Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A COMUNIDADE DE MONTES DE PRADO DA CANDA QUERE REDUCIR A PRESENCIA DE GANDO CEIBE
A Comunidade de Montes de Prado da Canda solicita á Xunta de Galicia, o control e a retirada, se fose preciso, do gando ceibe do monte comunal de Prado da Canda. A Executiva da Comunidade de Montes enviou un escrito á Consellería de Medio Rural, solicitándolle a vixianza da presencia de gando ceibe. A Executiva valora que no ultimo ano incrementouse a presencia de gando no monte comunal, que na maioría dos casos é propiedade de persoas que non son comuneiros en Prado da Canda. A consecuencia da presencia deste gando ceibe e ao aumento de cabezas, a nova plantación resultou moi afectada. A Executiva tamén valora que a Comunidade de Montes fixo todo o posíbel para que o gando ceibe contase cun lugar apropiado para pastorear, como é o propio pastizal, recentemente pechado e limpado.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-03-2011 16:39
ENTROIDO REIVINDICATIVO NA CANIZA
O Alcalde da Caniza, o Sr. Cesar Mera foi quen entregou os premios ás comparsas que gañaron na ultima convocatoria do Entroido da Caniza. Antes tivo que escoitar as criticas que dende os disfraces lle lanzaron os pirachas. Os pirachas romperon co clima festivo do Antroido canícense, que sen deixar a festividade, converteron por un momento o Entroido nun acto reivindicativo. Aquí podemos ver un vídeo


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2011 23:28
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0