Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOITE DE FIADEIRO EN VILAVIDAL
Rebulir organiza unha noite de música tradicional que garante a festa.



Dende Vilavidal, na provincia de Ourense, chéganos este convite a participar na VII Noite de Fiadeiro do sábado, día vinte e sete. A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir organiza coa axuda de diversos patrocinadores esta noite de fiadeiro. Os organizadores garanten unha noite a proba da chuvia, dado que contan cunha gran carpa. Podemos ver un vídeo promocional ...




PARA SABER MAIS ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-04-2013 21:18
O SANTUARIO DA FRANQUEIRA PREPARA AS PASCUILLAS DO 2013
A organización esforzase en que todo este preparado para que sexa unha boa xornada de fe.


O Santuario da Franqueira, comezou a distribución do cartace que dá a coñecer o programa dos actos das Pascuillas do 2013. O día vinte de maio os fieis da comarca teñen un ano mais unha cita na Franqueira. O Santuario non escatima esforzos á hora de organizar a presencia dun nutrido numero de persoas, que traen consigo as imaxes relixiosas representativas das parroquias. Esta xornada tamén é un día de festa, onde moitos fieis aproveitan para dar conta do polbo á feira e fan o xantar á sombra das arbores que ofrecen os espazos naturais da Franqueira. Como nos últimos anos, o bispo da diocese oficiará a misa solemne das doce do medio día.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-04-2013 21:42
A COMUNIDADE DE MONTES DE PRADO DA CANDA SOLICITA AXUDAS

Os comuneiros da nosa aldea sempre consideran precisos os traballos de poda e desbroce.

A Comunidade de Montes de Prado da Canda vén de solicitar diante da Xunta de Galicia, unha axuda para podar e desbrozar a plantación do Río Azal. Nos últimos anos a Comunidade de Montes solicitou esta axuda, dado que os comuneiros consideran necesarios estes traballos silvícolas. Na plantación mencionada nunca se fixeron traballos forestais. Tódolos anos a Comunidade de Montes solicitou estas axudas, precisas para a prevención de lumes e para a boa evolución do bosque.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-04-2013 22:11
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0