Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ADENCO E A ASEMBLEA DO SUÍDO QUEREN PROTEXER A COTODEIRA
As grupos ecoloxistas, ADENCO e a Asemblea do Suído, organizan unha visita guiada a Cotodeira. Con esta visita se reivindican os valores naturais, culturais e paisaxísticos da Cotodeira, ameazados pola instalación dunha canteira. Se visitarán o foxo do lobo da Chan de Anduriña, único duplo do pais, os humedais do Monte Maior incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 e o Coto da Eira, que a 884 metros de altitude permítenos ver o mar. A saída é o Domingo día 9 de Maio, ás 11:00 da mañá, a subida comeza dende a estrada forestal que une Bustelos con Ventin, concello de Fornelos. Para as persoas que queden a xantar en Mondariz Balneario, hai prevista unha visita guiada ao Balneario.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2010 00:11
A COMUNIDADE DE MONTES PREPARA A ASEMBLEA XERAL
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Prado da Canda, prepara a próxima Asemblea Xeral Ordinaria do 2010. A dia de hoxe aínda non hai unha data concreta, que non a de pasar do mes de Xuño. O orde do dia esta sen definir, de seguro que contará cos temas que ate agora se levaron nas convocatorias anteriores. A actualización de comuneiros, o presuposto e a liquidación de contas son temas que non faltarán á cita.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2010 12:21
BRAÑA ESTA LABRANDO O MONTE COMUNAL DE PRADO DA CANDA
A empresa forestal Braña SCL, esta labrando o monte comunal de Prado da Canda. Se prepara o terreo para proceder á plantación das arbores. Un buldózer é a maquina encargada de facer estes traballos. A plantación se realizará a man, planta a planta, por unha cuadrilla de traballadores. A reforestación desta parcela do monte comunal vai a bo ritmo, cumpríndose os prazos previstos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2010 12:02
A COMUNIDADE DE MONTES ACONDICIONA PISTAS FORESTAIS
A Comunidade de Montes de Prado da Canda, acondiciona pistas forestais na nova plantación. A pista forestal que comunica o monte comunal estaba en mal estado, cos traballos do novo plantío, e coas axudas recibidas, se esta mellorando esta importante vía de comunicación para o noso monte. Podemos ver unha fotos do estado no que se atopaba fai uns meses. Queda moito por facer para poñer en condicións esta pista que une o monte comunal de Prado da Canda coa serra da Paradanta.

ASÍ ESTA QUEDANDO AGORA




ASÍ ESTABA FAI UNS MESES



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-05-2010 12:54
[1] [2] 3
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0