Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SERÁN EN RANDUFE
As pandereteiras Ruada de Randufe, organizan un serán. O sábado 23 de outubro é a data sinalada, ás 21:30 dará comezo, o serán estará nas proximidades do campo de fútbol de Randufe, concello da Caniza. As organizadoras ofrecen aos asistentes, bailadores e músicos, orella, chourizos e viño, o final rematarán cun chocolate ben quentiño.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-10-2010 12:22
REPARACIÓN DA NOVA POZA
Baleirouse a nova poza, construída recentemente no monte comunal de Prado da Canda. A poza presentaba pequenas fugas de auga, o que obrigou a darlle saída a auga acumulada, e posterior reparación. Esperouse á chegada das choivas, dado o menor risco de incedios. Aproveitase esta reparación tamén para realizar un pequeno abrebadeiro para o gando nas proximidades.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-10-2010 11:10
REUNIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES NA PARADANTA
A Mancomunidade de Montes da Paradanta reuniuse en Asemblea na Casa da Cultura das Achas. Os Presidentes das Comunidades de Montes, que forman parte desta Mancomunidade, debateron e acordaron resolucións sobre diversos temas. A Ordenación do territorio, en canto ao aspecto gandeiro segue a ser unha das prioridades da Mancomunidade. Regular a presencia de gando ceibe nos montes comunais é un dos obxectivos da Mancomunidade.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-10-2010 10:17
O FORTE VENTO OCASIONA DESPERFECTOS EN PRADO DA CANDA
A forte intensidade do vento ocasionou danos materiais en Prado da Canda. Unha rama de grandes dimensións cae sobre o parque infantil de Prado da Canda, rompendo parte da valla perimetral. A chimenea dunha veciña tamén caeu pola intensidade do vento, que en ocasións superou os 100 km por hora. A media tarde faltou a luz e a comisión de festas suspendeu a verbena prevista para a noite do día tres. PARA SABER mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-10-2010 15:16
ÉXITO DA EXPOSICIÓN DO ARQUIVO DE IMAXES
Numeroso publico visitou a exposición de fotos antigas que organizou a Asociación de Veciños. Cunha climatoloxía totalmente adversa, os veciños e veciñas de Prado da Canda visitaron a exposición. O publico asistente recoñecía e recoñecíase en moitas ocasións nas imaxes expostas. A prensa, La Voz de Galicia e Atlántico Diario en duas edicións Atlántico Diario 2ª edición, fíxose eco desta pequena exposición. O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños agradece o interese de tódalas persoa que colaboran con esta interesante labor de conservación da memoria gráfica de Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-10-2010 13:19
[1] 2 [3]
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0