Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SERÁN EN RANDUFE
Os organizadores deste serán contan cun amplo aparcadoiro que facilita o aceso.



O próximo sábado, vinte e sete de outubro a Asociación Cultural A Ruada de Randufe, celebra a terceira edición do seu serán. Randufe e un barrio da parroquia cañicense das Achas. O Campo de fútbol é o lugar onde se vén celebrando este serán. A climatoloxía non é problema porque os organizadores contan cunha ampla carpa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-10-2012 23:34
SABIAS QUE ...
Aquí deixamos un interesante vídeo. Na nosa comarca podemos contar cunha grande cantidade de patrimonio tanto cultural como natural. Aquí podemos ver unha aproximación ao noso pasado, que deixou unha profunda huella no territorio.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-10-2012 21:42
O ARQUIVO DE IMAXES DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AMPLÍA AS XORNADAS DA EXPOSICIÓN
O colectivo veciñal amplía a escolla fotográfica dada a curiosidade polo traballo de imaxes da natureza de Julio Eiroa.


O interese que desperta a exposición fotográfica de Julio Eiroa, fai que se amplíen as xornadas da mostra, que só contemplaba a fin de semana pasada. Os vindeiros sábados trece e vinte, e domingos catorce e vinte e un, o Centro Socio Cultural de Prado da Canda abre as súas portas cos seguintes horarios, os sábados de 16:00 a 19:00 horas e os domingos de 17:00 a 20:00 horas. O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños da nosa aldea agradece o interese da veciñanza pola escolla fotográfica, isto anima a seguir traballando ao colectivo veciñal a organizar actividades de contido cultural.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-10-2012 21:18
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0