,que foron uns Xogos Frorais que tiveron lugar no verán de 1886 en Pontevedra coincidindo coas Festas da Peregrina. Estiveron organizadas por O GALICIANO o primeiro periódico escrito enteiramente en galego, poñendo a proba a valía de aqueles escritores en lingua galega. As composicións como os discursos debian estar en lingua galega.
O presidente deste Certame foi Manuel Murguía.sobre uns setenta escritores presentaron os seus traballos en dito Certamen,onde todas as composicións debian ser orixinales en estar en lingua galega. Na foto ollamos ao CIRCO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA onde se celebraron os Xogos Frorais.
Os premios foron concedidos ás producións máis destacadas: De ENRIQUE LABARTA POSE ( Probe gaiteiro de Baio e Canto a Pontevedra ). de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ ( A Víspora de San Xúan). |
|
|
|
ENRIQUE LABARTA POSE |
|
 Ollamos na foto a presentación do libro "CONTOS" de Enrique Labarta Pose, editorial Galaxia,presentado na Casa Cruz de Baio (Zas) o 15 de marzo do ano 1996. Enrique Labarta empregou o pseudónimo de " Antón de Rabodegalo " , e foi coñecido polo sobrenome do Quevedo galego. Tiña con Alfredo Brañas unha cooperación literaria e de amizade de camaradas.
A dereita da foto ollamos a Xosé María Lema Suárez, a esquerda Xosé Manuel Varela Varela, celebrábase o mes do Libro. |
|
|
|
MEMBROS SEMINARIO ESTUDIOS GALEGOS(S.E.G) |
|
.jpg) Na foto ollamos pola esquerda de pé :
Ramón Otero Pedrayo,Antón Losada Dieguez,Florentino López Cuevillas,Vicente Risco,Carballo Calero,Xosé Filgueira Valverde,Sebastián García Paz,Luís Pintos Fonseca,Antón Fraguas e Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
Pola esquerda sentados: Isidro Parga Pondal,Abelardo Moralejo Laso,Xesús Carro García,Salvador Cabeza de León,Joaquín Arias Sanjurjo,Xerardo Álvarez Limenses e Juan Novás Guillán.
Foto do ano 1928 |
|
|
|
OBRA TEATRAL DEDICADA A ALFREDO BRAÑAS |
|
 Evaristo Rodríguez de Bedia (1860-1944) nado en Santander,periodista, escritor,autor de contos e narracións ,máis de 400,aparecidas en diversos diarios e publicacións periódicas dende 1888.
Escribiu o libro que ollamos na foto titulado NARRACIONES CANTABRAS, a primeira tirada é do ano 1905. Obra dedicada a ALFREDO BRAÑAS ,atopase no legado de Brañas depositado no Concello de Carballo. |
|
|
|
|
|
|