Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REMATAN OS TRABALLOS NO CENTRO SOCIO CULTURAL
O Concello de Covelo remata os traballos do peche do perímetro do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. O formigón xa forma parte do novo torreiro, así mesmo pechouse xa todo o perímetro, coa finalidade de dar seguridade ás persoas que disfruten do torreiro, evitando caídas polos desniveles do terreo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-09-2010 12:54
DESAPARECEN AS CANCELAS DO PASTIZAL
As cancelas que pechaban e daban seguridade ao pastizal de Prado da Canda desapareceron. Agora o peche do pastizal é pouco menos que inútil. A irresponsabilidade na que incurriu a persoa ou persoas que se fixeron donos das cancelas é total. A Xunta Rectora lamenta este tipo de actos, que só poden conducir ás persoas que hoxe teñen a responsabilidade de dirixir a Comunidade de Montes, a caer no desanimo de seguir a traballar polo ben común, unha vez visto este lamentable resultado.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-09-2010 20:35
EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS EN PRADO DA CANDA

A Asociación de Veciños a través do seu arquivo de imaxes, prepara unha exposición de imaxes antigas. A exposición terá lugar os días dous e tres de outubro, coincidindo coa festa da Nosa Sra. do Rosario. A Casa da Obra na Aldea de Abaixo acollerá a exposición. Os bailadores e bailadoras da danza que se realiza na festa serán os protagonistas das imaxes expostas, veremos ás persoas que precederon aos actuais danzantes, tamén verán a luz outras fotos, que seguro serán do interese do publico.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-09-2010 20:50
VECIÑOS DE PRADO DA CANDA VISITAN O CENTRO SOCIO CULTURAL
A Asociación de Veciños de Prado da Canda, ven de celebrar unha xornada de portas abertas, do novo centro socio cultural. Os veciños e veciñas que se acercaron á nova edificación puideron ver as distintas dependencias. Os mais curiosos quedaron, en termos xerais satisfeitos coa obra realizada. A curiosidade da veciñanza centrouse en saber cando se vai a por en funcionamento, coa finalidade de utilizala en breve.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-09-2010 10:49
A FESTA DA NOSA SRA. DO ROSARIO XA ESTA AQUÍ
Un ano mais volve a festa na honra da Nosa Sra. Do Rosario de Prado da Canda. A Comisión de festas xa leva tempo traballando para organizar e poñer todo a punto para a festa. Un ano mais os mozos e mozas da nosa aldea se preparan para interpretar a danza de Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-09-2010 16:22
1 [2]
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0