Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VECIÑOS DE PRADO DA CANDA COLABORAN NAS PASCUILLAS DA FRANQUEIRA
Son moitos os veciños e veciñas da nosa aldea, que ano tras ano veñen colaborando nas pascuillas. O próximo 24 de Maio volverá a celebrarse no Santuario da Franqueira o ritual das pascuillas. Centos de fieis das aldeas veciñas acudirán coas súas imaxes ao Santuario. Veciños da nosa aldea colaboran na organización dos acontecementos, entre eles hoxe destacamos a Domingos, o home da imaxe. Domingos leva tres décadas traballando no Santuario. Como Domingos outros veciños que xa non están entre nós tamén colaboraron no bo desenvolvemento da especial xornada deste 24 de Maio.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-05-2010 19:09
PARA OS MAIS CURIOSOS ?
O vindeiro 17 de Maio, Dia das Letras Galegas, é dedicado a Uxío Novoneyra. Están programados un feixe de actos por toda Galicia. En todos eles se resalta, como non pode ser doutro xeito, a calidade literaria do homenaxeado. Aquí ofrecemos aos mais curiosos, outra faciana de Novoneyra. Escoitade con atención á narradora do vídeo que vos ofrecemos, fai referencia a un artigo de Uxío Novoneyra, daquela presidente da asociación de escritores en lingua galega, redactado co motivo da chegada do cadaleito de Castelao a Santiago de Compostela.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-05-2010 21:48
O CENTRO SOCIO CULTURAL DE PRADO DA CANDA CON POSIBLES HUMIDADES
O Centro Cultural de Prado da Canda, semella ter humidades. O edificio leva pechado dende que a construtora rematara os traballos. Moitos veciños e veciñas asómanse as portas, por curiosidade, e observan que no interior da construción pode haber humidades. O feito de estar tanto tempo pechado, impide a ventilación dos espazos interiores e como consecuencia o correcto secado de paredes e teitumes. As manchas de humidade afectan á teitume, que de seguir así tamén pode afectar ás paredes. As autoridades municipais deberían darlle solución a este problema, e co bo tempo abrir o Centro Socio Cultural co fin de que respire.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-05-2010 21:30
ÉXITO DA MARCHA REIVINDICATIVA Á COTODEIRA
Tanto a Asemblea do Suído como ADENCO valoran positivamente a participación da cidadanía, que acudiu o pasado día nove á chamada de ámbalas dúas organizacións. A marcha pretende chamar a atención das autoridades co fin de protexer este espazo natural da especulación. Os colectivos organizadores da marcha, manifestan que ?queremos incidir nun feito: coa deterioración do noso patrimonio histórico e ecolóxico, poñemos en xaque non só a transmisión da nosa cultura como fonte de información e como forma de estar na Terra, senón que tamén poñemos en perigo a nosa propia permanencia nela?. Tamén din que ?instamos á Administración galega, a que dunha vez dea o paso para que estes lugares sexan conservados tal e como agora son e os integre sen máis dilación na rede Natura 2000, como os novos LIC (Lugares de Interese Comunitario) Serra do Suído, río Oitavén e Verdugo e como a ampliación do LIC río Tea?.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-05-2010 17:57
OS VECIÑOS DE PARAÑOS HOMENAXEAN A UXÍO NOVONEYRA
A Asociación Veciñal de Paraños organiza, co motivo do dia das Letras Galegas, diversas actividades que darán comezo o dia 8 de Maio ás 11:00 horas cun obradoiro artístico para todas as idades. Se fai tamén unha saída, para recoller material coa finalidade de facer un maio, o dia 16 ás 17:00 horas. As actividades previstas rematarán o dia 17 ás 11:00 horas coa confección do maio, ás 17:00 horas o escritor Alberte Momán dará unha charla sobre a poesía de Uxío Novoneyra ao rematar Servando Barreiro, cantautor, interpretara boa parte so seu repertorio. Tódalas actividades se realizarán no Centro Cultural de Moeiros. Podedes ver o cartace da convocatoria no taboleiro de anuncios.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-05-2010 14:29
[1] 2 [3]
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0