Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RENDEMENTO DO GANDO NAS COMUNIDADES DE MONTES
A Asociación Galega de Ganado Ovino e Caprino de Galicia, organiza unha xornada de aproveitamento do gando no monte comunal. A Casa da Cultura do Concello do Porto do Son, acollerá este acto o sábado 27 de novembro, ás 10 da mañá dará comezo. Contará entre outros, coa presencia dun experto en aproveitamentos silvopastorís do monte.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2010 11:45
PREOCUPACIÓN NA LAMOSA
O próximo peche do túnel da Paradanta trae de cabeza á veciñanza de A Lamosa. A preocupación ven dada polo aumento de trafico que vai sufrir a nacional 120, afectando seriamente á seguridade vial. A Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, a través do seu presidente, Luís Oliveira, amosa a súa preocupación, dada a experiencia vivida, cando xa no verán foran pechados alternativamente os túneles da Paradanta. A Asociación de Veciños esta facendo xestións diante do organismo competente, aínda que ao día de hoxe non recibiron resposta. Para saber mais
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-11-2010 10:19
A LAMOSA ORGANIZA UN MAGOSTO
A Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, organiza un magosto. O sábado 13 de Novembro ás 18:30 horas na Casa da Cultura. As castañas cobran protagonismo nesta época do inverno, son a escusa, para reunir á veciñanza ao carón dun bo magosto.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-11-2010 10:01
O CAMPO SANTO DE PRADO DA CANDA CHEO DE VIDA
O pasado 1 de Novembro, o campo santo de Prado da Canda, encheuse de vida. A veciñanza acudiu a visitar aos familiares que xa non están no mundo dos vivos. O cemiterio da nosa aldea foi mudo testemuña, un ano mais, no propio día e nos días previos, dos traballos de limpeza, que os familiares dedicaron ás sepulturas e panteóns, a pesar do mal tempo. As flores tamén protagonizaron o día de tódolos santos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-11-2010 22:18
SERÁN EN LOURIDO
A Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido, no Concello de Salvaterra do Miño, organiza o seu II Serán. O domingo, 14 de Novembro, a partir das 17:00 horas, dará comezo, O magosto tamén ten cabida neste serán, o lugar estará cuberto por unha carpa.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-11-2010 11:09
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0