Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INCENDIOS FORESTAIS NA CAÑIZA
Incendio na Xesteira, barrio da parroquia de Petán, no concello da Cañiza. Afortunadamente non chegou ás vivendas e non houbo que lamentar males maiores. Os incendios forestais son unha constante no verán, este ano non é unha excepcion. Cumpre salientar o incendio acaecido xa fai uns meses na parroquia cañizanse do Couto. O lume si que chegou ás proximidades das vivendas, sendo desaloxados algúns veciños, algúns deles tiveron que ser ingresados en centros hospitalarios. Esperemos que os incendios forestais non vaian a mais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2011 12:37
ANDAINA NOCTURNA EN PARAÑOS

A Comunidade de Montes de Paraños organiza unha andaina nocturna. O sábado 13, é o día escollido para facer esta interesante saída nocturna. A cita é ás 22:30 no torreiro de Paraños. A meta é Seixos Albos, interesante mirador situado no monte comunal de Paraños. A distancia a recorrer é de dez kilometros, sumando a ida e mais a volta. Os organizadores recomendan levar lanterna, calzado apropiado e mais roupa de abrigo. O grado de difultade é medio ? baixo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-08-2011 14:01
SUSANA SEIVANE NA CAÑIZA
O domingo, 7 de agosto actuará na Praza Maior da Cañiza, . O concerto comezará ás 22:30. A Actuación da afamada gaiteira esta enmarcada no verán cultural do Concello da Cañiza do 2011. A XLV edición da Festa do Xamón da Cañiza é o preámbulo deste verán cultural onde ofrécense variadas actuacións, entre elas a de Susana Seivane.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-08-2011 23:55
PARA PENSAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2011 20:07
PEREGRINACIÓN Á CRUZ DA PARADANTA
CRUZ DA PARADANTAO Santuario da Franqueira organiza para o día 6 de agosto, unha pequena peregrinación. Ás 18:00 dará comezo o recorrido cunha misa no santuario, o roteiro a seguir fai varias paradas, onde se farán reflexións inspiradas na vida da Virxe María, a meta é a cruz da Paradanta. Contando con esta vez, xa son sete os anos que se ven facendo este camiño, unha iniciativa do Santuario da Franqueira.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2011 16:49
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0