Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASAS DE FEIJOO EN CARBALLO

Na foto ollamos as casas de Feijoo na rúa Fomento de Carballo,onde estuvo establecido o Concello vello e logo máis tarde se ubícaron algunhas escolas. Onde ao principio de século XX, tamén fixéron de almacén e comercio de Azulejos,cal,yeso,pinturas,muebles e vidrios etc.
Despois da guerra civíl do ano 1936 o plan educativo da II República, incluido o Plan Villalobos do ano 1934, foi anulado a forza de represión, violencia e dogmatísmo, que foi imposto polo novo réximen dictatorial, e xurdiú o chamado Plan de Sáinz Rodríguez, que foi a primeira lei de Educación franquista no ano 1938, en plena guerra civíl.


Carballo 27 Novembro 2022
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 27-11-2022 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
CRISTINA, VIUVA DE ANTONIO ALONSO BALLESTER

A Viuva Cristina Fernández Pasantes,do noso compañeiro de Promoción do Colexio Leus de Carballo,Antonio Jesús Alonso Ballester de Camariñas,finado aos 59 anos no ano 2010 ; recibiu estos días a medalla Emilia Pardo Bazán da mán do presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda. A Xunta premiou a traxetoria de Cristina,fareira precursora do Cabo Vilán de Camariñas. A entrega foi no Pazo de Quián en Boqueixón, foi premiada polo seu traballo a favor da igualdade entre mulleres e homes. A viuda do noso compañeiro Alonso Ballester, Cristina Fernández que foi a primeira fareira de Galiza e a segunda de España no ano 1977,tras aprobar no ano 1972 a primeira oposición na que se deixou opositar ás mulleres. Durante corenta e oito anos estuvo ao frente do Cabo Vilán, que foi o primeiro que funcionou con luz eléctrica en España.
Na foto ollamos a Cristina (a segunda pola dereita,vestida de negro). A nosa felicitación a ela e a súa familia de parte dos compañeiros de estudios do Colexio Leus de Carballo (Promoción do 1963).

En Carballo a 23 de setembro 2022
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 25-09-2022 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
CEN ANOS SIN TROLES POR XAN FRAGA

O 15 de maio do ano 1971 desaparece a línea de trolebuses A Coruña-Carballo, atribuida a Enrique Sánchez Rodríguez, a idea da implantación dos troles. Facendo a petición da concesión en 1940,ata que funcionou un 23 de febreiro do ano 1950. O presidente era Pedro Barrie e director-xerente o carballés Enrique Sánchez,logo de seis anos de obras, comenzou a funcionar os troles MAN procedentes de Alemania e sobre o ano 1961, os de dous pisos vidos de Inglaterra.Por outra banda a súa posta en marcha,supoñia ser a primeira línea eléctrica que se creaba en España e cos seus 34 Kilómetros era a máis longa de Europa Occidental,o precio do billete completo era de 12 pesetas.
Habia catro sub-estacións de suministro de enerxía eléctrica ( Bertoa-A Laracha-Lañas e Pastoriza) con cocheras en Carballo e Arteixo.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 26-06-2021 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEDIDA A PROFESORA TERESA DOSIL PARAFITA
Despedida á profesora Teresa Dosíl Parafita,no Pazo de Vilardefrancos en Artes. Teresa foi docente no Colexio Xosé Pichel de Coristanco.
Foi compañeira da nosa Promoción do 1963 de Carballo que acadou con nós o título de Bacharelato Superior no curso 1969-70 no Colexio Academia Leus de Carballo.
Os seus compañeiros da docencia,compartiron con ela onte,un xantar pola súa xubilación dos seus corenta anos dando clase en Coristanco.
-DE PARTE DOS SEUS EX-COMPAÑEIROS DE ESTUDIOS DO COLEXIO ACADEMIA LEUS DE CARBALLO OS NOSOS PARABÉNS.
---Carballo 28 de Xuño do ano 2019
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 29-06-2019 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
REIVINDICACIÓN NAS LETRAS GALEGAS
- Jorge Mira Pérez
O Congreso dos Deputados de España, na súa comisión de cultura, aprobou por unanimidade o 24 de outubro de 2017 unha proposición non de lei cuxo texto di (diario de sesións núm. 349, páxina 34): "El Congreso de los Diputados manifiesta la voluntad firme de dar a conocer y promover la difusión de la figura y de la obra del intelectual, escritor y poeta baiés Enrique Labarta Pose, e instar a promover la firma de convenios de colaboración con el Ayuntamiento de Zas, en el que se ubica la localidad de Baio, donde nació, y con las entidades culturales Adro y Badius, que vienen emprendiendo actualmente actividades de homenaje y conmemoración de la vida y obra del escritor."

É este un xusto recoñecemento a unha figura capital das letras galegas, e da cultura do noso país en xeral, no período de cambio do século XIX ao XX.

Francisco Fernández del Riego escribía en 1981 o seguinte sobre Enrique Labarta Pose (Baio, 1863 ? Barcelona, 1925): «... poucos escritores conseguiron en Galicia unha resonancia popular como a acadada por el...» [Faro de Vigo, 9 de maio de 1981].

A dita resonancia foi froito só dunha das partes da súa variada obra, que abrangueu poesía, narrativa e teatro; unha combinación moi pouco frecuente nas figuras do posrexurdimento. Disque o seu talento xa se anticipara en 1871, cando o neno Labarta Pose de 8 anos asombrara coa súa capacidade versificadora, e certificouse anos máis tarde, gañando a meirande parte dos certames literarios e xogos florais, aos que adoitaba concorrer.

A súa chegada á Universidade de Santiago de Compostela para estudar Dereito fixo agromar outro dos trazos que debuxaban a súa figura: a axitación cultural. Fernández del Riego cualificouno como xenuíno persoeiro da «xeración troiana». Tal alcume procede do contexto que Alejandro Perez Lugín tan ben describiu na súa novela La casa de la Troya. Nela cóntanse as andanzas estudantís de (entre outros) Casimiro Barcala, personaxe ficticio mestura de Camilo Bargiela (cónsul de España en Casabranca) e Enrique Labarta Pose. Pérez Lugín fai que Barcala encaixe co Labarta real [1]: enxeñoso, extravagante e de vida bohemia. Esa vida levouno a fundar varias revistas literarias: Galicia Humorística, La Pequeña Patria, Extracto de Literatura, Pasatiempos e Galicia Moderna. Esas cinco revistas convérteno nun dos xornalistas galegos máis importantes do período da Restauración borbónica, debido non só ao peso dos contidos, senón tamén ao feito de ser un adiantado ao seu tempo nas concepcións de maquetación e uso da fotografía. O seu carácter innovador mesmo o fixo ser o introdutor do fonógrafo en Galicia e, nos anos da gravación do primeiro disco en galego (do coro Aires da Terra), gravou en discos de cera varias composicións poéticas súas.

Eran míticas as reunións nas que aceptaba o reto dos seus compañeiros de El Diario de Pontevedra para compoñer sonetos improvisados con rima dada. A vea humorística e satírica e a prodixiosa capacidade versificadora déronlle enorme popularidade. A ese éxito tamén contribuíu o seu emprego dun galego popular no que, segundo O tío Marcos da Portela, «... parés que latexa o xenio de Galicia, (...) como si un mozo aldeano se vise de súpeto transformado en culto literato e filósofo, sentíndose como labrego dos máis rústicos...».

Tal éxito popular (Fernández del Riego considera que chegou a ser o «primeiro poeta festivo de Galicia») debería garantir a súa posición no podio dos ilustres, pero ademais non debería eclipsar o resto da súa produción. A súa obra en prosa é certamente apreciable, ao punto de convertelo nun dos narradores máis importantes do século XIX en lingua galega.

Estamos ante unha figura cuxo brillo popular, paradoxalmente, foi contraproducente para a súa valoración en Galicia décadas despois da súa morte. Dende esa perspectiva, para a súa figura tamén foi negativo o ter pasado a parte final da súa vida en Barcelona. Malia ser proposto para membro numerario da Real Academia Galega logo da morte de Ramón Armada Teixeiro en xuño de 1920, o seu asentamento xa case definitivo alí poñía demasiada distancia polo medio (a cadeira foi finalmente concedida a Ángel del Castillo en 1921).

Aínda que esa distancia foi determinante no seu esquecemento, non ocorreu así en Cataluña: co gallo do 25 aniversario do seu pasamento, o barrio de Gracia honrou a súa memoria cunha multitudinaria homenaxe.

Dende Cataluña, iso si, nunca esqueceu Galicia, como se ve no seguinte poema, que brilla pola súa contundencia e que merecería ser tomado como modelo de retrato sociolingüístico:

¡NON FALÉS O GALLEGO!

Vindo de Cataluña
onde falar o catalán é gala
y-é máis agasallado quen o fala,
arriveivos a Cruña
dicindo escontra mín: "Xa qu'acó chego,
empregarei a lingoa da terriña;
pois falando o gallego
atenderánme máis axiña
e serei estimado com'un crego".

Disposto a prauticar de boa gana
a enxebre teoría catalana,
estrenei o galaico lenguaxe
con unha moza linda, fresca, boa,
de xalleiro linaxe,
a quen me dirixín, en son de loa,
con un piropo que aprendín en Laxe,
mais ela, contestou con este aldraxe:
-"¡Ay, que peifoco! ¡Vaya a comer broa!"

Dimpois, fun a mercar unha chalina,
e o tendeiro sacóum'unha marela,
dicíndome:-"¡Eiquí ten! ¡Mire qué fina!"
Mais eu, humilde, respondinlle o vela:
-"Esa elle boa pra poñer na China".

Entón él, a oriflama en alto posta,
berróu, botando lume:-"¿Non lle gosta?
quén tal dí debe andar a catro patas.
Vosté, peisano, entenderá de bosta;
pro maldito si entende de corbatas!"

E co-estes igoales malos modos
fun recibido en todal-as visitas;
e aldraxáronme todos;
e tomáronm'o pelo as siñoritas.

-"¡Non entendo este lerio!"-
escramei con vos triste e dolorosa;
pro descifróum'a clave do misterio
unha rapaza cursi e fantasiosa.

-"¿Ese siñor quén é?" ?certo suxeto
perguntóull'a modiño a aquela arpía-;
mais eu, qu'estaba preto,
escoitei qu'a muller lle respondía:

"-¿Señor? ¡Ay, quén lle dera!
véstelle de señor, pro é un peisano;
un beirolo da aldea. ¡Meu galano!
¡¡Si non sabe siquera
falar unha palabra en castellano!!"

Enrique Labarta Pose
El Ideal Gallego, A Coruña, 7 de outubro de 1923

[1] O propio Alejandro Pérez Lugín desvelou en 1919 as fontes que lle serviran de inspiración para o personaxe de Barcala. Fíxoo nunha serie de tres artigos publicados en El Diario de Pontevedra (a mención expresa a Labarta atópase no terceiro, dispoñible nesta ligazón. O primeiro pode consultarse premendo aquí e o segundo, nestroutra ligazón).

Enrique Labarta Pose agradeceullo aos poucos días, no mesmo periódico, co poema que pode lerse aquí.

O autor agradécelle a Benigno Amor, director do Museo Casa da Troia, a súa axuda na localización das ligazóns de Galiciana que conteñen as devanditas páxinas de El Diario de Pontevedra.
Jorge Mira Pérez(Membro correspondente da Academia).

Entidades colaboradoras:
Xunta de Galicia- Ministerio de Educación, Cultura e Deporte-Deputación da Coruña- Deputación de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 25-04-2018 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
AVANCE DAS NEGOCIACIÓNS DO TRASLADO
Avance das negociacións da solicitude do traslado da Fundación Alfredo Brañas a Carballo.

Iº --- O venres día 9 de este mes,tuven reunión no Casino de Carballo,onde se lle propúxo a Dirección do mesmo,facer á solicitude de traslado a nome do Casino,xa que é unha entidade xurídica e é máis factible.
2º--- Fixen un borrador de solicitude e envieillo a o abogado Carlos Puga Trigás para darlle forma xurídica.
3º--- Esta semana teño que concretar unha entrevista co Secretario da Fundación Alfredo Brañas,Don Javier Ruíz de Cortazar Díaz para presentarlle o documento e expresar a opinión da nosa Plataforma.
4º--- A Fundación tén o venres día 23 unha reunión na Sede da Fundación na rúa Ourense nº 11 baixo en Santiago de Compostela onde asistirán os membros do Patroado.

Carballo día 12 de Marzo do ano 2018
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 12-03-2018 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
SEVERINO MARIÑO MUÑIZ
Fotografía de Severino Mariño Muñíz,marido da nosa compañeira da promoción do 1963 do Colexio Leus de Carballo MARÍA TERESA MUÑÍZ VÁZQUEZ.
Severino Mariño finou onte e será enterrado hoxe, mércores día 21 de Febreiro do ano 2018 ás 5 do serán no cemiterio de San Xoán de Carballo. Na foto o día que Severino foí nomeado Carballés do Ano,pola súa longa vida laboral ao frente do seu negocio de Chocolates Mariño no ano 2016.

O NOSO MÁIS SENTIDO PESAME a MARÍA TERESA e ás súas fillas CARMEN e MARÍA .
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171126546038/severino-mariño-muñiz align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 21-02-2018 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
RAÚL VECINO VERDÍA
FOTOGRAFÍA DA ESQUELA DO PASAMENTO DA NAI DO NOSO COMPAÑEIRO E COLEGA DA PROMOCIÓN DO 1963,RAÚL VECINO VERDÍA QUE FINOU ONTE E SERÁ ENTERRADA HOXE MARTES DÍA 30 DE XANEIRO DO ANO 2018 AS 5 DO SERÁN NO CEMITERIO DE SANTA MARÍA DE TORÁS(LARACHA).

O NOSO MÁIS SENTIDO PESAME
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170303925218/raúl-vecino-verdía align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 30-01-2018 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
O PATRIARCA DOS VARELAS DE ANIVERSARIO
FOTOGRAFÍA DE ADOLFO VARELA PEREIRA,QUE TEN 90 ANOS E SEGUE CONDUCINDO,E ADEMAIS FACENDO OS SEUS PEQUENOS RECADOS E ASISTENCIA A FUNERALES,CÁRITAS,E ABRIR O LOCAL SOCIAL DE BERDILLO.
NA IMAXE COS SEUS FILLOS CELEBRANDO O SEU 90 ANIVERSARIO QUE SON MANUEL VARELA REY (a esquerda),EXALCALDE DE CARBALLO E COMPAÑEIRO DA NOSA PROMOCIÓN DO 1963 DO COLEXIO LEUS E O SEU IRMÁN XOSÉ RAMÓN,EXALCALDE DE MALPICA(ADEMAIS FORON PROFESORES DE EGB).
ADOLFO VARELA PEREIRA,XASTRE DE PROFESIÓN,É UNHA PERSOA MOI ACTIVA QUE PARTICIPA EN TODAS AS INICIATIVAS E POR ISO É DIFÍCIL ATOPALO NA SÚA CASA. FELICIDADES
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170113420878/o-patriarca-dos-varelas-de-aniversario align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 25-01-2018 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
A PINTORA CARBALLESA ANTONIA VILLAVERDE PUMAR
Fotografía dun cadro da carballesa ANTONIA VILLAVERDE PUMAR,nunha Exposición de obras de arte,celebrada na Coruña neste ano 2018 onde reside. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170089105908/antonia-villaverde-pumar-pintora align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 24-01-2018 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0