Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VECIÑOS DE PRADO DA CANDA LIMPAN MALEZA
A veciñanza acudiu un ano mais á convocatoria da Comunidade de Montes, para limpar de maleza o monte comunal. Concretamente limpouse a Regia da Veria e a Fonte da Prata. Á convocatoria acudiron veciños e veciñas que aportaron o seu traballo voluntario así como tamén maquinaria e os útiles necesarios para poder retirar a maleza. No lugar tamén se procedeu a retirar o lixo acumulado, latas, plásticos e outros restos acumulados polo paso do tempo. A Comunidade de Montes quere agradecer á veciñanza a súa colaboración á hora de realizar estes traballos. Podemos ver unhas imaxes ?





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2010 11:47
INCENDIOS FORESTAIS NA PARADANTA
De momento pódese dicir que temos sorte. No que vai de verán, o lume non tivo moita presenza nos montes da Mancomunidade da Paradanta. En Paraños arderon sete hectáreas e en Santiago de Parada arderon oito hectáreas, catro delas no barrio de Bisticobo, as outras tantas en Vilariño. A proximidade da autovía das Rias Baixas fixo especialmente perigoso o incendio no barrio de Vilariño, cortouse o trafico nun tramo afectando ao carril mais próximo ao monte incendiado. Os equipos contra incendios actuaron cun amplo dispositivo, o que permitiu que estes lumes non se estenderan. A pesar da pouca presenza do lume nos nosos montes, as Comunidades de Montes da Mancomunidade da Paradanta extreman estes días a vixiancia nos montes comunais.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-08-2010 20:54
CONVOCATORIA DA COMUNIDADE DE MONTES DE PRADO DA CANDA
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes, ven de convocar aos veciños e veciñas a acudir a limpar a Regia da Veria e mais a Fonte da Prata. A veciñanza está convocada para o Sábado, 14 de Agosto, ás 18:00 horas na Fonte da Aldea de Arriba. Con este traballo pretendese limpar de vexetación tanto a Regia da Veria como a Fonte da Prata, estes enclaves atópanse no monte comunal, os dous contan cunha mención especial, a súa conservación e protección no Plan Técnico Forestal da Comunidade de Montes. O ano pasado xa se fixeran este tipo de traballos, dende a Xunta Rectora se anima aos veciños e veciñas a participar nestas labores no ben común.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-08-2010 21:30
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE A LAMOSA VISITA PRADO DA CANDA
Unha nutrida representación da Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, visitou Prado da Canda. Esta actividade foi acordada na ultima reunión de Asociacións Veciñais, acontecida na Lamosa, á que asistiron as Executivas dos colectivos veciñais de A Lamosa, Paraños e Prado da Canda. O Roteiro Etnográfico do Río Xabriña, é o denominador común que se utiliza para visitar as tres aldeas implicadas. Os camiñantes partiron xuntos dende o torreiro de A Lamosa e puideron desfrutar da ruta de sendeirismo, visitando muíños e contemplar o interesante paisaxe que ofrece o Río Xabriña. A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda organizou unha visita guiada pola aldea, que comezou na Ponte do Folón, explicando aos visitantes aqueles lugares de interese, así como tamén acontecementos históricos de Prado da Canda.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-08-2010 21:26
MÚSICA ANTIGA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
Seguindo coas súas actividades, o Santuario da Franqueira, ofrece o II Ciclo de Musica Antiga. O ciclo estará a cargo do coro Campus Stellae Esemble que é especialista en musica do renacemento e barroco fundamentalmente. O director, Luís Martinez, dirixe este coro de formación moi diversa, 10 cantantes, fagot, violoncelo, órgano positivo. A cita é no Santuario da Franqueira ás 18:15 horas, do 15 de Agosto. Podedes ver o cartace no taboleiro de anuncios do blogue.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-08-2010 16:31
[1] 2
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0