Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOLICITUDE DE AXUDAS Á XUNTA DE GALICIA
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Prado da Canda, solicitou axudas para realizar rozas no monte comunal.





A Comunidade de Montes, como ven sendo habitual nos últimos anos, ven de presentar unha solicitude de subvención diante da Xunta de Galicia. Os comuneiros de Prado da Canda sempre apoiaron estas iniciativas nas sucesivas Asembleas Xerais. A axuda solicitada vai destinada á roza dalgunhas zonas do monte comunal. A primeira finalidade destas rozas é a prevención de incendios e así tamén, chegado o caso, facilitar os traballos de extinción.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2015 12:24
SABIAS QUE ...
De AFONSO VII O EMPERADOR




Sendo Rei, Afonso VII coñecido como o Emperador (1110 ? 1157), a condesa Dona Sancha dona a Orden de San Xoán de Xerusalén de Malta as propiedades que no seu dia recibiu do seu marido, o conde Don Afonso como dote da súa voda. Entre estas propiedades figura o Coto Santiago de la Canda. Este pode ser o documento mais antigo que fai referencia a nosa aldea. Non nos atrevemos a analizalo dende un punto de vista histórico, dada a nosa ignorancia neste eido, pero consideramos moi valioso este testimonio que dende a lonxania do tempo chega a nós.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2015 12:17
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0