Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Cerco de San Sebastián de Prado da Canda.
Quedan unhas horas, para que San Sebastián, Santa Bárbara e San Mauro saian a percorrer a aldea. Os santos saen en procesión que percorre a aldea facendo un circulo, chamado tamén cerco, tratase de deixar as casas dentro dese cerco. Unha vez chegados ao punto mais alto da aldea, os Cotos da Bouza, e concretamente o Coto da Bendición, o crego procede a bendicir á parroquia. En tempos as familias procuraban que fose algún membro na procesión, os que quedaban na casa saian co gando no momento da bendición, deste modo quedaban bendicidas as casas, os campos e os animais. Todo isto se facía para conseguir boas colleitas e protexer aos animais de enfermidades. O Cerco recuperouse xa fai algún tempo e o organiza a parroquia. Este ano a misa comeza ás 15:00 horas posteriormente, si a climatoloxía o permite, sairá a procesión. A noite, ás 21:30 horas, e seguindo a tradición, comezará o serán de Prado da Canda. Podedes ver unhas fotos do Cerco de fai tres anos ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-01-2010 08:07
Neve en Prado da Canda.
O inverno esta sendo especialmente virulento este ano. A neve, acompañada polo frío e o xeo, fixo acto de presencia na nosa aldea, moitos veciños da comarca visitaron o Alto de Fontefría para disfrutar na neve. Aquí tendes unha poucas fotos da nosa aldea chea de neve ...


Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-01-2010 00:03
Editorial

O Nadal xa pasou, atrás quedan xa os agasallos, as felicitacións e a ilusión de que tal vez nos toque algo de lotería. Prado da Canda tampouco quedou atrás á hora de celebrar as festas, os Reis de Oriente e Papa Nadal tamén pasaron pola nosa aldea. Os veciños e veciñas de Prado da Canda montaron os nacementos, adornaron as arbores e algúns tamén iluminaron as fachadas das casas. Que seria do Nadal sen todo isto.
Do Nadal en Prado da Canda só se esqueceu o Concello. O Concello de Covelo, esqueceuse este ano de Prado da Canda, este ano non houbo ningún tipo de iluminación que recordase que tamén é Nadal en Prado da Canda. Seguramente o Concello ten algunha razón de peso para xustificar o despiste deste ano, tal vez o avellentado alumeado publico non é quen de aturar mais iluminación da que ofrece, ou tamén pode ser que cando os técnicos chegasen a nosa aldea se quedasen se mais iluminarías de Nadal, quen sabe.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda ven denunciando o mal estado do alumeado publico da nosa aldea, así como tamén o despiste que ten o Concello coa recollida de lixo, os veciños da nosa aldea pagan para que o lixo se recolla dúas veces por semana e o camión só pasa a facer o servicio de recollida unha vez por semana, as veces nin pasa. Se lle solicitaron ao Concello mais contedores de lixo, non se sabe nada ao respecto, pensamos que só son despistes, como o de non limpar os camiños antes da chegada do inverno, algo que solicitou a Asociación de Veciños.
Esperamos que o Concello non teña tantos despistes no futuro, de tódolos xeitos, os veciños e veciñas de Prado da Canda son que de recordarllo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-01-2010 23:31
Para non perderse o Serán de Prado da Canda.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda xa esta preparando o Serán do 2010. Os carteis sinalizadores están xa listos para ser colocados. A Asociación de Veciños non quere que ninguén se perda, pretende así facilitar a chegada dos asistentes ao local onde se celebra o serán.


Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-01-2010 23:49
[1] 2
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0