Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANUEL MARÍA PARDO GARCÍA
Manuel María Pardo García,nado en Carballo no ano 1954, morreu no día de onte 4 de xullo do ano 2023,logo dunha penosa enfermidade do cancro pulmonar aos 69 anos de idade. Foi compañeiro de estudios do bacharelato no Colexio Academia Leus de Carballo.
DEUS O BENDIGA ------ D.E.P

EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS/AS QUE NOS DEIXÁRON PRA SEMPRE.
En Carballo a 5 Xullo do 2023
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 13-07-2023 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
HIMNOS GALEGOS QUE PUIDERON SER

Na foto ollamos a Galo Salinas Rodríguez nado en 1852 e finado na Coruña en 1926.Con sólo doce anos emigrou a Montevideo; foi periodista,dramaturgo e escritor,máis tarde profesor que logo deixou para facerse periodista e dirixir a Revista Gallega, e entrar na Cova Céltica. Participou nos Xogos Frorais de Pontevedra no ano 1880,competindo polo texto do himno co de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. O seu chamábase HIMNO POPULAR REGIONAL; composto no ano 1893 coa música do ferrolán Varela Silvari.
O himno tiña algunhas estrofas que foron calificadas de antiespañolas e irreverentes polos medios de comunicación nacionais.Escomenzaba así :
" Nos queremos o amparo das leises/ asociarnos en federación/ e queremos que sexan gallegos bispos/ xuices,goberno... ¡ e máis Dios ¡ Ouh Galicia !
Tres anos antes Eduardo Pondal e Pascual Veiga,habían feito a súa propia proposta que non sería estreada ata o ano 19O7. En esa mesma data propuxéronse o HIMNO GALEGO de Andrés Muruais e Felipe Paz Carvajal, e CASTA DOS CELTAS de ALFREDO BRAÑAS e LUÍS TAIBO.
Eduardo Pondal e Pascual Veiga acadaron poucos anos máis tarde do estreno que a súa proposta fose aceptada polas élites galeguistas e polo pobo galego.

Carballo 12 marzo 2O23
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-03-2023 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
COLEXIO ACADEMIA LEUS DE CARBALLO

Na foto ollamos a parte traseira onde estaba situado o patio do recreo da parte femenina, onde xogaban un montón de rapazas á comba do Colexio Academia Leus de Carballo, na rúa Sotomaior,con internado na parte superior e ás aulas de ensino na parte baixa.
O edificio está en venta polos herdeiros dende fai tempo.

Carballo 22 xaneiro 2023
Comentarios (0) - Categoría: Promocións da Leus - Publicado o 22-01-2023 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
COLEXIO ACADEMIA LEUS DE CARBALLO

Na foto ollamos a parte traseira, onde estaba situado o patio do recreo correspondente a zona masculina, onde se xogaba sin poder apenas remexernos, un montón de alumnos do Colexio Academía Leus de Carballo, na rúa Sotomaior, onde na parte superior estaba situado o internado,e ás aulas de enseñanza na zona baixa. O edificio está en venta polos herdeiros dende fai anos.

Carballo 22 Xaneiro 2023
Comentarios (0) - Categoría: Promocións da Leus - Publicado o 22-01-2023 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
CASAS DE FEIJOO EN CARBALLO

Na foto ollamos as casas de Feijoo na rúa Fomento de Carballo,onde estuvo establecido o Concello vello e logo máis tarde se ubícaron algunhas escolas. Onde ao principio de século XX, tamén fixéron de almacén e comercio de Azulejos,cal,yeso,pinturas,muebles e vidrios etc.
Despois da guerra civíl do ano 1936 o plan educativo da II República, incluido o Plan Villalobos do ano 1934, foi anulado a forza de represión, violencia e dogmatísmo, que foi imposto polo novo réximen dictatorial, e xurdiú o chamado Plan de Sáinz Rodríguez, que foi a primeira lei de Educación franquista no ano 1938, en plena guerra civíl.


Carballo 27 Novembro 2022
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 27-11-2022 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
CRISTINA, VIUVA DE ANTONIO ALONSO BALLESTER

A Viuva Cristina Fernández Pasantes,do noso compañeiro de Promoción do Colexio Leus de Carballo,Antonio Jesús Alonso Ballester de Camariñas,finado aos 59 anos no ano 2010 ; recibiu estos días a medalla Emilia Pardo Bazán da mán do presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda. A Xunta premiou a traxetoria de Cristina,fareira precursora do Cabo Vilán de Camariñas. A entrega foi no Pazo de Quián en Boqueixón, foi premiada polo seu traballo a favor da igualdade entre mulleres e homes. A viuda do noso compañeiro Alonso Ballester, Cristina Fernández que foi a primeira fareira de Galiza e a segunda de España no ano 1977,tras aprobar no ano 1972 a primeira oposición na que se deixou opositar ás mulleres. Durante corenta e oito anos estuvo ao frente do Cabo Vilán, que foi o primeiro que funcionou con luz eléctrica en España.
Na foto ollamos a Cristina (a segunda pola dereita,vestida de negro). A nosa felicitación a ela e a súa familia de parte dos compañeiros de estudios do Colexio Leus de Carballo (Promoción do 1963).

En Carballo a 23 de setembro 2022
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 25-09-2022 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS TESTIGO DE BODA
Na foto ollamos a figura do pintor valenciano (1851) e afincado en Santiago de Compostela en 1886 onde finaría en 1918, José Maria Fenollera Ibañez, que llegó a Santiago después de haber estado en Roma,becado por la diputación de Valencia, y en París,con una ayuda del Estado. Tenia su estudio en Madríd por lo que entre sus planes no parecia estar quedarse en Santiago. Cuenta su nieta que aceptó dar clases de pintura a una joven; estando un día en el Casino santiagués que entonces era casino de caballeros, con el médico Juan Barcia, el pintor comentó : Que belleza, aludiendo a una joven que pasaba por la calle. Pues esa es la señorita a la que tienes que dar clase, replicó el médico Barcia.Fué así como conoció a Consuelo Velón, con la que se casó cuatro años despúes,cuando ella tenia 21 y él 37. Los padres de la joven se oponían al matrimonio y la mayoria de edad femenina no llegaba entonces hasta los 25 años. Consuelo tenia un tio-abuelo sacerdote en Silleda,Florentino Velón, y ella era oriunda de Santa María de Filgueira en Deza, según detalla el acta matrimonial. La boda se celebró el 3 de julio de 189O en San Julián de Piñeiro de Silleda. Entre los testigos estaba ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ, uno de los amigos intimos del novio, al que ya había contagiado su teoría del REGIONALISMO.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-09-2022 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
PROFESORA PILAR VILLANUEVA NIEVES

Os da Promoción do 1963 do Colexio Academia Leus de Carballo : Queremos lembrar no día de hoxe á profesora que impartiu clase de Cultura Xeral PILAR VILLANUEVA NIEVES,finada o día 15 de maio deste ano 2O22.
Dende eiquí o noso agarímo a súa familia, e que Dios a teña na groria.

Carballo 18 de maio 2O22
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 18-05-2022 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA CASA DE GALICIA EN MONTEVIDEO

Na foto ollamos a nova directiva para a recuperación da Casa de Galicia en Montevideo. ( a esquerda María del Carmen Salgueiro,Vicente Cancela no medio e o novo presidente da Asociación Ismael Martínez.
A entidade arrastraba a finais do ano 2021, unha débeda de 85 millóns de dólares. O problema está agora en deslindar a parte sanitaria do legado cultural da entidade.
Como dixo Castelao, "Os tempos son chegados". Así arranca a acta fundacional do grupo constituido o martes en Montevideo para manter o patrimonio cultural da xa desaparecida Casa de Galicia de Montevideo. Unhas ducias de antigos socios de unha das institucións máis antigas da emigración gallega en América. O colectivo presidirau Ismael Martínez que pretende conservar o patrimonio cultural da entidade. Ademáis da escultura de Asorey "A Santa", atopamos unha biblioteca duns 4.000 volúmes e o propio panteón onde repousan os restos de moitos galegos emigrados.

7 abril de 2022
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 10-04-2022 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
A SANTIÑA DE FRANCISCO ASOREY

A Casa de Galicia de Montevideo, institución de carácter social e sobre todo mutualista que naceu no ano 1917 que deu asistencia a moitos emigrantes galegos e chegou a ser unha das Asociacións máis importantes da emigración galega. Xunto co Centro Galego de Bos Aires, poden ter os días contados. No andar principal da Casa de Galicia na antesala dos despachos da presidencia, está situada a estatua da Santiña, escultura feita polo mestre Francisco Asorey, que a Institución mercou no ano 1951: que representa a encarnación simbólica da Terra.
Toda a Terra galega representada nesta figura de muller espida onde leva ao lombo como unha cruz,representado o traballo, a canga ou xugo pra xunguir os bois e a vara pra tanguelos no labor de abrir os sucos da sementeira. Co pano que levaban as nosas nais labregas na cabeza e figura espida que lle dá máis forza si cabe.
As figuras femininas de Francisco Asorey teñen forza,representando a grandeza do traballo e unha homenaxe á muller que terma da vida na ausencia do home emigrado. A talla é de madeira, duns 2 metros de altura.

31 Marzo 2022
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-04-2022 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0