Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

A veciñanza do concello nevense, conserva mediante este acto, a musica tradicional da nosa terra.


O domingo pola tarde puidemos disfrutar dun fiadeiro en Vide, parroquia do concello de As Neves. Gaiteiros, pandereteiras e amantes da musica tradicional, acollidos nunha carpa, rodeada de arbores, saborearon diversos productos, ofrecidos con xenerosidade polos organizadores do acto, que contou cunha interesante participación. As cantigas de toda a vida foron interpretadas como sempre, conservando así unha tradición que xa vén de antigo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-05-2012 17:12
TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

A musica tradicional ocupará a Chan de Vide no concello de As Neves.

O vindeiro domingo día 27 de maio, temos a oportunidade de asistir ao Fiadeiro de Vide. Este interesante acto dará comezo ás 17:00 horas, na Chan de Vide. Vide é unha parroquia do concello das Neves. As Pandereteiras Saia de Lá os Gaiteir@s de Vide e a Asociación Cultural Vidense organizan esta festa, onde a musica tradicional é a protagonista. O Concello de As Neves colabora na realización desta actividade cultural.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-05-2012 23:23
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de maio, é un ano mais o día grande da nosa lingua, serve para recordar nesta ocasión a obra e vida de Valentín Paz Andrade. Dende estas liñas convidamos a coñecer ao polifacético homenaxeado no seguinte enlace ...



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-05-2012 16:51
PROBA DE BTT EN PARAÑOS
O Alto do Montouto acolle o punto mais alto desta interesante proba.


A Comunidade de Montes de Paraños colabora no deseño do circuíto dunha proba de BTT. O próximo 3 de xuño dará saída dende o torreiro de Paraños esta proba, que conta cun recorrido en dúas voltas de 50 km. A inscrición para poder participar podémola tramitar facendo click no seguinte enlace ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-05-2012 16:45
O SANTUARIO DA FRANQUEIRA XA ANUNCIA AS PASCUILLAS DO 2012
Un ano mais a misa solemne será celebrada polo bispo da dioceses de Tui ? Vigo.


O Santuario da Franqueira prepara a celebración das pascuillas, que celebraranse o luns, 28 de maio. Dende o 19 de maio comezan distintos actos litúrxicos, que terán o seu momento mais relevante coa celebración da misa solemne, ás 12:00 horas, do día das pascuillas, sendo celebrada polo bispo da dioceses de Tui ? Vigo D. Luis Quinteiro Fiuza


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2012 23:03
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0