Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VIRXE DO ROSARIO NO MAIS ALTO DO TEMPLO EN PRADO DA CANDA
A figura en cantería da Nosa Sra. do Rosario ven a sumarse ao patrimonio escultórico relixioso da nosa aldea.


A escultura da Nosa Sra. do Rosario luce no mais alto da espadana da igrexa de Prado da Canda. A parroquia de Prado da Canda engade un novo elemento ao seu patrimonio. Nesta ocasión a protagonista é unha escultura realizada en cantería. A figura pétrea é a da Nosa Sra. do Rosario, advocación da Virxe María. O primeiro domingo de outubro, celebrase a festividade na nosa aldea, polo que conta cunha gran devoción.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-02-2012 22:46
CATALOGACIÓN DO PETO DAS ÁNIMAS DE PRADO DA CANDA


Unha iniciativa social que só pretende a catalogación e protección do noso patrimonio cultural.



O Peto das Ánimas de Prado da Canda, foi rexistrado no Catálogo Social do Patrimonio Cultural Galego. Este é o primeiro ben cultural, de Prado da Canda, rexistrado nesta interesante iniciativa social, pouco a pouco se poderán engadir mais elementos do noso patrimonio, coa finalidade de dalos a coñecer e así poder exercer unha mínima protección. Podemos ver a catalogación no seguinte enlace ...


Para saber mais:

Galicia Confidencial

Faro de Vigo

El Mundo

Código Cero

Cultura Galega.org



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-02-2012 13:03
O CONCELLO DE A CAÑIZA NON DANA O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO DE FONTEFRÍA
O Alcalde cañizense nega que se puidese prexudicar a mámoa existente en Fontefría.


O Alcalde da Cañiza nega que se danase unha mámoa en Fontefria. O Concello da Cañiza nega que as obras que se estaban a realizar en Fontefria, paralizadas pola Xunta de Galicia, danasen á mámoa alí existente e catalogada. O Concello cañicense afirma a través do seu Alcalde que os traballos alí realizados son obras menores, dado que os promotores pretendían unhas obras mais ambiciosas. Con todo, a Asemblea do Suido, denunciante dos feitos, insiste en que as obras non contan cos pertinentes permisos e licencias, necesarios para acometer estes traballos. Para saber mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-02-2012 00:53
O CONCELLO DE COVELO SOLICITA INFORMACIÓN QUE XA TEN

Solicitan información, con ameazas, de dar de baixa á Asociación de Veciños do Rexistro Municipal de Asociacións.


O Concello de Covelo solicita información que xa ten. A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda recibiu un escrito con data do trece de xaneiro do presente, solicitando o presuposto e o programa de actividades para o ano en curso, tamén solicita a relación de membros da directiva así como o enderezo social da Asociación de Veciños. Este escrito causa sorpresa na directiva dado que o presuposto e o programa de actividades foi entregado no Concello o día nove de xaneiro, é dicir catro días antes que o escrito enviado polo Concello solicitando esta información. Así mesmo dende a directiva recordan que non houbo ningún cambio no enderezo social, e cando mudou a actual directiva isto foi comunicado no seu día ao Concello, como establece a Lei de Réxime Local. Dende a Asociación de Veciños consideran que todo isto debe ser froito dun erro, do contrario, podería ser que alguén, no Concello, non este a realizar ben o seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-02-2012 23:05
Sabias que ...

A nosa pequena aldea, ten unha interesante historia, historia que se perde na noite dos tempos. Aparecen documentos que fan referencia a Prado da Canda dende moi antigo. Moitos veciños son coñecedores de que Prado da Canda pertenceu en tempos á Orden Militar de San Xoán de Xerusalén. Esta orde recibiu no seu día dos Templarios o coto de Santiago de Prado da Canda, no ano de 1319. Para saber mais, podemos consultar a paxina 58 do seguinte documento :



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2012 17:37
1 [2]
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0