Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PANORAMA VISITA Á FRANQUEIRA

A mega orquestra ofrecerá o seu mega espectáculo aos seus fieis seguidores.

A orquestra Panorama volve á Franqueira, no marco da gran romaría que se celebra o oito de setembro. O programa da verbena anuncia a actuación das orquestras Nueva Generación e a anteriormente mencionada Panorama. No programa tamén podemos consultar os horarios dos actos relixiosos que se desenvolven ao longo dos días sete,oito,nove e vinte. Para saber mais sobre a romaría, facer clic aquí ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-08-2015 11:18
SERÁN EN SALVATERRA DE MIÑO

A parroquia de Alxén, prepara a súa terceira edición do serán que veñen celebrando nos últimos anos.

A Asociación Cultural e Folclórica de Alxén, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, organiza o seu terceiro serán. O sábado, dia doce se setembro, é a data escollida polos organizadores. A partir das nove da noite os amantes da música tradicional teñen unha interesante ocasión de poder gozala.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-08-2015 12:56
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-07-2015 12:27
ASEMBLEA XERAL EN PRADO DA CANDA
Os comuneiros da nosa aldea serán convocados a decidir o futuro do monte comunal.


A comunidade de montes de Prado da Canda, prepara a próxima Asemblea Xeral. Na convocatoria deste ano os comuneiros teñen a oportunidade de renovar a Xunta Reitora, dado que xa se cumpriron os catro anos de mandato establecidos nos estatutos. Os comuneiros poden presentar candidaturas á Xunta Reitora na vindeira Asemblea. A Xunta Rectoral actual aproveitará a convocatoria para presentar o balance da xestión que se ten feito o ultimo ano no monte comunal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-07-2015 12:06
SOLICITUDE DE AXUDAS Á XUNTA DE GALICIA
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Prado da Canda, solicitou axudas para realizar rozas no monte comunal.





A Comunidade de Montes, como ven sendo habitual nos últimos anos, ven de presentar unha solicitude de subvención diante da Xunta de Galicia. Os comuneiros de Prado da Canda sempre apoiaron estas iniciativas nas sucesivas Asembleas Xerais. A axuda solicitada vai destinada á roza dalgunhas zonas do monte comunal. A primeira finalidade destas rozas é a prevención de incendios e así tamén, chegado o caso, facilitar os traballos de extinción.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2015 12:24
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0