Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LUMINARIA DE NADAL EN PRADO DA CANDA
O Concello de Covelo ven de instalar unha luminaria de Nadal. Na Aldea de Arriba, na estrada provincial, instalouse unha luminaria con motivo do Nadal. A veciñanza ve con bos ollos a iniciativa do Concello, que ven a sumarse á iniciativa dos veciños e veciñas de Prado da Canda, á hora de decorar as casas no Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-12-2010 11:53
O SERÁN DE PRADO DA CANDA XA TEN DATA
Na reunión da Executiva da Asociación de Veciños, celebrada o 4 de decembro, estableceuse o 15 de Xaneiro, sábado, como a data para celebrar o serán. O dia 15 de Xaneiro celebrase tamén o cerco na parroquia, a Asociación de Veciños segue vinculando a celebración do serán á celebración do cerco. Inicialmente fíxose así e segue así ao dia de hoxe. O serán será nun lugar sinalizado e cuberto da chuvia. Nesta ocasión os callos, o pan de millo e o viño darán quentura aos músicos, bailadores e bailadoras que acudan ao serán.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-12-2010 12:03
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS COMEZA A ORGANIZAR O SERÁN DO 2011
A executiva da Asociación de Veciños comeza a organizar o serán do 2011, que será como ate agora no mes de xaneiro. Co animo de éxitos anteriores, a organización prepara algunha sorpresa para esta nova edición, que espera sexa do agrado do publico asistente. Dende a executiva non se aforrarán esforzos para conseguir un bo ambiente de festa onde músicos, bailadores e bailadoras poidan gozar dun bo serán. A Asociación de Veciños considera que o serán é un bo instrumento para dar a coñecer a nosa aldea.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-12-2010 12:31
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0